CONCERTO "DIARIO DE UNA PULGA"
12 de marzo
Este venres os alumnos e alumnas de quinto van de CONCERTO ao pazo da ópera.
A obra "DIARIO DE UNA PULGA" conta as peripecias dunha pulga, Sara Sarkopsila, que quere ir a esquiar a Baqueira Beret. Nela faise unha viaxe musical ao redor do mundo a bordo dunha variada fauna, toda presente na música de “O carnaval dos animais”, de Camile Saint-Saëns (1835-1921) onde o contrabaixo convértese en elefante, os violíns en ruidosos asnos, o violonchelo nun precioso cisne e os pianistas... os pianistas seguen sendo pianistas, que tamén son un tipo de animal segundo Camile Saint Saens. Esperamos disfrutar moito coa música da OSG.
- APIs de Blogue
- Calendario