O noso centro participa no programa Aliméntate ben co obxectivo de fomentar hábitos saudables na comunidade escolar. E facémolo desde a modalidade de reparto de froitas frescas nas merendas a través de proveedores autorizados, según a convocatoria do FOGGA.
Coa participación neste programa podemos acceder a axudas que nos permiten aumentar a aportación de alimentos saudables durante o horario lectivo, convertindo a escola nun referente que aporte modelos de alimantación saudable. Pretendemos que o alumando acabe introducindo este tipo de alimentos na súa dieta habitual e sensibilizalo para ser capaz de recoñecer a riqueza de alimentos do seu entorno que lle aporten beneficios para a súa saúde e benestar.