Na semana do 6 ao 10 de novembro celebramos novamente a "Semana do trompo", pois como di o refraneiro popular galego: "Polo San Martiño trompos ao camiño"...
Por esta razón, tratouse de fomentar o uso do trompo nos recreos, deixando de lado por uns días outros xogos ou deportes, especialmente o fútbol, sen o que boa parte dos nenos parece non saber vivir.
Con esta actividade o que se pretende é evitar que xogos tan populares e tradicionais antano non se perdan ao caer no esquecemento.
Por suposto, nas clases de E. Física tamén se saiu ao patio para botar a bailar os trompos cos que xa sabían e para que se familiarizasen con eles e empezasen a saber usalos os /as máis noviños/as.