Skip to Content

Complementarias e extraescolares

Circuíto de Educación viaria no patio, 04/10/2022

O día 4 de outubro, o alumnado do centro e boa parte do seu profesorado, realizaron un circuíto de Educación viaria, por quendas, no patio do centro. Esta actividade organizouse, coa idea de fomentar un bo uso das beirarrúas, dos sinais de tráfico, das bicis, dos patinetes, etc, para ir ao cole sen coche (evidentemente, o alumnado que vive na Serra). Pero, tamén para realizar exercicio físico con seguridades nos seus lugares de resiencia.

Levouse a cabo, grazas á intervención de tres profesionais da Garda Civil, que ademais de colaborar levaron o material pertinente ao centro, para poder realizar dito circuíto.

Para poñelo en práctica, dende o punto de vista de peón, ciclista, usuario/a de monopatín, os nenos/as dispuxeron deste material, grazas á colaboración de Cruz vermella e da ANPA do centro.

A quenda de cada grupo fíxoselle curta á maioría, pois querían continuar.  

Se queres ver algunha fotografía desta actividade, preme aquí.  

Andaina de 4º EP, pola contorna, o 30/09/2022

O 30 de setembro, sobre as 10:15h, o alumnado de 4º A e B, o titor/a de cada grupo e a mestra de EF saíron do centro para realizar unha andaina, aproveitando parte do percorrido do Camiño de santiago da Ría de Muros e Noia.

Ao longo da mañá os nenos/as e o/as profes foron camiñando, pasando por diversos lugares coma: A Serra, O Río de Outes, Brión de Arriba, Viro, O Cruceiro de Roo, Brión de Abaixo, A Xurisdición e Vista Alegre.

Evidentemente, de vez en cando, realizaban paradas nas que aproveitaban para beber, comentar que lles estaba parecendo a actividade, facer preguntas ou comentarios do percorrido...

Ao chegar a unha zona de castiñeiros, entre Brión e O Cruceiro, parouse un bo anaco, pois había moitas castañas nas cunetas e camiño e quixeron collelas. Ademais, ao facer sombra, estábase moi ben e recuperáronse folgos. Logo, uns 200 m máis adiante, paramos para merendar, conversar, xogar no patio do antigo CEIP Emilio de Navasqüés.

Aproximadamente, unha media hora despois partiuse cara ao centro. Aínda que, antes de chegar, parouse no parque de Vista Alegre para xogar nos balancíns, tobogán, etc, que alí hai.

En total percorréronse uns 10 km e recolléronse varias bolsas de lixo, que se foi s atopando ao longo do percorrido.

Afortunadamente, non hobo incidentes que destacar e repetirase a actividade noutra zona.

Se tes gañas de ver algunha fotografía pincha enriba

Recreos activos e divertidos.

 

Un curso máis, trataremos de fomentar a actividade física e/ou deportiva durante os recreos, así coma a convivencia, a socialización e a inclusión, de ser precisa. Para isto, ademais de ofrecerlle ao alumnado moito e diverso material co que xogar, incrementar a súa creatividade lúdica,etc, tamén se lles van preparando novos espazos e concedendo peticións, realizadas no Consello da Infancia; sempre e cando están dentro das posibilidades do centro e se consideren oportunas.

Se desexas ver algunha fotografía relacionada tan só debes pinchar aquí.

Xornada de kaiak, na ría de Muros e Noia, con 6º EP o martes (14 de xuño).

O martes pasado, 14 de xuño, o alumnado de 6º A e B de EP, as súas titoras e a profesora de EF fomos ao Club Náutico Francisco Rama Vázquez "Fufú", do Freixo, coa idea de realizar actividades de kaiak e vela (dentro da actividade de Xogade: "Xogando coa auga e co vento. Coñece as embarcacións a motor"), ademais de navegar nas lanchas a motor. Porén, ao non haber vento, non puidemos practicar vela. Aínda que, desfrutamos moito nos kaiaks e nas lanchas a motor e non nos importou que non houbese vento abondo. Pero, dende logo, cando máis gozamos da xornada foi coa visita de "Manoliño" (o golfiño da nosa ría). 

Ao rematar cada unha das dúas quendas, alumnado e profesorado duchámonos, antes de retornar ao centro.

Se queres botarlle unha ollada as marabillosas fotografías, desta xornada, preme aquí.

Andaina de 1º de EP, de Broña á Punta do Requeixo, o martes (14 de xuño).

O pasado martes, 14 de xuño, o alumnado de 1º de EP realizou unha andaina coas súas titoras e o profesor de EF dende Broña á Punta do Requeixo (ida e volta). Ao mesmo tempo, aproveitaron para recoller lixo. Logo, merendaron e brincaron na contorna do parque.

Se desexas ver as fotografías desta xornada, preme aquí.

Celebración do fin de etapa para 6º EP, no Galipark (Padrón), o 10 de xuño (venres).

O venres, 10 de xuño, o alumnado de 6º de EP, as súas titoras e a profesora de E Musical celebraron o fin de etapa no Parque multiaventuras "Galipark". Alí realizaron diversos xogos coma: a tirolina, o tiro con arco, o descenso en tobogán de auga, etc. Ao realizar estas actividades, estaban traballando aspectos propios de EF: precisión, percepción espazo-temporal, percepción espacial, coordinación óculo-manual, coordinación visomotriz, etc. 

Pasaron mañá e tarde no parque divertíndose e compartindo conversas. Aínda que, evidentemente,  tamén contaron con tempo para beber, comer e repoñer forzas. Logo, a iso das 19h estaban de volta no centro.

Se queres botarlle unha ollada á variedade de actividades que realizaron, preme aquí.

I CARREIRA SOLIDARIA, NO CEIP PLURILINGÜE DE OUTES, A PROL DA "CRUZ ROJA". 20-12-21

O luns, 20 de decembro de 2021, realizouse a I CARREIRA SOLIDARIA, a prol da "Cruz Roja" no noso centro.

A idea partira do equipo, que leva a cabo o PVDA no centro. Pero, saiu adiante, grazas á aprobación e colaboración do claustro a nivel xeral e do equipo de ACE, en particular.

Dicir que, tras falar con representantes da "Cruz Roja" en Noia (que tamén traballa co noso concello), acordouse enviar información ás familias, contándolles a nosa idea e solicitando a súa colaboración, enviando ao centro de material escolar novo. Ademais, segundo as voltas sumadas entre alumnado e profesorado, o centro mercaría máis material (escollido por cada aula, en función das súas voltas). Por suposto, as doazóns non as levaron a cabo só as familias, senón tamén o profesorado, o persoal laboral do centro e algún negocio da contorna, adicado á venda deste tipo de material).

Queremos dar as grazas, pola altruista colaboración a todas aquelas persoas, que fixeron posible todo isto e, especialmente, ao alumnado e profesorado participantes na carreira, polo seu esforzo para acadar un bo número de voltas. 

Todo o material recaudado entregarase á "Cruz Roja" en xaneiro.

Se desexades ver as fotografías desta actividade, só debedes pinchar aquí

 

O Entroido no noso centro, venres (21 de febreiro).

De xaneiro á terceira semana de febreiro foron elaborándose complementos coma guitarras eléctricas e banjos (nas clases de Arts and Craft). Pero, ademais fixéronse perrucas de Mozart con tubos de cartón do papel hixiénico, chaquetas, etc.

Nesta ocasión, no 5º e 6º niveis de EI levaron a cabo varios obradoiros, despois das clases, coas familias dos alumnos/as para elaborar boa parte dos disfraces...

Xa o venres, 21 de febreiro, durante a mañá o alumnado e profesorado do centro saiu do recinto escolar para percorrer en comparsas boa parte das rúas da vila.

Durante a tarde do mesmo día, foise á pista pechada e alí cada nivel saiu a bailar ao son da música correspondente. Pois, non debemos esquecer que este ano as comparsas versaron sobre "Estilos musicais". Deste xeito, contouse co Hip-hop, Rancheiras, Música clasica (Mozart), Country, Rock e Heavy metal. Xa para concluir a xornada degustáronse as saborosas e típicas orellas, acompañadas de zumes.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Conmemoración do Día da Paz, 30 de xaneiro

Ao longo da segunda quincena de xaneiro abordáronse contidos relativos á paz nas diferentes áreas do curriculum.

Nos días previos á conmemoración, cada aula foi colocar a súa caixa (elaborada previamente con motivos referentes á Paz e a algunha das disciplinas artísticas) ao corredor do primeiro andar, creando así tres esculturas. 

Xa o 30 de xaneiro (xoves) todo o alumnado e profesorado do centro foron ver as esculturas resultantes en diferentes intres. 

Tamén se colgaron no mesmo corredor imaxes de nenos/as creando a palabra paz cos seus corpos en varios idiomas en sesións de EF.

 

 

 

 

 

 

 

 

Fase Intercomarcal de Campo a Través en Noia, 17- 1- 20

O venres, 17 de xaneiro, tivo lugar a Fase Intercomarcal de Campo a Través no Estadio Municipal Julio Mato "Matito" de San Lázaro (Noia).

Nesta fase, na que competían: colexios, institutos e clubs de cinco bisbarras, participamos cos dous equipos que se clasificaran na fase anterior (BM e AM) e as dúas nenas que se clasificaran coma individuais (Carla G., BF e Sabela F., IF), posto que o neno da categoría IM, que tamén se clasificara (Manel C.), non asistiu por unha indisposición. 

A xornada transcorreu sen incidencias e regresamos ao centro cun terceiro posto por equipos na categoría BM e tamén un terceiro posto, a nivel individual (Daniel A.) na mesma categoría.

Hai que salientar a clasificación, nen máis nen menos que para a Fase Provincial, de Daniel A. da categoría BM e Sabela F. da IF (a nivel individual).

 

 

 

 

 

 

 

 

  

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut