O pasado 30 de outubro (luns) os nenos e nenas trouxeron ao centro cabazas adornadas nas súas casas. Logo, mestres e mestras foron colocándoas por diversas zonas do colexio, para que ao día seguinte (martes 31) visitasen a exposición, por quendas, todos/as os/as alumnos/as acompañados dos mestres/as cos que estivesen no momento da visita.
Ao tempo que se vían as cabazas, tamén se apreciaban as portas adornadas, que lucían a maioría das aulas. Evidentemente, este traballo fora realizándose en días previos.
Neste mesmo día, dende o departamento de Inglés, levaron a cabo varias actividades, que incluían xogos típicos desta data na cultura anglosaxona.