Taboleiro
EXCURSIÓN SEXTO DE PRIMARIA
15 ao 19 de MAIO
Durante estes días os alumnos/as de sexto imos de excursión a Cabeza de Manzaneda. Esperamos pasalo moi ben e disfrutar cos nosos compañeiros destes días de actividades na natureza.
SEMANA DAS LETRAS GALEGAS
11 de Maio ao 13 de maio SEMANA DAS Letras GALEGAS
Uxío Novoreyra, autor ao que se lle adica este ano o día das Letras Galegas.
Nestes días estamos a celebrar a SEMANA DAS LETRAS GALEGAS, ademais das actividades encamiñadas a divulgar a vida, obra e legado do poeta do Courel que se están a facer entre os cativos e as cativas polas aulas, este ano quixemos saber cal era para todos nós "A PALABRA mais fermosa do Galego". Para iso, cada un dos alumnos/as esrcribiu e ilustrou a súa palabra preferida e con todas fixemos un " MAR DE PALABRAS" que expuxemos na entrada do cole. Agora de entre elas, elexiremos a máis lucida e fermosa. Cal será?.
E para admirar a beleza da nosa terraa, nun corredor do colexio fixemos " OS RECUNCHOS DE GALICIA" onde cadaquén expón a foto, postal ou imaxe...dun lugar do que se teña especial recordo, aprecio.....
O MOUCHO VEN A VAIDELIBROS
13 de MAIO
MOUCHO LEROUCHO
Hoxe na biblioteca VAIDELIBROS do PORTOFARO, o Moucho Leroucho contaralles un conto aos alumnos e alumnas do primeiro curso, así como tamén aos de 4 e 3 anos. Unha actividade de animación á lectura en colaboración co Concello de Cambre.
O MOUCHO LEROUCHO VEN A VAIDELIBROS
12 de maio O MOUCHO LEROUCHO
Este mércores o Moucho Leroucho vennos contar un conto aos nenos e nenas de cinco anos na biblioteca VAIDELIBROS do noso cole. Unha actividade de animación á lectura en colaboración coas bibliotecas do Concello de Cambre
Saída á Biblioteca do Castrillón
11 de maio, Saída á biblioteca
Neste día os alumnos/as de terceiro curso van visitar a biblioteca do Castrillón. Entre libros e contos de seguro que pasarémolo moi ben.
Encontro có ilustrador XOSÉ TOMÁS
27 de ABRIL Enconto con XOSÉ TOMÁS
O alumnado de cuarto estamos de noraboa, pois hoxe imos á biblioteca de Cambre para estar con XOSÉ TOMÁS, ilustrador de libros e contos.
A actividade está promovida polo Concello de Cambre, a través das súas bibliotecas municipais que durante os meses de abril e maio leva a cabo un ciclo de encontros-taller de ilustración e banda deseñada, baixo o título de «Abrilustrado».
Esperamos aprender moito e disfrutar coas ilustracións de XOSÉ TOMÁS
Saída a CASA DO QUEIXO
26 DE ABRIL Saída a "CASA DO QUEIXO
0s nenos e nenas de cinco anos imos todo o día de Excursión á Casa do Queixo
A casa do queixo é un complexo inmerso en plena natureza formado por unha Granxa-Escola,
un zoo de animais domésticos, un museo do queixo, unha fábrica de queixos.
Un espazo natural no que aprender divirtíndonos.
Esperamos pasalo moi ben facendo pan e queixo segundo o método artesán
Encontro coa ilustradora LAURA BLANCO
26 de abril Encontro con Laura Blanco
O alumnado de segundo estamos de noraboa, pois hoxe imos á biblioteca dos Templarios para estar con Laura Blanco, ilustradora de libros e contos.
A actividade está promovida polo Concello de Cambre, a través das súas bibliotecas municipais que durante os meses de abril e maio leva a cabo un ciclo de encontros-taller de ilustración e banda deseñada, baixo o título de «Abrilustrado».
Esperamos aprender moito e disfrutar cos debuxos de Laura blanco
Encontro co ilustrador ÓSCAR VILLÁN
23 DE ABRIL ÓSCAR VILLÁN
Os alunmos/as de terceiro estamos de noraboa, pois hoxe imos á biblioteca de Cambre para estar con ÓSCAR VILLÁN, licenciado na Facultade de Belas Artes de Pontevedra, na especialidade de Pintura, é un coñecido escritor e ilustrador de libros para nenos.
“O coelliño branco”, que saíu da casa para coller coles e, ao volver, topou o seu fogar ocupado por unha arrepiante cabra, foi o seu primeiro álbum ilustrado, publicado por Kalandraka e co que gañou o Premio Nacional de Ilustración 1999,.Ten publicado ademáis unha vintena de libros……”Lúa”, “Paxariño”, “Crocodilo”, “Miau”, “Amora”, “A cebra Camila”, “Cinco”….
Unha actividade de animación á lectura promocionada polas bibliotecas do Concello da Cambre,e na que esperamos aprender moito e pasalo moi ben
EDUCACIÓN VIAL NO PORTOFARO
Comeza o "IX Curso de Educación Vial Concello de Cambre", dirixido ao alumnado de segundo da Educación Primaria.
O curso desenrolarase durante o mes de abril, tódolos martes nunha sesión semanal, e vaino impartir a Policia Local do Concello.
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- 10
- 11
- 12
- seguinte ›
- última »