Un ano máis, os catro centros de E.Infantil e Primaria dos Concellos de Outes e Noia levamos a cabo unhas xornadas de convivencia e xogos populares.
Este curso, houbo unha modificación con respecto aos anteriores... Os nenos e nenas acollérona de bo grao, pois no canto de teren que seguir unha orde estipulada, previamente, no referente ao paso polas estacións de xogo e teren que ir co mesmo grupo toda a xornada, agora podían ir dunha estación noutra como mellor lles parecese e tamén na compaña de quen quixesen... Iso si, deberían procurar pasar por tódalas estacións de xogo, onde despois de xogar un anaco lles porían un gomet no plano.
A primeira xornada levouse a cabo no C.E.I.P Felipe de Castro de Bergondo o venres, 28 de abril, co alumnado de 1º e 2º niveis e varios/as dos seus mestres/as.
A segunda xornada tivo lugar no C.E.I.P Alexandre Rodríguez Cadarso da Barquiña o xoves, 5 de maio, co alumnado de 3º e 4º niveis e varios dos seus mestres/as.
A terceira xornada celebrouse no C.E.I.P Emilio de Navasqüés do Cruceiro de Róo o luns, 8 de maio, co alumnado de 5º e 6º niveis e parte do seu profesorado.
Agora só quedan por pasalo igual de ben os/as máis pequerrechos/as dos nosos coles e os /as seus/súas mestres/as .
A xornada de E. Infantil terá lugar no noso centro, se todo vai ben, o vindeiro 1 de xuño.
Agardámosvoooooos!!!