Skip to Content

Complementarias e extraescolares

A celebración do Entroido no noso centro. Venres, 24 de febreiro.

 O venres, 24 de febreiro, celebrouse o Entroido no noso centro. Así, das 10 ás 11 h os nenos/as e algúns mestres/as foron vestíndose, agardaron a quenda para que os/as maquillasen os seus titores/as e os/as profesores/as especialistase despois saíron en comparsas polas principais rúas da vila.

Ao longo do percorrido atopábanse: familiares e amizades do alumnado do centro. Pero, ademais, estaban outros/as veciños de Outes... e traballadores/as de distintos negocios e do Concello, que se ían asomando segundo pasabamos e que gozaron dos vistosos disfraces que locían, principalmente, os nenos e nenas. Nesta ocasión, versaron sobre : "Mitos e lendas", posto que este é o proxecto que se está levando a cabo no centro, desde o 4º nivel de E.Infantil ao 6º de E. Primaria.

Xa, pola tarde, houbo xogo libre entre o alumnado dos diferentes niveis con música de fondo, á vez que se degustaron orellas, tan típicas nesta época do ano, acompañadas de zumes e auga (e outros doces para aqueles alumnos/as que non podían tomalas por razóns de saúde).

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Viaxe didáctica á Coruña de 3º e 4º niveis de E.Primaria.Venres, 17 de febreiro.

O pasado venres, 17 de febreiro, o alumnado de 3º e 4º niveis de E. Primaria e as súas titoras saíron cara á Coruña sobre as 10h. En dita cidade levarían a cabo diversas actividades didácticas. Deste xeixo, visitaron as instalacións da Policía Nacional así como o MUNCYT ("Museo científico Y  tecnológico). Nestes lugares, ademais de realizar a visita, recibiron explicacións sobre diversos aspectos relacionados cos  lugares nos que se atopaban. Por suposto, unha das actividades que tivo maior éxito e mellor acollida foi a  que tratou sobre o adestramento dos cans policías.

Logo, a iso das 18:40 chegaron de volta á Serra.

 

 

 

 

 

 

 

Fase Provincial de Campo a través. Pobra do Caramiñal, sábado,18 de febreiro

Onte, sábado, 18 de febreiro tivo lugar en Cabío (Pobra do Caramiñal) a Fase Provincial de Campo a través. Por tal razón, a iso das 9:15h estabamos na contorna do noso colexio: Sabela (categoría benxamín feminina), Manel, Brais, Iván, Adrián, Pedro e Ignacio (categoría benxamín masculina), Hugo, Eloy, Clau, Marcos, Sergio e Rubén (categoría alevín masculina), Carla e Susana (profe responsable e profe e adestradora respectivamente) e un nutrido grupo de familiares dos corredores/a esperando a chegada do autobús para saír cara ao lugar da competición.

Unha vez en Cabío, recolléronse os dorsais, fíixose un recoñecemento do circuito, quentaron a corredora e os corredores e, pouco despois, terían lugar as distintas carreiras de competición...

Por suposto, o nivel, unha vez máis chegada esta fase, foi moi elevado. A pesares disto, tanto a nena como os nenos acadaron postos bastante bos, aínda que sen tratarse nesta ocasión dos primeiros, segundos postos... aos que uns máis que outros/a estaban afeitos...

Logo, pasado un tempo no que os responsables das probas continuaron co seu traballo, namentras nós: conversabamos, picoteabamos algo, sacabamos fotos... os resultados foron saindo e para nós FANTÁSTICOS, posto que lle arrebatamos o 3º posto, nas dúas categorías nas que competimos, a numerosos clubs de renome e prestixio (tras moitos anos de vida e traballo) e, por suposto, tamén a outros centros educativos...  

Nesta ocasión, os corredores comprobaron, mellor que en ningunha outra, como o esforzo en grupo conleva recompensas tamén individuais, pois o trofeo é para o equipo, pero cadaquén leva o seu metal, desta vez o bronce. 

Unha vez máis, NORABOA CAMPEOA E CAMPIÓNS!!!

E... moitísimas grazas aos familiares e amizades que, novamente, nos apoiaron en canto foi preciso e contribuiron, coa súa presenza, a que a espera polos listados cos resultados resultase máis grata.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Fase intercomarcal de Campo a través na Serra de Outes (Outes). Venres, 27 de xaneiro

O pasado venres, 27 de xaneiro, tivo lugar a Fase intercomarcal de Campo a través. Nesta ocasión, a competición tivo lugar na casa, concretamente na contorna da Horta do muíño.

Do noso centro lograran clasificarse dous equipos: o benxamín masculino e o alevín tamén masculino, tras acadar un segundo e primeiro postos respectivamente na Fase intercomarcal, celebrada no Campamento xuvenil V irxe do Loreto (Porto do Son) e dúas nenas a nivel individual: Sabela F.F. da categoría benxamín feminina e Laura C.R. da alevín feminina

O día amencera feo; chuvia, vento e lama deslucían o circuíto... Pero, aínda así, os nosos corredores e corredoras lograron brilar e por riba... NA CASA. Deste xeito, regresamos ao centro con trofeos e medallas, posto que acadamos dous primeiros postos por equipos e un quinto posto, a nivel individual, da carredora Sabela F.F., co cal acadaron a clasificación para a seguinte fase: a Provincial, que terá lugar o vindeiro, 18 de febreiro (sábado) na Pobra do Caramiñal. Nesta ocasión, a outra corredora, Laura C.R., quedou fóra por ben pouco, aínda que fixo unha excelente carreira, pòis non debemos esquencer que correu con problemas de saúde.

NORABOA A TODOS/AS!!!

Queremos tamén agradecerlles a familiares e amizades dos nosos corredores/as a súa colaboración e apoio

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Celebración da chegada do Nadal e do remate do 1º trimestre.

O mércores, 21 de decembro, celebrouse no cole o remate do primeiro trimestre e a chegada do Nadal.

Nas derradeiras semanas fóranse facendo: debuxos para o concurso interno, no que elixir as gañadoras coas que logo elaborar os almanaques en colaboración co C.E.I.P Emilio de Navasqüés e co I.E.S Poeta Añón, adornáranse aulas e corredores, ensaiáranse panxoliñas... e agora tocaba ver unha obra musical trilingüe titulada: "A fada Diana no bosque musical" a cargo da Compañía teatral: "The fairy Storyteller productions" para porlle fin ao trimestre. Pero, ademais como ven sendo xa tradición desde hai anos, despois do teatro tocaba degustar o chocolate con biscoito... e recibir a visita de Papá Noel para logo iniciar as ansiadas vacacións.

Por certo, riquíííííísimosssss tanto o chocolate como o biscoito !!!.

Bo Nadal e Feliz 2017 a toda a nosa Comunidade educativa e, como non, ao resto do universo.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Fase comarcal de Campo a través. Campamento Xuvenil Virxe do Loreto (Porto do Son), 19 de decembro de 2016

Antonte, 19 de decembro, arredor de 70 nenos e nenas e 4 mestres/as saímos a iso das 10:10h do centro cara a Porto do Son, onde se levaría a cabo a Fase comarcal de Campo a través en Idade escolar.

Unha vez alí, visitamos o circuíto e os corredores/as foron preparándose e quentando para ir participando nas distintas carreiras por categorías e sexos.

Segundo ían rematando os nervos ían quedando atrás e os éxitos chegando. Así, acadáronse un total de 7 metais. Deste xeito,  o equipo Benxamín masculino acadou un fabuloso segundo posto, o equipo Alevín masculino, nen máis nen menos que, un merecidísimo primeiro posto e a nivel individual clasificáronse Sabela F. (3ºA) na categoría  Benxamín feminina e Laura C. (5ºA) na Alevín, tamén feminina. Resaltar ademais que Natasha, Infantil feminina, estivo a un só posto de logralo, conseguindo un meritorio noveno posto.

Noraboa a todos/as ... Por suposto, referímonos tamén a todos/as aqueles/as que, a pesares do seu esforzo, remataron a súa andaina nesta tempada.

Agradecerlles, unha vez máis, ás persoas que nos acompañaron o seu apoio.

E agora, toca pelexar na casa, posto que a vindeira xornada, a da Fase intercomarcal, terá lugar no noso propio Concello, concretamente na Serra. 

Alí estaremos, máis ilusionados/as que nunca e orgullosos/as de competir tan preto do noso centro.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

A celebración do Samaín/ Halloween e o Magosto no noso centro, 28 de outubro de 2016

Durante a mañán do 28 de outubro celebramos o Samaín/Halloween cun percorrido, por quendas, polos corredores para ver as cabazas e as portas adornadas para a ocasión. Pero, ademais realizáronse xogos típicos da cultura estadounidense nesta data, propostos polas profes de Inglés e a auxiliar de conversa.

Logo, pola tarde, os rapaces e rapazas elixiron libremente participar en xogos populares e tradicionais como: as trécolas, o brilé, a mariola, a corda, a aña ... ou ben conversar con distintos amigos/as antes de degustar as castañas asadas tan propias do día no que se celebraba o Magosto, acompañadas de zume.

Resultou un día agradable... Para o ano máááááis!!!

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Xornada de convivencia e recoñecemento da contorna do alumnado de 1º e 2º niveis de E.P do noso centro e do Emilio de Navasqüés e varias mestras de ambos colexios, 30 de setembro de 2016.

O pasado, 30 de setembro, o alumnado de 1º e 2º niveis de E.P do noso centro e do C.E.I.P Emilio de Navasqüés, as súas titoras e a profesora de E.F (do noso centro) levamos a cabo unha xornada de convivencia e recoñecemento da contorna. Así, nós partimos do cole sobre as 10h e fomos camiñando deica á Ponte do Ruso, onde quedaramos cos do colexio do Cruceiro de Róo. Logo, tras os saúdos e as presentacións pertinentes, dirixímonos todos/as camiñando cara o atrio da capela do Rial.

Xa alí, despois de: merendar, beber e repor enerxías, realizamos diversos xogos populares. Deste xeito,levamos á práctica: a corda, a petanca, o pano... En definitiva, pasamos unha mañán estupenda con outros/as nenos/as do Concello e algunha das súas mestras e, ao tempo, visitamos distintas zonas da contorna.

Esperemos repetila experiencia noutras ocasións, aínda que varie o percorrido!!!.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Fase de toma de contacto co campo a través. Estadio municipal de San Lázaro (Noia), 1 de decembro de 2016

O xoves, 1 de decembro, a iso das 10:15h 66 nenos/as (dos 72 inscritos/as) e 4 profesores/as saímos cara o Estadio municipal de San Lázaro (Noia) para participar na Fase de toma de contacto coa da modalidade de Campo a través en Idade escolar (Xogade).

Do noso centro participou un bo número de alumnos/as, desde o 2º ao 6º nivel de E. Primaria, nas categorías: Benxamín, Alevín e Infantil, tanto feminina como masculina.

Os corredores/as de todos os centros e clubs inscritos da bisbarra superaban as 1.000 persoas. Pero, aínda así, os resultados foron moi bos e regresamos ao centro cos metais acadados ao lograr posicións tan envexables como son: a primeira (Manel e Hugo C.), a segunda (Sabela F.), a terceira (Laura C.), a quinta (Brais L.),  a oitava (Alejandro R.) e a novena ( Natasha).

Coma noutras ocasións, acompañáronnos: pais, nais, avós, avoas, amizades... dándolles ánimos aos corredores/as e prestando a súa axuda a quen a precisou.

Moitas grazas a todos/as.

Contamos con vós o vindeiro 19 de decembro no Campamento Virxe do Loreto (Porto do Son), onde se levará a cabo a segunda xornada de competición, a Fase Comarcal.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Tempada 2016-17 de Campo a través

O vindeiro 1 de decembro arrancará a nova tempada da modalidade de Campo a través, dentro do Programa Xogade.

Deste xeito, os nenos e nenas da bisbarra competirán, por primeira vez neste curso, no Estadio municipal de San Lázaro (Noia) a partires das 11h, aínda que será unha fase de toma de contacto, dirixida especialmente a todos/as aqueles/as que tomaron a decisión de participar por primeira vez.

No noso colexio participarán 72 deportistas de 2º a 6º niveis de E.P., a non ser que algún problema llelo impida.

Como ven sendo habitual, irán acompañados pola profesora de E. F e outros/as profesores/as do centro, en autobuses fletados pola Secretaría Xeral para o Deporte.

Por suposto, todas aquelas persoas: familiares, veciños/as, amizades... que o desexen poderán ir velos/as correr e animalos, aínda que deberán facelo pola súa conta.

Moito ánimo a todos/as!!!

Distribuir contido


by Dr. Radut