Skip to Content

Tempada 2016-17 de Campo a través

O vindeiro 1 de decembro arrancará a nova tempada da modalidade de Campo a través, dentro do Programa Xogade.

Deste xeito, os nenos e nenas da bisbarra competirán, por primeira vez neste curso, no Estadio municipal de San Lázaro (Noia) a partires das 11h, aínda que será unha fase de toma de contacto, dirixida especialmente a todos/as aqueles/as que tomaron a decisión de participar por primeira vez.

No noso colexio participarán 72 deportistas de 2º a 6º niveis de E.P., a non ser que algún problema llelo impida.

Como ven sendo habitual, irán acompañados pola profesora de E. F e outros/as profesores/as do centro, en autobuses fletados pola Secretaría Xeral para o Deporte.

Por suposto, todas aquelas persoas: familiares, veciños/as, amizades... que o desexen poderán ir velos/as correr e animalos, aínda que deberán facelo pola súa conta.

Moito ánimo a todos/as!!!



page | by Dr. Radut