Skip to Content

PROGRAMA DE NADAL

"SOPA DE EUROPA", GRUPO 1

O pasado venres tivemos unha nova xuntanza co Grupo 1 do Ruxi Club. A rapazada escollera "Sopa de Europa" do autor Rafael Ordóñez para comezar as lecturas deste curso.

Durante a reunión tivemos tempo de falar do libro, de comentar se nos gustara ou non, se o recomendamos a outros compañeiros/as, falamos dos países que saen no libro, o que máis nos gustou, curiosidades sobre gastronomía, arte...

Logo de intercambiar impresións sobre a lectura, a mestra responsable do Club propúxolles as rapazas xogar ao Pasapalabra sobre o libro. Pasámolo moi ben coas respostas, botamos unhas risas e divertímonos moito.

                              

Noa Gil, unha alumna participante do Ruxi Club, non so leu o libro, tamén fixo un marabilloso traballo sobre o mesmo. Noa amosounos o resultado do seu esforzo, buscou e investigou, redactou e ilustrou sobre cada un dos países que aparecen en cada capítulo do libro.

Fantástico Noa, estamos moi orgullosas de ti!

                  

Próxima lectura...

                                    

 

CLUB DE LECTURA, GRUPO 2

O pasado venres 24 de novembro tivemos unha xuntanza no Club de Lectura co grupo 2. O alumnado deste grupo escollera "Plan de Rescate" de Antía Yáñez para comezar as lecturas deste curso.

A rapazada estivo moi participativa, houbo debates, críticas, preguntas, recomendacións sobre este libro, gustos e preferencias sobre determinados personaxes...

Queda moi pouquiño para rematalo, de momento, sen facer espoiler, está gustando moito.        

                             

 

 

Menú de Decembro

Xogos populares interxeneracionais

Outro ano máis os nosos maiores participaron cos nenos e nenas realizando xogos populares da súa infancia. Compartiron momentos xuntos marabillosos.

O corredor do medo!

Desfile de Samaín do alumnado de infantil

 

Pasárono de medo!!!

Obradoiro Saúdable Samaín

O alumnado de infantil elaboraron "chuches", decoraron froitas e hoxe despois do desfile degustarán todo o elaborado por eles e elas coa axuda do equipo de infantil. 

MENU DE NOVEMBRO

II Desfile de Samaín!

Este ano o noso alumnado de infantil celebrará o II Desfile Terrorífico. Haberá pócima máxica con meiga e unha pequena festa onde comerán algunhas "chuches terroríficas" elaboradas por eles mesmos nun pequeno obradoiro. 

Distribuir contenido


by Dr. Radut