Skip to Content

Felices Vacacións!

Esquiou 2024

Este ano por primeira vez participamos en ESQUIOU organizado pola Diputación de Ourense. Grazas profe Ana por ir cos nosos nenos e nenas de 6º de primaria a Manzaneda! 

 

5ºB/ DIA DA ÁRBORE E DA POESÍA

POLO DÍA DA ÁRBORE E DA POESÍA QUEREMOS FACER UN RECORDATORIO DA IMPORTANCIA DE COIDAR AS ÁRBORES POLOS ENORMES BENEFICIOS QUE NOS APORTAN, E CLARO FACÉMOLO PLANTANDO UNHA ÁRBORE E CREANDO UN POEMIÑA .

Festexémolo como se merece!

 
 

Cose que te cose...

VISITA Á BIBLIOTECA PÚBLICA "NÓS"

Esta semana o alumnado de 6º de Educación Primaria visitou a Biblioteca Pública "Nós" en Ourense. Foi una actividade organizada polo Club de Lectura da Biblioteca do noso colexio en colaboración coa Biblioteca Pública "Nós".

Fixemos unha visita guiada por todas as instalacións da Biblioteca.

                  

Logo Cristina, a encargada da Biblioteca "Nós", explicounos o funcionamento da mesma.

E para rematar participamos nun xogo de pistas buscando libros polos andeis. Resultou moi divertido!

                          

Foi unha visita moi interesante, amena, divertida e superrecomendable. Agradecemos a Cristina e a todas as persoas que traballan na "Nós" pola boa acollida e o trato recibido. Moitas Grazas!

                    

Aproveitamos esta visita a Ourense para traballar determinados lugares de relevancia da cidade. Por grupos, o alumnado preparou unha exposición dos seguintes lugares de Ourense.

  • Catedral de Ourense e Praza do Trigo.
  • Praza da Magdalena.
  • Igrexa de Santa María Nai.
  • Praza Moior/ Concello de Ourense.
  • As Burgas.

                              

Recomendamos esta visita a toda a Comunidade Educativa do noso centro.

 

MENÚ MARZO

PROCESO DE ADMISIÓN DE ALUMNADO PARA O VINDEIRO CURSO 2024-2025

A partir do 1 de marzo comeza o prazo para presentar a solicitude de praza para o vindeiro curso.

 INSTRUCIÓNS

 

PRAZO DE PRESENTACIÓN1 ao 20 de marzo de 2024, ambos incluídos.

- DOCUMENTACIÓN A PRESENTAR:

 

  • A solicitude de admisión segundo o modelo ED550B - Anexo II + Anexo II-bis. Dito Anexo II-bis terá que ser asinado obrigatoriamente polo outro proxenitor.
  • No caso de ausencia da sinatura da outra persoa proxenitora, poderá admitirse a presentación dunha declaración responsable / xurisdición voluntaria da persoa que asine a solicitude indicando o motivo que impida o consentimento expreso da outra.
  • Copia do libro de familia ou documento equivalente onde figure o/a alumno/a e os demais membros computables da unidade familiar.
  • Certificado oficial do expediente académico (alumnado de primaria).
  • Sentenza xudicial de separación ou divorcio e/ou convenio regulador onde conste a custodia do menor, de darse o caso.
  • Para acreditar o criterio “Familia monoparental” deberá presentarse a certificación de recoñecemento da Dirección Xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica da Consellería de Política Social e Xuventude da Xunta de Galicia ou da autoridade competente doutras administracións públicas.

 

- LUGAR DE PRESENTACIÓN:

 1.- A través da aplicación admisionalumnado

 2.- Na secretaría do centro

- SINATURA E CONSENTIMENTO de ambas persoas proxenitoras, titoras ou acolledoras:

Os artigos 26.6 e 46 da orde establecen que en todos os casos de solicitude (de reserva, admisión ordinaria  e  escolarización  extraordinaria)  de  alumnado  menor  de  idade  non  emancipado  é necesario o  consentimento de  ambas persoas proxenitoras, titoras ou acolledoras, coa única excepción do consentimento do agresor nos casos de violencia de xénero.

En  consecuencia,  todas  as  solicitudes  deben  figurar  asinadas  por  unha  das  persoas proxenitoras/titoras/acolledoras,  e  debe  xuntarse  a  todas  o  documento  asinado  co consentimento da outra (modelos: anexo II-bis).

Non obstante, nos casos de ausencia puntual da outra  persoa proxenitora non separada nin divorciada, ou da outra persoa titora ou acolledora por circunstancias excepcionais (laborais, familiares, ...), poderá admitirse a presentación dunha declaración responsable da persoa que asine a solicitude indicando  o motivo que impida o consentimento expreso da outra.

 

DATAS DO PROCESO DE ADMISIÓN

- Publicación das listaxes provisionais: ANTES DO 25 DE ABRIL

- Reclamación ás listas provisionais: 5 días hábiles a contar desde o día seguinte ao da publicación.

- Publicación das listaxes definitivas: ANTES DO 15 DE MAIO

- Formalización de matrícula: DO 20 AO 30 DE XUÑO


IMPORTANTE: As familias poderán consultar as listaxes provisionais e as definitivas:

1º. Presencialmente: no taboleiro de anuncios, que unicamente poderá ser visible dende o interior do recinto escolar.

2º. Por vía electrónica: exclusivamente a través da aplicación informática admisionalumnado,sendo necesario para consultalas o certificado dixital ou Chave365.

PRAZAS VACANTES CURSO 2024/2025

Comencemos unha nova historia xuntos!

Continuamos coas Xornadas de Portas Abertas

Non deixes que cho conten! Ven a coñecernos!

Distribuir contenido


by Dr. Radut