O luns, 11 de marzo, o alumnado de 3º e 4º de E.Primaria e o/as seu/súas titor/as visitaron o Aquarium Finisterrae e a Domus ao longo do día.
No Aquarium Finisterrae coñeceron unha estraña medusa, que lembraba un ovo frito.Tratábase dunha COTYLORMIZA TUBERCULATA.
Ademais, faláronlles dos graves problemas que ocasiona o plástico en mares e océanos.
Tamén coñeceron as trece focas do acuario, entre as que se atopaban Bine e Hansi (femia e macho, respectivamente de máis idade).
Outro tema do que os/as informaron foi de como lles afectan os temporais e de como nos peores días as ondas chegan deica a cafetería, polo que tiveron que levar a cabo unha serie de reformas.
Coñeceron plantas adaptadas a convivir co salitre coma o fiuncho de mar (planta comestible).
Entraron na Sala Nautilus e recibiunos/as o intimidante Gastón (tiburón do acuario).
No exterior do recinto viron a áncora do "Mar Egeo" e contáronlles a súa triste historia.
Logo, visitarían o Domus (museo interactivo) e dado que o día era solleiro decidiron facer o percorrido camiñando. Deste xeito, aproveitaron para deleitarse coas marabillosas vistas da baía da Coruña.
Xa no Domus, dirixíronse a un espazo que alí hai para xantar e/ou merendar, que conta cunhas vistas espectaculares e repuxeron enerxías.
Logo, ao remataren, dividíronos en grupos e foron experimentando cada unha das probas que lles propuxeron e, por certo, lles resultaron moi interesantes.