Skip to Content

Fase Provincial de Campo a través. Pobra do Caramiñal, sábado,18 de febreiro

Onte, sábado, 18 de febreiro tivo lugar en Cabío (Pobra do Caramiñal) a Fase Provincial de Campo a través. Por tal razón, a iso das 9:15h estabamos na contorna do noso colexio: Sabela (categoría benxamín feminina), Manel, Brais, Iván, Adrián, Pedro e Ignacio (categoría benxamín masculina), Hugo, Eloy, Clau, Marcos, Sergio e Rubén (categoría alevín masculina), Carla e Susana (profe responsable e profe e adestradora respectivamente) e un nutrido grupo de familiares dos corredores/a esperando a chegada do autobús para saír cara ao lugar da competición.

Unha vez en Cabío, recolléronse os dorsais, fíixose un recoñecemento do circuito, quentaron a corredora e os corredores e, pouco despois, terían lugar as distintas carreiras de competición...

Por suposto, o nivel, unha vez máis chegada esta fase, foi moi elevado. A pesares disto, tanto a nena como os nenos acadaron postos bastante bos, aínda que sen tratarse nesta ocasión dos primeiros, segundos postos... aos que uns máis que outros/a estaban afeitos...

Logo, pasado un tempo no que os responsables das probas continuaron co seu traballo, namentras nós: conversabamos, picoteabamos algo, sacabamos fotos... os resultados foron saindo e para nós FANTÁSTICOS, posto que lle arrebatamos o 3º posto, nas dúas categorías nas que competimos, a numerosos clubs de renome e prestixio (tras moitos anos de vida e traballo) e, por suposto, tamén a outros centros educativos...  

Nesta ocasión, os corredores comprobaron, mellor que en ningunha outra, como o esforzo en grupo conleva recompensas tamén individuais, pois o trofeo é para o equipo, pero cadaquén leva o seu metal, desta vez o bronce. 

Unha vez máis, NORABOA CAMPEOA E CAMPIÓNS!!!

E... moitísimas grazas aos familiares e amizades que, novamente, nos apoiaron en canto foi preciso e contribuiron, coa súa presenza, a que a espera polos listados cos resultados resultase máis grata.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 



page | by Dr. Radut