O martes pasado, 14 de xuño, o alumnado de 6º A e B de EP, as súas titoras e a profesora de EF fomos ao Club Náutico Francisco Rama Vázquez "Fufú", do Freixo, coa idea de realizar actividades de kaiak e vela (dentro da actividade de Xogade: "Xogando coa auga e co vento. Coñece as embarcacións a motor"), ademais de navegar nas lanchas a motor. Porén, ao non haber vento, non puidemos practicar vela. Aínda que, desfrutamos moito nos kaiaks e nas lanchas a motor e non nos importou que non houbese vento abondo. Pero, dende logo, cando máis gozamos da xornada foi coa visita de "Manoliño" (o golfiño da nosa ría).
Ao rematar cada unha das dúas quendas, alumnado e profesorado duchámonos, antes de retornar ao centro.
Se queres botarlle unha ollada as marabillosas fotografías, desta xornada, preme aquí.