Taboleiro

Xacemento romano de Cambre

00/00/
Array

     Xacemento romano de Cambre


Hoxe , 27 de abril,  alumnos e alumnas de  cuarto imos visitar o Xacemento romano de Cambre, Alí descubriremos como a romanización deixou a súa pegada no noso concello, onde se atoparon vestixios dunha villae romana. A escavación arqueoloxía que visitamos faranos imaxinar detalles da vida dos nosos antepasados romanos. Esperamos disfrutar e aprender desta pequena xoia arqueolóxica do noso Concello.

Visita ao Museo Militar

00/00/
Array

martes, 8 de febreiro, MUseo Militar

Alumnos e alumnas de sexto visitan o museo Militar da Coruña. Cun contenido variado, o Museo Militar conserva e mostra  obxetos de todo tipo e de diversas épocas e lugares. Esperamos pasalo ben e aprender algo mais sobre a nosa historia.

Fundación María José Jove

00/00/
Array

 Venres, 4 de febreiro Fundación María José Jove

 NEste día os nenos/as de Quinto imos de visita ao museo da Fundación María José Jove. Alí coas actividades que fagamos coñeceremos algo máis dos pintores e dos cadros da interesante colección de pintura moderna que teñen no museo da Fundación. SorprendidoOs museos tamén son divertidoSorprendido

Visita a Aula de Natureza e ruta polo Encoro de Abegondo- Cecebre.

00/00/
Array

 

              Aula de Natureza do Encoro de Abegondo.

 O martes , xoves e venres desta semana o alumnado de terceiro e cuarto  visitan a Aula de Natureza do Encoro de Abegondo.  A actividade ten como obxectivo  a de achegarlles aos máis cativos a importancia que teñen os Espazos Naturais Protexidos , neste caso o humedal do Encoro Abegondo-Cecebre. Tamén farán  unha  Ruta de Senderismo Guiada  polo Encoro cun monitor medioambiental,  achegándose a Caseta dos Aneladores e ó Observatorio de Aves. Esperamos aprender moito e disfrutar deste día de contacto coa Natureza

CEN POR CEN SEOANE

00/00/
Array

                  CEN POR CEN SEOANE

O alumnado de terceiro e cuarto imos  estes días a sede da fundación Caixa Galicia para ver a exposición “CEN POR CEN SEOANE”  dedicada ao xenial creador Luís Seoane no ano no que se conmemora o centenario do seu nacemento.  A mostra que conta con 350 obras orixinais    tanto de Seoane coma doutros artistas que tiveron relación con el,  amosa a  complexa personalidade deste creador plástico,  deseñador, editor, escritor e xornalista.  Esperamos aprender e disfrutar moito coa arte de LUIS SEOANE.

SALTIMBANQUIS

00/00/
Array

                                       SALTIMBANQUIS

Familia de santimbanquis, Picaso

Este día nenos e nenas de segundo van ao teatro Rosalia para disfrutar con "SALTIMBANQUIS" un espectáculo musical especialmente adicado aos cativos desta idade, baseado nun conto dos Irmáns Grimm. A obra ten como protagonista un burro que, canso dá explotación e do trato do seu patrón, decide abandoar a granxa e buscar novas e mellores condicións de vida.Esperamos pasalo moi ben coa música e representación do teatro do Morcego. 

VACACIÖNS DE NADAL

00/00/
Array

VACACIÓNS DE NADAL

 O día 22 de decembro acaban as clases así mesmo entregaranse os boletíns de notas a todo o alumnado. Boa sorte para todos e todas e que pasedes un bo Nadal.

COMPETICIÓN COMARCAL CAMPO A TRAVÉS 2010

00/00/
Array

 COMPETICIÓN COMARCAL CAMPO A TRAVÉS

Hoxe, 17 de decembro 120 alumnos e alumnas de cole participan no campionato C CAMPO A TRAVÉS 2010 da COMARCA DAS MARIÑAS, que vaise desenrolar no polideportivo OS CAMPÓNS. A actividade está promovida pola Concellaría de Deportes do Concello de Cambre en colaboración co Deporte Galego.  Gran entusiasmo por participar pola nosa parte, pois, presentamos equipos tanto nas categorias benxamin, alevín coma de infantil. Esperamos que todo o alumnado participante disfrute moito da competición, e a ver si temos sorte e conseguimos algunha madalla ou trofeo, ainda que o IMPORTANTE É PARTICIPAR.

O Nadal de Charlie e outras historias

00/00/
Array

O Nadal de Charlie e outras historias

Hoxe os cativos e cativas de catro anos imos o CGAI á proxección da película "O Nadal de Charlie e outras historias". Nela narrase como, xusto antes do Nadal, nun bosque tranquilo e nevado, cae do ceo unha misteriosa cesta de vimbio. Jacques o carteiro atravesa o bosque e escoita os choros e berros dun neno. O carteiro leva o cativo a un orfanato. Charlie crecerá arroupado polo cariño de Mamá Rose. Premio especial en Annecy e Cartoon d’Or á mellor película de animación, esperamos divertirnos moito e que sexa un bo comezo das festas do Nadal.

VISITA Ä EXPOSICIÖN DE PINTURA do CONCELLO DE CAMBRE

00/00/
Array

VISITA Ä EXPOSICIÖN DE PINTURA do CONCELLO DE CAMBRE

OS alumnos e alumnas do terceiro ciclo convidados polo noso Concello visitan os días 14 e 15 a exposición correspondente á XXV edición do Certame de Pintura que todolos anos organiza o Concello de Cambre. Certame de recoñecido prestixio a nivel galego (o máis importante dos que organizan os concellos de menos de cincuenta mil habitantes). Esperamos pasalo moi ben e aprender cousas dos pintores e dos cadros: As súas cores, composición, formas...

Distribuir contido