ENTROIDO NO PORTOFARO
O MECO XA ESTÁ NO PORTOFARO
Un ano mais, o MECO chegou ao Portofaro e ben disposto a volvernos a todos un pouquiño tolos, tanto é así que o mércores , día 3, convidamos a facer un día de praia
"XA que tanto frio vai
nós viremos de verán
cun gorro, toalla ou gafas de sol
ou por riba un bañador"
E por seguir volvéndomos un pouquiño mais tolos, o xoves , día 3 de marzo, convídamos a vir todiños vestidiños de roupa de durmir. Velaí tedes o que nos di
"Que pereza espertar
co ben que se está na cama
o mellor que podemos facer
e vir co pixama, zapatilla ou bata"
E para rematar moi ben o ENTROIDO o venres, día 4 de marzo, festa e moita comparsa pola ría do Burgo, ás 12:30h esperamos que veñades a ver o noso DESFILE DE COMPARSAS, este ano adicado “AOS BOSQUES” por ser o ano 2011 declarado pola ONU “ano internacional dos bosques”. Ese día ademais de recrear e homenaxear aos nosos BOSques, esperamos divertirnos todos xuntos e pasalo moi ben.
- APIs de Blogue
- Calendario