Magosto 2016

06/11/2016 15:34
Atlantic/Bermuda

Un ano máis celebramos o magosto no Portofaro. Tradicionais manualidades con castañas e deliciosos doces de temporada cos correspondentes premios. Difícil o tivo o xurado.

Tamén e por 3º ano realizamos a carreira do magosto. O tempo non acompañaba e ata o último momento tivemos un ollo nas nubes e outro no meteosat e no radar d eprecipitacións. Finalmente decidimos arriscarnos cos de Primaria (os pequenos quedaron) e só caeron unhas pingueiras que se salvaron refuxiándose o público e os que xa correran ou esperaban baixo a autopista. Os nenos disfrutan dunha xornada diferente e interiorizan os valores duns hábitos saudables e do mellor espírito deportivo: esforzo, compañeirismo, solidariedade e alegría. Houbo entradas da man, esprints emocionantes e participacións simbólicas aínda que fose andando. En fin bonita xornada, pese a todo que proseguiu coa típica festa do magosto, degustando as castañas asadas por Carlos coa colaboración dos nenos e nenas de 6º, a entrga de premios e a cancíon todos a coro do "magosto de Portofaro"

Velaquí unha mostra destas actividades:

Manualidades:

 

Murais

 

Tartas:

 

Premios:

 

Festa:

 

Carreira: