6º Curso
SOTAVENTO: PARQUE EÓLICO EXPERIMENTAL
O alumnado de sexto van de visita a SOTAVENTO, para coñecer o funcionamento dun parque eólico nas súas distintas fases: montaxe, produción e evacuación. Así como tamén as fontes de enerxía renovables e non renovables,o aproveitamento da enerxía solar......
Esperamos pasalo moi ben e concienciarnos un pouco máis da necesidade dun consumo enerxético responsable.
Obradoiros TIC en Palexco
Os nenos e nenas de 6º tamén irán a A Coruña para participar nas actividades organizadas en Palexco polo Ministerio de Industria e Red.es para achegar á cidadanía ás distintas posibilidades das TIC.
Faran un obradoiro relacionado coas posibilidades de INternet e outras ferrmentas que as TIC nos poden proporcionar. Tamén visitarán unha curiosa exposición. Eperemos que aprendan moito e o pasen ben.
A democracia na escola
Reportaxe de Arancha Vázquez no diario "La Opinión" no que nenos e nenas de 6º A opinan sobre os políticos, as eleccións e todos eses temas considerados de adultos. Un exercicio de democracia que lles virá moi ben para cando sexan maiores de idade e teñan que exercer o seu dereito de voto.
Abrir a reportaxe en formato pdf :
Programa "Convivimos"
O programa "Convivimos" é un proxecto que se leva a cabo en cinco centros de primaria e dous de secundaria de Cambre co obxectivo de mellorar as habilidades na resolución de conflitos do noso alumnado. Trátase de proporcionar estratexias alternativas á violencia física e verbal para as relacións entre os nenos.
Neste enlace podes ver un texto explicativo máis amplo e dúas fotos que recollen momentos da realización do programa do curso pasado.
O pequeno tamborileiro
A clase de 6º B preparou, traduciu e versionou o villancico xa clásico
"El pequeño tamborilero" Velaquí a versión íntegra do seu magnífico traballo.
Para ver unha versión editada, reducida, fai clic neste enlace
Mural 6ºA
A clase de 6º A realizou un estupendo mural sobre o Nadal que pode servir como a nosa felicitación navideña
You are missing some Flash content that should appear here! Perhaps your browser cannot display it, or maybe it did not initialize correctly.