Taboleiro
CONCERTO "DIARIO DE UNA PULGA"
12 de marzo
Este venres os alumnos e alumnas de quinto van de CONCERTO ao pazo da ópera.
A obra "DIARIO DE UNA PULGA" conta as peripecias dunha pulga, Sara Sarkopsila, que quere ir a esquiar a Baqueira Beret. Nela faise unha viaxe musical ao redor do mundo a bordo dunha variada fauna, toda presente na música de “O carnaval dos animais”, de Camile Saint-Saëns (1835-1921) onde o contrabaixo convértese en elefante, os violíns en ruidosos asnos, o violonchelo nun precioso cisne e os pianistas... os pianistas seguen sendo pianistas, que tamén son un tipo de animal segundo Camile Saint Saens. Esperamos disfrutar moito coa música da OSG.
BOMBEIROS DE CAMBRE
Hoxe martes, 9 de marzo, os cativos/as de 5 anos do noso cole, visitamos aos BOMBEIROS do noso Concello, de seguro que pasarémolo moi ben, xogando coa espuma, collendo da mangueira, mirando os coches dos bombeiros ou escoitando as sirenas de urxencia.
BOMBEIROS DE CAMBRE
Hoxe martes, 2 de marzo, os cativos/as de 4 anos do noso cole, visitamos aos BOMBEIROS do noso Concello, de seguro que pasarémolo moi ben, xogando coa espuma, collendo da mangueira, mirando os coches dos bombeiros ou escoitando as sirenas de urxencia.
E efectivamente así foi como podedes ver na segunte montaxe:
Se preferides velo en grande e alta resolución , clic aquí