Skip to Content

Complementarias e extraescolares

Fase Provincial de Campo a través en Culleredo

Nunha mañá chuviosa, do pasado mes de febreiro, Juan (Benxamín de 3ºA) representou ao centro, nen máis nen menos que na Fase Provincial de Campo a través. Acompañouno a súa profesora de E.Física, quen tratou en todo momento de que se sentira seguro e satisfeito, pois faltáballe o apoio do resto do equipo, que non lograra clasificarse e das amizades. Acadou unha posición bastante boa, chegando á meta polo medio...                                                                 

                                                                                

 

                                                        Parabéns polo teu esforzo, campión !!!

Fase intercomarcal de Campo a través no Estadio de San Lázaro (Noia)

O pasado.... levouse a cabo a Fase intercomarcal de Campo a través no Estadio municipal de San Lázaro (Noia). Nesta ocasión, en dita fase representaron ao centro dous equipos masculinos: o Benxamín e o Alevín, así como un neno da categoría Infantil e unha nena da categoría Benxamín.

De cara á seguinte fase, a Provincial, só logrou clasificarse un neno de 3ºA de E.P.

Unha vez máis, queremos felicitar a todos eles/as por chegar a onde o chegaron  e tamén agradecerlles aos familiares e amizades a súa presenza e apoio. 

 

 

 

 

 

                                                      Moita sorte na Fase provincial, Juan !!! 

Fase comarcal de campo a través no Campamento Xuvenil Virxe do Loreto (Porto do Son), 26 de xaneiro.

O pasado venres, 26 de xaneiro,unha boa morea de nenos e nenas do noso centro competiron na Fase comarcal de campo a través no Campamento Xuvenil Virxe do Loreto (Porto do Son). Ao longo da mañá foron competindo os diferentes equipos femininos e masculinos das distintas categorías nas que podían participar, dende a benxamín á infantil.

Regresamos ao cole arredor das 13:30h moi ledos/as e en posesión de 9 metais, coa mirada posta na seguinte fase, a Intercomarcal...

 

 

 

 

 

 

 

 Noraboa a todos/as e grazas aos familiares e amizades pola vosa presenza e apoio !!!.

 

 

 

 

Celebración do Día da paz, martes, 30 de xaneiro

O pasado martes, 30 de xaneiro, celebrouse  o Día da paz no centro.

Na semana previa a tal conmemoración foron traballándose valores e outros aspectos relacionados coa paz. Así, leváronse a cabo diversas actividades en diferentes áreas para xa, no propio día, facer unha posta en común no ximnasio.

Deste xeito, na mañá do citado día, alumnado e profesorado, dirixíronse ao ximnasio e alí os/as representantes de cada unha das aulas leron a mensaxe de paz, que previamente escribiran no globo feito por eles/as. Logo, foron pegando os globos no mural elaborado para tal fin e, de seguido, cantáronse en inglés unhas cancións preparadas co profesorado desa lingua. Finalmente, leváronse a cabo varios bailes, aprendidos co profe de Música.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Celebración do Entroido no noso cole o venres, 9 de febreiro.

Os primeiros días de febreiro nenos/as e mestres/as adicaron parte do seu tempo á realización de diferentes tarefas relacionadas co Entroido, entre elas algunhas destinadas a ambientar: aulas, corredores e pavillón municipal da Serra.

O día 9 de febreiro, no pavillón municipal, escenificáronse distintos contos (previamente inventados nas distintas titorias), á vez que se locían os disfraces e a entrada para ver a actividade foi libre.

No referente á degustación das típicas orellas, nesta ocasión tomáronas despois do xantar.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Celebración do Nadal

Con motivo da celebración do Nadal realizáronse diversas actividades no centro.

Así, a primeira que se realizou (na segunda quincena de novembro) foi un concurso interno de debuxo de postais de Nadal, no que se escollerían nove debuxos (un por nivel). Logo,  eses debuxos e os seleccionados no I.E.S Poeta Añón enviaríanos a unha imprenta, dende o Centro Social, para facer as tarxetas necesarias coas que felicitarlle as Festas ás persoas da terceira idade do noso Concello. Por suposto, os debuxos que non resultaron gañadores tamén se enviaron así como os elaborados polos/as usuarios/as do Centro Ocupacional de Valadares.

Logo, tamén se foron ambientando aulas e corredores con motivos destas datas e nas dúas derradeiras semanas do primeiro trimestre levouse a cabo outro concurso interno para elixir, nesta ocasión, os debuxos de cara aos almanaques. Despois, levaríanse eses nove debuxos seleccionados, xunto cos do I.E.S Poeta Añón a unha imprenta e alí farían os almanaques que, a posteriori, alumnado, profesorado e persoal laboral do centro levarían aos seus fogares como ven sendo habitual dende fai xa uns anos.

Xa no derradeiro día do primeiro trimestre, alumnos/as e profesores/as viron unha representación de títeres da Compañía Viravolta Títeres, titulada " A maleta de D. Atilio" para logo achegárense ao comedor e degustar o xa tradicional chocolate con biscoito e recibir a visita de Papá Noel.

 

  

 

 

 

 

 

 

 

 

Semana do trompo

Na semana do 6 ao 10 de novembro celebramos novamente a "Semana do trompo", pois como di o refraneiro  popular galego: "Polo San Martiño trompos ao camiño"...

Por esta razón, tratouse de fomentar o uso do trompo nos recreos, deixando de lado por uns días outros xogos ou deportes, especialmente o fútbol, sen o que boa parte dos nenos parece non saber vivir.

Con esta actividade o que se pretende é evitar que xogos tan populares e tradicionais antano non se perdan ao caer no esquecemento.

Por suposto, nas clases de E. Física tamén se saiu ao patio para botar a bailar os trompos cos que xa sabían e para que se familiarizasen con eles e empezasen a saber usalos os /as máis noviños/as.

 

 

 

 

 

Celebración do Magosto o venres, 10 de novembro.

O pasado venres, 10 de novembro pola tarde tivo lugar no noso centro a celebración do Magosto. Así, nos días previos, cada aula traballou diferentes aspectos desta festa popular e tamén fixeron os cucuruchos ou adornaron bricks para meter as castañas e os restos destas. 

Xa no propio día, leváronse a cabo diversos xogos populares e xogos con material alternativo. Deste xeito, unha serie de profesores/as encargábanse de explicar os xogos: trompo, corda, chanclas/esquís, paracaídas, ra, relevos de castañas en culleres nas estacións e outros/as de observar e tratar que non houbese incidentes.  

Namentras os xogos transcorrían, Álex e Aniceto, asaban as castañas ...

Logo, a iso das 16:20h empezaron a repartirse castañas  e augas ou zumes (segundo as preferencias do alumnado)  para a súa degustación até ás 16:45h aproximadamente. A continuación, empezaron a retornar ás aulas primeiro os de E. Infantil e despois os de E. Primaria para recoller as cousas e marchar para os seus fogares.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Celebración do Samaín/Halloween o martes, 31 de outubro.

O pasado 30 de outubro (luns) os nenos e nenas trouxeron ao centro cabazas adornadas nas súas casas. Logo, mestres e mestras foron colocándoas por diversas zonas  do colexio, para que ao día seguinte (martes 31visitasen a exposición, por quendas, todos/as os/as alumnos/as acompañados dos mestres/as cos que estivesen no momento da visita.

Ao tempo que se vían as cabazas, tamén se apreciaban as portas adornadas, que  lucían a maioría das aulas. Evidentemente, este traballo fora realizándose en días previos.

Neste mesmo día, dende o departamento de Inglés, levaron a cabo varias actividades, que incluían xogos típicos desta data na cultura anglosaxona.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Fase de toma de contacto coa modalidade de Campo a través no Estadio de San Lázaro (Noia) o 29 de novembro do 2017

O pasado mércores, 29 de novembro, o alumnado que así o desexou (de 2º a 6º de E. Primaria participou na fase de toma de contacto da modalidade de Campo a través de Xogade no Estadio de San Lázaro (Noia).

Alí participaron na competición nenos e nenas de diversos centros educativos e clubs de atletismo da bisbarra das 11h ás 13h aproximadamente.

A xornada transcurriu sen incidencias de importancia e o noso alumnado regresou ao centro contento e cun total de dez metais. Sen lugar a dúbidas, os/as máis ilusionado/as eran os/as rapaces/zas do 2º nivel de E.P., por tratarse da primeira vez que podían participar en tal actividade. 

Un ano máis, contamos co apoio moral de familiares e amizades dos corredores/as e, como non, queremos manifestarlles o noso agradecemento pola súa presenza e colaboración.

 

 

 

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut