Skip to Content

Complementarias e extraescolares

Xornada de convivencia e recoñecemento da contorna do alumnado de 4º nivel de E. Primaria e algúns/has dos seus/súas mestres/as cunha andaina.

O pasado venres, 13 de outubro, o alumnado do 4º nivel de E. Primaria os seus titores/as e a profesora de E. Física levaron a cabo unha xornada de convivencia e recoñecemento da contorna cunha andaina durante a mañá do citado día.

Primeiro visitaron o "Estaleiro, varadoiro Hermanos Abeijón" no Freixo. Alí, amosáronlles as instalacións e déronlles as explicacións pertinentes do traballo que realizan e de como foron mudando as preferencias do material elixido polos armadores á hora de encargar unha embarcación. Na visita, nenos e mestres/as, tiveron a fortuna de poder ver unha embarcación de cada un dos materiais cos que se constrúe na actualidade. Posto que, había unha de cada tipo para reparar: madeira (á que puideron subir), ferro e  poliéster. Por certo que, con respecto á derradeira, levaron unha sorpresa, pois explicáronlles que así como a polilla ataca  á madeira a osmose ataca ao poliéster.

Pero, ademais faláronlles de como fora evolucionando a carpintería de ribeira até chegar á carpintería naval da actualidade e de como, cada vez, teñen máis dificultade para atopar profesionais que sexan capaces de construír unha embarcación do principio ao fin.

Logo, saíron do Freixo camiñando cara a Broña, polo paseo marítimo e, de vez en cando, realizaron pequenas paradas nas que nenos e nenas recibiron información referente: ás pequenas calas polas que ían pasando, ás pontes sobre a ría, a lugares próximos...

Unha vez en Broña, repuxeron enerxías e realizaron algúns xogos para retornar ao centro en torno ás 13:30h.

 

  

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Xornada de minibasquet, no noso centro, con dous dos adestradores do Club de baloncesto Noia. Xoves, 22 de xuño.

O penúltimo día de clase deste curso, xoves 22 de xuño, o alumnado de 3º a 6º de E.P., que quixo, participou nunhas sesións de adestramento de minibasquet no ximnasio e nunha das pistas exteriores do noso centro. Ditas sesións estiveron a cargo de dous adestradores do Club Baloncesto Noia.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Xornada de minibasquet en Noia. Venres, 19 de maio.

O pasado venres, 19 de maio, o alumnado de 4º a 6º niveis de E.P., que así o decidiu, asistiu no pavillón do I.E.S San Alberto (Noia) a unha xornada de minibasquet. Tal   actividade foi organizada polo Club de baloncesto Noia e nela, ademais do noso centro, participaron o C.E.I.P Emilio de Navasqüés do Cruceiro de Róo e o Colexio Jaime Balmes de Noia. 

Os nosos nenos e nenas gozaron da xornada, pois dito deporte xa se practica nalgunhas sesións de E.F e incluso se leva a cabo unha liga interna e a maioría implícanse moito, especialmente, cando se celebran os partidos.

 

 

 

 

Xornada de convivencia e recoñecemento da contorna de 3º e 4º niveis de E. Primaria cunha rota de sendeirismo. Mércores, 21 de xuño.

O pasado mércores, 21 de xuño, o alumnado de 3º e 4º niveis de E. Primaria, as súas titoras e a profesora de E. Física realizaron unha xornada de convivencia e recoñecemento da contorna, cunha andaina, do centro á Ponte do Ruso, pasando logo por diferentes zonas da marxe esquerda do río Tines e o seu paseo fluvial, nas proximidades do centro. A media mañá, fíxose unha parada na área recreativa do Areal, onde se xogou, conversou, merendou e bebeu para repor enerxías. Algo máis tarde, foise ao parque da saúde, onde se fixo unha nova parada, para logo ir á área recreativa da Horta do muiño e dalí continuar polo paseo fluvial ata chegar ao centro a iso das 14:30h.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Xornada de convivencia e recoñecemento da contorna de 5º e 6º niveis de E. Primaria, cunha andaina, de Broña á Punta do Requeixo. Luns, 19 de xuño.

O pasado luns, 19 de xuño, o alumnado de 5º e 6º niveis de E. Primaria as súas titoras e o titor, xunto coa profesora de E.Física, levaron a cabo unha xornada de convivencia e recoñecemento da contorna cunha rota de sendeirismo. Deste xeito, saíron do centro en autobús deica Broña a iso das 10:10h  e, unha vez alí, dirixíronse polo paseo marítimo cara á área recreativa da Punta do Requeixo, onde xogaron, conversaron e repuxeron forzas merendando e bebendo. Logo, retornaron a Broña, onde xogaron un anaquiño máis e, pouco despois, subiron ao autobús para regresar ao colexio. Por suposto, tratouse dunha agradable xornada da que nenos, nenas e profes gozaron ...

 

 

 

  

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Moita sorte na vosa nova etapa educativa e na vida en xeral, nenos e nenas de 6º!!! 

Excursión de fin de curso do alumnado e profesorado de E.Infantil á cidade da Coruña. Xoves, 8 de xuño.

O pasado xoves, 8 de xuño, o alumnado de E. Infantil, as súas titoras e a coidadora do centro desprazáronse á cidade da Coruña, onde levaron a cabo unha sesión de Magnavisión  D3 no DOMUS e, ademais,  visitaron a marabillosa CASA DOS PEIXES, tamén chamada AQUARIUM. Por suposto, foi unha xornada especial na que se gozou coas actividades realizadas. 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Visita do alumnado de 1º a 4º de E. Primaria e varias mestras á Fundación Neira Vilas e ao Pico Sacro o, venres, 9 de xuño.

O pasado venres, 9 de xuño, o alumnado de 1º a 4º de E. Primaria e 6 mestras do centro visitaron ao longo do día a Fundación Neira Vilas e tamén subiron ao Pico Sacro. Neste último lugar, estiveron acompañados do profesor e escritor X.M Lobato, que xa antes estivera no noso centro falando dos mitos e lendas vencellados co Pico Sacro, posto que o eixo vertebrador do traballo levado a cabo ao longo do curso nas diferentes aulas do centro foi precisamente ese: "Mitos e lendas", a proposta do Equipo de biblioteca.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Xornada de convivencia e xogos populares para o alumnado de E. Infantil. Serra de Outes, xoves 1 de xuño.

O pasado xoves, 1 de xuño, o alumnado de E.Infantil do noso centro, do C.E.I.P Emilio de Navasqüés, do Cruceiro de Róo, do C.E.I.P Felipe de Castro, de Bergondo,  do C.E.I.P Alexandre Rodríguez Cadarso, da Barquiña e parte do profesorado dos catro centros educativos  levamos a cabo unha xornada de convivencia e xogos populares. Foron algo máis de 200 os alumnos/as (E.Inf.) participantes e 22 os profesores/as. Pero, ademais, contamos coa marabillosa colaboración do alumnado de 6º nivel de E.P e dúas alumnas de 5º nivel que, sen dúbida, desempeñaron un relevante papel na xornada. 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Xornadas de convivencia e xogos populares de E. Primaria nos meses de abril e maio.

Un ano máis, os catro centros de E.Infantil e Primaria dos Concellos de Outes e Noia levamos a cabo unhas xornadas de convivencia e xogos populares.

Este curso, houbo unha modificación con respecto aos  anteriores... Os nenos e nenas acollérona de bo grao, pois no canto de teren que seguir unha orde estipulada, previamente, no referente ao paso polas estacións de xogo e teren que ir co mesmo grupo toda a xornada, agora podían ir dunha estación noutra como mellor lles parecese e tamén na compaña de quen quixesen... Iso si, deberían procurar pasar por tódalas estacións de xogo, onde despois de xogar un anaco lles porían un gomet no plano. 

A primeira xornada levouse a cabo no C.E.I.P Felipe de Castro de Bergondo o venres, 28 de abril, co alumnado de 1º e 2º niveis e varios/as dos seus mestres/as.

 

 

 

 

 

 

 

A segunda xornada tivo lugar no C.E.I.P Alexandre Rodríguez Cadarso da Barquiña o xoves, 5 de maio, co alumnado de 3º e 4º niveis e varios dos seus mestres/as.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

A terceira xornada celebrouse no C.E.I.P Emilio de Navasqüés do Cruceiro de Róo o luns, 8 de maio, co alumnado de 5º e 6º niveis e parte do seu profesorado.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Agora só quedan por pasalo igual de ben os/as máis pequerrechos/as dos nosos coles e os /as seus/súas mestres/as . 

 

A xornada de E. Infantil terá lugar no noso centro, se todo vai ben, o vindeiro 1 de xuño.

Agardámosvoooooos!!!

Visita do alumnado de 3º de E. Primaria e as súas titoras ao Concello

O alumnado de 3º de E. Primaria e as súas titoras realizaron unha visita didáctica ao Concello o pasado 6 de abril. Con esta visita, trataron de levar á práctica todo o que aprenderan, previamente, sobre a localidade na área de Ciencias Sociais.

Ao chegaren alí, recibiunos/as a Sra alcaldesa e, de seguido, foilles amosando as instalacións e explicando algúns dos servizos municipais.

A continuación, levounos ao salón de plenos, onde lles brindou a oportunidade de sentaren. Finalmente, tras tomaren asento, expuxéronlle: as inquedanzas, os desexos e as necesidades que cada un/unha deles/as considerou oportunos/as, tanto para o centro educativo no que estudan como para os lugares nos que residen.

 

 

 

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut