Skip to Content

Celebración do Nadal

Con motivo da celebración do Nadal realizáronse diversas actividades no centro.

Así, a primeira que se realizou (na segunda quincena de novembro) foi un concurso interno de debuxo de postais de Nadal, no que se escollerían nove debuxos (un por nivel). Logo,  eses debuxos e os seleccionados no I.E.S Poeta Añón enviaríanos a unha imprenta, dende o Centro Social, para facer as tarxetas necesarias coas que felicitarlle as Festas ás persoas da terceira idade do noso Concello. Por suposto, os debuxos que non resultaron gañadores tamén se enviaron así como os elaborados polos/as usuarios/as do Centro Ocupacional de Valadares.

Logo, tamén se foron ambientando aulas e corredores con motivos destas datas e nas dúas derradeiras semanas do primeiro trimestre levouse a cabo outro concurso interno para elixir, nesta ocasión, os debuxos de cara aos almanaques. Despois, levaríanse eses nove debuxos seleccionados, xunto cos do I.E.S Poeta Añón a unha imprenta e alí farían os almanaques que, a posteriori, alumnado, profesorado e persoal laboral do centro levarían aos seus fogares como ven sendo habitual dende fai xa uns anos.

Xa no derradeiro día do primeiro trimestre, alumnos/as e profesores/as viron unha representación de títeres da Compañía Viravolta Títeres, titulada " A maleta de D. Atilio" para logo achegárense ao comedor e degustar o xa tradicional chocolate con biscoito e recibir a visita de Papá Noel.

 

  

 

 

 

 

 

 

 

 



page | by Dr. Radut