Skip to Content

Complementarias e extraescolares

Benvidos á nova tempada de campo a través 2016-17

O curso 2016-17 empezou e axiña empezarán tamén as competicións de Campo a través en idade escolar. Polo tanto, dende o colexio e, especialmente, dende o departamento de E. Física agardamos a vosa participación.

Lembrade que esta actividade pode levarse a cabo a partires do 2º nivel de E. Primaria.

Ánimo e a participaaaaar!!!!!

Xornada de convivencia e xogos de E.Infantil en Bergondo, xoves 28 de abril.

E por fin chegou o día!!!... Na cuarta xornada de convivencia e xogos para os nenos e nenas de E. Infantil o noso centro estreouse. O alumnado estaba entusiasmado e ansioso coa chegada deste día, posto que boa parte del escoitara falar das xornadas de convivencia e xogos populares de E.Primaria a: irmáns, irmás, primos, primas, amigos, amigas, ...

Nesta edición a xornada levouse a cabo nas instalacións do C.E.I.P Felipe de Castro en Bergondo (Noia) a onde fomos o alumnado de E. Infantil e parte do profesorado do noso centro, do C.E.I.P Emilio de Navasqüés do Cruceiro de Róo (Outes), do C.E.I.P Ricardo Tobío de Esteiro (Muros) e do C.E.I..P Plurilingüe Alexandre Rodríguez Cadarso da Barquiña (Noia).

A xornada transcurriu sen incidencias e os nenos e nenas pasárono pipa.

Ao rematar coas nove estacións de xogo, a iso das 12:50h, reagrupámonos por centros para ir aos autobuses e regresar aos diferentes centros.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Xornada de convivencia e xogos populares, tradicionais e autóctonos de 5º e 6º niveis de E. Primaria na Barquiña, 22 de abril do 2016.

O pasado venres, 22 de abril, os nenos/as e profesores/as de 5º e 6º de E. Primaria do noso centro e doutros catro centros da contorna: o C.E.I.P Ricardo Tobío de Esteiro, o C.E.I.P Emilio de Navasqüés do Cruceiro de Róo e os dous públicos de Noia, o C.E.I.P Felipe de Castro e o C.E.I.P Plurilingüe Alexandre Rodríguez Cadarso, xuntámonos nas flamantes instalacións deste último para levar a cabo unha xornada de convivencia e posta en práctica de diversos xogos populares, tradicionais e autóctonos durante toda a mañán, para saír de retorno cara aos distintos centros a iso das 13:15h. 


Foi unha mañán fabulosa, na que nenos/as e mestres/as: conversaron, xogaron e bailaron... Ademais, a pesares do tempo dos días previos, neste só caeron unhas gotiñas de auga á hora do recreo que, por suposto, non botaron a perder a xornada.  


 


 


 


 


 


 


 


 


  


 


 


 


 


 


 


 


 


 


 


 


 


 


 


 


 


 


 


 


 


 


 


 


 


 


 


 


 


 


 


 


 


 


 


 


 


 


 


 


 


 


 


 


 

Xornada de convivencia e xogos populares do 3º e 4º niveis de E.P no noso centro, 6 de abril do 2016.

 

O pasado mércores, 6 de abril, os nenos e nenas de 3º e 4º niveis de E.P do C.E.I.P Ricardo Tobío de Esteiro, do C.E.I.P Emilio de Navasqüés do Cruceiro de Róo, dos C.E.I.P Plurilingüe Alexandre Rodríguez Cadarso e C.E.I.P Felipe de Castro de Noia e. por suposto do noso, e boa parte dos seus mestres e mestras, levamos a cabo unha xornada de convivencia e xogos populares, tradicionais e autóctonos nos patios do noso centro.

A xornada desenvolveuse sen incidencias e, a iso das 13h, cada grupo retornou ao seu centro.

Esperamos que todo o mundo gozase da mañán ... e para o vindeiro curso máááis...

  

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Fase Provincial de campo a través. Narón, 06-03-2016

O pasado domingo, 6 de marzo, ás 14:15h saímos da Serra: unha nena da categoría benxamín feminina, que competiría como individual, os seis mellor clasificados da categoría benxamín masculina (campións na fase intercomarcal), un neno da categoría alevín masculina que, como a nena, tamén competiría como individual e dúas profes. Pero, ademais acompañáronnos boa parte dos pais, nais e irmáns dos corredores e da corredora que nos representarían en Narón, na fase provincial de campo a través, como xa fixeran noutras ocasións, sin importarlles que se tratase dunha desapacible tarde de domingo.

Sobre as 15:45h chegamos a Narón, onde comprobamos que o lugar no que se ían levar a cabo as distintas carreiras de competición estaba completamente encharcado... Pouco despois era unha auténtica lameira. Ademais, o espazo cuberto no que poder resgardarse da chuvia era mínimo, non había aseos, ... e na nosa nena e nalgún dos nenos afloraban os nervos. Tanto era así que, nalgún intre, ben pensei que algún non sairía a competir. Porén, tras falar con eles/a e explicarlles, que só o feito de teren chegado alí era todo un éxito e que para nós sempre serían os/a mellores, fosen cales fosen os resultados acadados, decidiron competir.

Pouco despois, foron levándose a cabo as distintas carreiras. A nosa/os nena/nenos foron chegando á meta e, aínda que o fixeron coa lama deica ás orellas (e non de forma metafórica), desempeñaron un gran papel. Así, o equipo benxamín masculino logrou un meritorio e ben merecido cuarto posto, quedando por diante de moitos dos clubs de atletismo de renome e moitos anos de experiencia de toda a provincia. Faltoulles moi pouquiño para repetir o bronce da tempada anterior.

Parabéns polo voso esforzo e ilusión: Noa, Manel, Brais, Pedro, Sergio, Eloy, Javier e Hugo e, por suposto, tamén aos /ás que quedaron no camiño en fases anteriores, a pesares do seu esforzo tratando de facelo o mellor posible.

Tamén queremos agradecerlles ás familias o seu apoio unha vez máis.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Fase Intercomarcal de campo a través, Campamento do Loreto, 29 de xaneiro do 2016

O pasado venres, 29 de xaneiro, a iso das 10:15h saímos do cole: sete nenos, unha nena, un profesor e unha profesora cara o Campamento do Loreto en Porto do Son, lugar no que se celebraría a xornada da Fase Intercomarcal de campo a través. Aínda que íamos moi ilusionados e con moitas ganas de acadar novas vitorias, tamén había moitos nervos... Ademais, a nena representante da categoría benxamín feminina (a nivel individual) e o neno representante da categoría alevín masculina (a nivel individual) sentíanse un pouco sós e botaban de menos aos compañeiros/as dos respectivos equipos.

Unha vez no recinto, e tras recoller e colocar os dorsais, fomos facer un recoñecemento do circuíto. De seguida, fixeron exercicios de quecemento, pois ao seren dos máis noviños/as eran dos/as primeiros/as en competir.

Pouco despois das 11:30h, a competición comenzou coa categoría benxamín feminina e Noa, tras realizar unha boa carreira, acadaría un séptimo posto, asegurándose unha praza para a Fase Provincial (a máis alta á que aspirar nesta categoría).

A continuación, sairían os nosos seis corredores da categoría benxamín masculina e outros moitos de centros educativos e clubs de atletismo e, a pesares de non entraren entre os dez primeiros como viñan facendo, si acadarían unha vez máis o primeiro posto por equipos.

Pouco despois, tocaríalle a Hugo dalo todo na categoría alevín masculina e, de feito, sería o primeiro en non subir ao podium a nivel individual ao acadar un loitadísimo cuarto posto, que tamén o levará a Fase Provincial coma aos restantes compañeiros/as do centro, presentes nesta fase de competición.

Unha vez máis, familiares e amizades do noso alumnado acompañáronnos, botáronnos unha man e transmitíronnos o seu gran e desinteresado apoio... Moitas grazas!!!

Agora toca pelexar, algo máis lonxe..., en Narón, o vindeiro sábado 27 de febreiro.

 

MOITÍÍÍÍÍSIMA SOOOOOOOOORTE!!!

 

 

 

  

 

  

 

 

 

 

 

 

  

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Xornada de convivencia e recoñecemento da contorna cunha rota de sendeirismo

Primeiramente quero aclarar, como xa o fixen con parte dos implicados nesta xornada, que o motivo de subir aínda agora esta actividade non é outro que ter tido problemas coas fotografías.

Pois ben, o pasado 18 de xuño, o alumnado de 5º e 6º niveis de E. Primaria, o seu titor e a súa titora respectivamente e eu (profesora de E. F) saímos a iso das 10h  en autobús  cara ao lugar do  Loureiro (Cando, outes). Unha vez alí, dirixímonos pola marxe esquerda do río Tambre até chegar á Central hidroeléctrica do Tambre (Sta María de Róo, Noia). Durante a rota de sendeirismo fomos reforzando contidos, previamente estudados nas aulas, e tamén os reforzamos na contorna máis próxima á central. Así,  vimos por exemplo as presas de lampreas no propio río, unhas turbinas de grandes dimensións, que están no exterior da central..., pero ademais: conversamos, xogamos, gozamos daquelas marabillosas paisaxes, repuxemos enerxías con algún que outro alimento e, por suposto, fixemos exercicio. Logo, arredor das 13:30 h emprendemos o camiño de volta cara ao centro.

Esta xornada de convivencia resultou, sen dúbida, de moito proveito  e á vez agradable. Pero ademais, incluso houbo algún neno que, cando baixábamos camiñando, manifestou telo pasado moi ben e considerar a saída como a mellor da súa etapa de Primaria. 

Sen máis, aí van unha serie de fotografías daquela mañán... Espero que vos gusten!!!

 

 

 

Chega o San Martiño

Como di o refrán: "Polo San Martiño, trompos ao camiño".

E como O San Martiño xa está ás portas (11 de novembro), ide buscando os trompos. Pois ao regresar destes agradables días de descanso, botarémolos para facer que bailen e bailen ... 

¿Animados/as?. ¡Espero que siiiii!.

Imaxe dun trompo e a súa corda para facelo xirar

Benvidos e benvidas á nova tempada de campo a través.

Os profesores e profesoras, que elaboramos e levaremos a cabo o poxecto “Xogade e o campo a través no C.E.I.P. Plurilingüe da Serra de Outes” ao longo do curso, queremos darlles a benvida a todos os nenos e nenas de 2º a 6º de E. Primaria, que se animaron a formar parte deste proxecto.

Evidentemente, sen vós non tería sentido nen sería posible, posto que se fixo, precisamente, pensando en darlle ao alumnado do noso centro a oportunidade e a posibilidade de adestrar e competir na modalidade de campo a través, pois doutro modo non poderías facelo. Ademais, ao mesmo tempo, preténdese que estes rapaces e rapazas vaian adquirindo uns hábitos de vida saudables, cada vez máis necesarios, ao contar a sociedade actual, en xeral, cuns hábitos de vida bastante sedentarios e pouco saudables.

Por suposto, tamén animamos a todas aquelas persoas (familiares e amizades do noso alumnado), que de forma desinteresada e altruista nos acompañaron, apoiaron e axudaron en diversas xornadas da pasada tempada, a que o sigan facendo, na medida das súas posibilidades, claro está.

A primeira xornada de competición, desta tempada, terá lugar o vindeiro 20 de novembro, venres, a non ser que haxa algunha modificación por parte da organización. De ser así, xa se vos informaría.

Moitas grazas a todos e todas por querer formar parte deste proxecto!!!.

 

Seguiremos en contacto...

Fase provincial de campo a través. Cabío (Pobra do Caramiñal), 07/02/2015

Nunha fría mañá de principios de febreiro, concretamente a do sábado sete, subimos ao autobús na Praza de Galicia da Serra (Outes). Eramos seis nenos e seis nenas da categoría benxamín e tres mestras, pois o neno da categoría alevín non puido asistir, posto que non se recuperara da lesión sufrida nun xeonllo na fase intercomarcal. Deste xeito, aínda que fisicamente non ía con nós, si o levabamos nas nosas mentes e corazóns ... Dalgún xeito, tamén el estaría na fase provincial.

Os corredores e corredoras, nesta ocasión, por unha banda ían moi ilusionados e nerviosos, xa que chegaran ao máis alto, á última fase para esta categoría, pero por outra sen moita idea de acadar os primeiros postos (algo ao que estabamos habituados/as). Eramos bastante conscientes de que alí se atopaban, para competir, os mellores clubs da provincia da Coruña (clubs de moita sona e con anos de experiencia ás costas) e algúns centros educativos, pero os menos e, dentro destes, menos aínda públicos.

Á chegada a Cabío, xa tiñamos aos nosos fieles seguidores agardando. Como non, eran os familiares dos nosos corredores e corredoras, dispostos a amosar o seu apoio como fixeran ao longo da tempada.

Tras recoller os dorsais e quentar, axiña chegaría a primeira das carreiras nas que o noso alumnado participaría e xusto a continuación a seguinte.

Nenos e nenas dérono todo ... pero, aínda así, dúas das nenas abandonaran a carreira por indisposición, sen acadar a meta. Como xa imaxinabamos o nivel foi moi alto.

Agora tocaba esperar para coñecer as clasificacións, pois quedaban as carreiras das restantes categorías por celebrar. Eeeeeeeeeeeh, sen contar, lográrase un terceiro posto. Foi un bronce con sabor a ouro...

Oxalá no vindeiro curso logremos tantos éxitos cando menos coma neste. Pero, non me refiro só aos metais, nin aos trofeos, senón máis ben ao elevado índice de participación e ao número de nenos e nenas que, grazas á toma de contacto con este mundo, se anotaron na escola deportiva de atletismo.

 

 

Fase provincial, carreiras, corredores/as, público

 

 

 

 

 

 

 

 

NORABOA meus corazóns (premiados/as ou non, pero sempre gañadores/as) !!!. Lembrade que o deporte, ben entendido, debe formar parte das nosas vidas, procurando coa súa práctica unha mellor calidade de vida e de saúde.

E a vós, familiares e amizades, como non, ... moitííííísimas grazas!!!. A vosa presenza e colaboración desinteresada foi e é moi importante para todos/as os/as que formamos parte deste proxecto. Lograstes facernos sentir arroupados/as e ben valorados/as.

Distribuir contido


by Dr. Radut