Skip to Content

Fase comarcal de Campo a través. Campamento Xuvenil Virxe do Loreto (Porto do Son), 19 de decembro de 2016

Antonte, 19 de decembro, arredor de 70 nenos e nenas e 4 mestres/as saímos a iso das 10:10h do centro cara a Porto do Son, onde se levaría a cabo a Fase comarcal de Campo a través en Idade escolar.

Unha vez alí, visitamos o circuíto e os corredores/as foron preparándose e quentando para ir participando nas distintas carreiras por categorías e sexos.

Segundo ían rematando os nervos ían quedando atrás e os éxitos chegando. Así, acadáronse un total de 7 metais. Deste xeito,  o equipo Benxamín masculino acadou un fabuloso segundo posto, o equipo Alevín masculino, nen máis nen menos que, un merecidísimo primeiro posto e a nivel individual clasificáronse Sabela F. (3ºA) na categoría  Benxamín feminina e Laura C. (5ºA) na Alevín, tamén feminina. Resaltar ademais que Natasha, Infantil feminina, estivo a un só posto de logralo, conseguindo un meritorio noveno posto.

Noraboa a todos/as ... Por suposto, referímonos tamén a todos/as aqueles/as que, a pesares do seu esforzo, remataron a súa andaina nesta tempada.

Agradecerlles, unha vez máis, ás persoas que nos acompañaron o seu apoio.

E agora, toca pelexar na casa, posto que a vindeira xornada, a da Fase intercomarcal, terá lugar no noso propio Concello, concretamente na Serra. 

Alí estaremos, máis ilusionados/as que nunca e orgullosos/as de competir tan preto do noso centro.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 



page | by Dr. Radut