Queremos compartir con vós o material creado polo INCIBE (e traducido polo IES Aquis Celenis) baixo a iniciativa Internet Segura for Kids (IS4K) referente ao uso seguro e responsable de internet por parte dos menores. (https://www.incibe.es e https://www.is4k.es)
Trátase dunha guía que contempla distintas estratexias e actuacións para mellorar a mediación parental no uso de dispositivos móviles por menores e evitar así riscos derivados dun mal uso dos mesmos.
Así mesmo, e atendendo ás recomendacións das persoas expertas na materia, compartimos "pactos familiares" que contemplan como se debería xestionar o uso destes dispositivos para evitar conflitos.
Esperamos vos sexa de utilidade!