Taboleiro
DESPEDIDA DE INFANTIL
No día de hoxe FESTA DESPEDIDA de infantil
Xogos, cancións e mesmo con larpeiradas, os cativos de 5anos festexamos a nosa graduación en educación infantil. Esperamos pasalo moi ben e disfrutar deste último día na escola de infantil, e vir con moitas ganas o vindeiro ano para PRIMARIA.
Festa de Graduación dos alumnos de Sexto
Festa de Graduación dos alumnos/as de Sexto,organizada pola ANPA.
Hoxe as cinco da tarde será a festa de despedida do cole para os de sexto, haberá diplomas, actuacións, palabras de despedida e moita, moita emoción.
Dende o cole desexámosvos MOITA sorte.
MARCELLE
14 de xuño MARCELLE
Os alumnos/as de terceiro imos a pasar o día a Marcelle Natureza. Un parque onde pódese observar os animales nun habitat a mais parecido ao propio de cada un... avestruces, xabaríns, linces, veados gamos,.. e moitos mais, Esperamos pasalo moi ben.
XUNTAS DE AVALIACIóNS FINAIS
8 de maio
No día de hoxe vanse celebrar as Sesións DE AVALIACIÓNS do terceiro trimestre e FINAIS dos cursos de primeiro, segundo e terceiro curso.
Saída a bonilla
SAÍDA A BONILLA
Os nenos e nenas de infantil catro anos imos de visita a fábrica de patacas "BONILLA", esperamos aprender moito de como se fan as patacas fritas e PASALO BEN, e tamén saborear algunhas,
XUNTAS DE AVALIACIÓNS FINAIS
7 de maio
No día de hoxe celebraranse as XUNTAS DE AVALIACIÓNS do terceiro trimestre e FINAIS dos cursos de cuarto, quinto e sexto.
VISITA Á LAGOA DE EIRÍS
26 de maio Lagoa naturalizada de Eirís - A Coruña
Os nenos e nenas de 5 anos van coñecer hoxe a LAGOA de EIRÍS. A lagoa, de orixe artificial, converteuse co tempo no mellor fogar para moitas aves acuáticas salvaxes, no inverno chega a albergar máis de 100 patos salvaxes. Os nenos/as de cinco anos do cole esperamos disfrutar deste día de contacto coa natureza
VISITA AO IES da BARCALA
26 de maio visita ao IES da BARCALA
O alumnado de sexto de primaria fai unha visita o instituto da Barcala, actividade programada polo Departamento de orientación no programa de Transición a E.S.O.
Sesión de Goolball no Portofaro
25 de maio Sesión de Goolball no Portofaro
No día de hoxe a ONCE vira facer para o alumnado de sexto unha demostración de GOOLBALL, un deporte paralímpico para invidentes ou con restos visuales. Xógase con dous equipos de tres xogadores, cunha pelota de cascabeles no seu interior e en silencio absoluto.
Unha actividade proposta polo departamento de Educación Física para achegar e sensibilizar ao alumnado nas dificultades das persoas invidentes.
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- 10
- 11
- …
- seguinte ›
- última »