4 anos

4 anos

PELÍCULA NO CGAI

00/00/
Array

 

OS cativos de infantil  irán hoxe ao CGAI para ver a película  "CUENTOS DE CANADÁ" (Canadá, 1966-1988)
Dirección e guión: Gayle Thomas, Les Drew, Co Hoedeman, Grant Munro e Ron Tunis. Produción: National Film Board. Duración: 50 minutos. 

"CUENTOS DE CANADÁ"  É unha escolma de curtametraxes producidas polo prestixioso National Film Board de Canadá en que podemos encontrar historias moi diferentes realizadas con técnicas moi singulares onde a experimentación se une á fantasía. Esperamos pasalo moi ben 

O Nadal de Charlie e outras historias

00/00/
Array

O Nadal de Charlie e outras historias

Hoxe os cativos e cativas de catro anos imos o CGAI á proxección da película "O Nadal de Charlie e outras historias". Nela narrase como, xusto antes do Nadal, nun bosque tranquilo e nevado, cae do ceo unha misteriosa cesta de vimbio. Jacques o carteiro atravesa o bosque e escoita os choros e berros dun neno. O carteiro leva o cativo a un orfanato. Charlie crecerá arroupado polo cariño de Mamá Rose. Premio especial en Annecy e Cartoon d’Or á mellor película de animación, esperamos divertirnos moito e que sexa un bo comezo das festas do Nadal.

Distribuir contido