Taboleiro

CONCERTO "LOS CLÁSICOS"

15/01/2014 19:00
Etc/GMT+1

CONCERTO "LOS CLÁSICOS"  Hoxe o alumnado do segundo ciclo ás 10:30h e os do primeiro ciclo ás 12:00h  asistiran ao concerto de música clásica que a  ORQUESTA SINFÓNICA DE GALICIA dirixida por Andrés Salado ten programado no Pazo da ópera da Coruña.  

Velaí tedes o fabuloso programa que se escoitará.

ANTONIO VIVALDI
Las cuatro estaciones (Primavera: mov. I)

JOHANN SEBASTIAN BACH
Suite nº 3: Aria

GIOACCHINO ROSSINI
El barbero de Sevilla: Obertura (fragmento)

LEOPOLD MOZART
Sinfonía de los juguetes: Allegro

LUDWIG VAN BEETHOVEN
Sinfonía nº 5: Mov. I (fragmento)

PIOTR ILICH CHAIKOVSKI
El Cascanueces: Trepak

JOHANNES BRAHMS
Danza húngara nº 5

JOHANN STRAUSS jr.
El Danubio Azul

ANTONÍN DVORÁK
Sinfonía nº 9, “Del Nuevo Mundo”: Mov. IV

CAMPO A TRAVÉS " AS MARIÑAS"

15/01/2014 10:50
Etc/GMT+1

Este mércores o alumnado do ceip.Portofaro participa na proba local de campo a través " As mariñas" que se celebra no parque de Acea da Ama.

A actividade está organizada pola Consellería de Deportes en colaboración co concello de Cambre e colexios da zona. O colexio presenta corredores nas tres categorias: Benxamín, Alevín e Infantil.

Esperamos pasalo moi ben facendo deporte.

Concurso de cartel dos REIS do concello de Cambre

Os premios do concurso de carteis dos Reis otorgado polo concello de Cambre foron para..................

1ºClaudia Bouzas Ramudio

2º Bruno Saáchez Rey

3º María Mouriz Aibar

Veleí tedes estes estupendos carteis

.

Vacación de Nadal e entrega de boletíns de notas

20/12/2013 12:39
Etc/GMT+1

As vacacións de Nadal comezan hoxe, 20 de decembro e rematan o 8 de xaneiro.

O boletín de notas do trimeiro trimestre entrégase hoxe.

BOA SORTE E BO NADAL

 

Papa Noel en Portofaro

16/12/2013 12:22
Etc/GMT+1

Hoxe ven a visitarnos o PAPÁ NOEL, os nenos de infantil e do primeiro ciclo estamos entusiasmados, emocionados e mesmamente andamos un pouco axitados pola visita de tan importante personalidade.Temos preparadas as nosas cartas, decorado a biblioteca e algunhas cousiñas mais para recibir ao Papá Noel como se merece.

Esperamos pasalo moi ben e causarlle unha moi boa impresión o noso queridisimo PAPÁ NOEL.

Obradoiro de decoración dunha árbore de Nadal

12/12/2013 19:00
Etc/GMT+1

O  día 12 de decembro grazas ao  amable ofrecemento e xestións do pai dun alumno de 1º , varios membros do persoal da tenda de bricolaxe AKí levaron a cabo cos nenos e nenas de 5 anos e de NEAE un Obradoiro singular e práctico

Consistía en dar unhas nocións sinxelas e prácticas para a montaxe dunha árbore de nadal e a súa decoración de xeito artesán, barato e creativo

Como podedes ver na vídeomontaxe que vén a continuación, nenos e nenas (e tamén maiores) pasaron un tempo moi divertido, aprendendo unha morea de cousas que nuns poucos días poderán poñer en práctica na casa. A primeira e principal que hai moitos xeitos de estar entretido. 

TEATRO :LA VUELTA AL MUNDO

28/11/2013 10:47
29/11/2013 10:47
Etc/GMT+1

TEATRO: LA VUELTA ALMUNDO

Todo Público Otoño 13 - LA VUELTA AL MUNDO O alumnado de 3º e  4ºo día 28 de novembro e 5º e 6º o día 29 irán a unha sesión de teatro ao Forum para ver " la vuelta al mundo". A obra teatral é unha marabillosa viaxe na que desafian a Fogg a dar a volta ao mundo en 60minutos.

Música en directo, marionetas e unha escenografía de maletas e baúis crean ambientes e atmosferas que nos transportarán a lugares exóticos viaxando en barco, elefante, dilixencia ou zorra. Unha fantástica aventura con moito humor e imaxinación.

MAGOSTO

15/11/2013 10:00
Etc/GMT+1

 

  MAGOSTO NO PORTOFARO

Un ano máis, o colexio prepara a celebración do MAGOSTO, unha das festas tradicionais da nosa cultura. Neste curso, ademais das actividades didácticas propias de cada grupo, o Departamento de Actividades Complementarias ten programadas as seguintes actividades conxuntas para todo o alumnado.

  • Concurso de degustación de pratos cociñados con froitos do outono, o venres 15 de novembro. Haberá  premios para os mellores. Deixaránse nas mesas da entrada do colexio as 9.00 co nome e curso por debaixo.
  • Concurso de colares e manualidades feitos con castañas .Tamén haberá premio por aula.

 Festa do MAGOSTO, ás 12:20h  coa degustación propia das castañas asadaS.

RECICLA Ó XÉNERO

14/11/2013 00:42
Etc/GMT+1

CAMPAÑA DE PREVENCIÓN DA VIOLENCIA DE XÉNERO

ACTIVIDADES DA CAMPAÑA :RECICLA Ó XÉNERO

            En colaboración co Concello realizarase unha actividade,con motivo da conmemoración do 25 de novembro, declarado día Internacional contra a Violencia cara á muller, dirixida a todo o alumnado de 4º e 5º de primaria.

A actividade consistirá en:

·        

45 min. De “Contacontos de Igualdade” (a cargo dunha persoa especialista dedicada a realización de espectáculos infantís e xuvenís de contido educativo, tratando o tema da igualdade).

·        

45 min. obradoiro lúdico “Deseñemos a nosa Campaña contra a Violencia de Xénero”.

Neste obradoiro, tras unha breve introdución e explicación do signicado da conmemoración do 25 de novembro polas persoas educadoras da actividade, os nenos e nenas terán a oportunidade de deseñar as súas propias chapas, lazos, separadores de páxinas, cartaces,...con debuxos e frases que simbolicen o rexeitamento cara a violencia de xénero.

Ponte de novembro

31/10/2013 22:32
04/11/2013 22:32
Etc/GMT+1

 



Dende o día 31 de outubro ata o día 4 de novembro non haberá actividade docente.


 

Distribuir contido