Todo preparado para dar comezo a última reunión do Ruxi Club do 2023:
O pasado venres celebramos a última reunión do Ruxi Club deste 2023. Tocaba sesión co Grupo 2, pero como era un día especial, a mestra encargada do Club quixo dar un pequeno agasallo a todo o alumnado que participa no Club de Lectura, así que reunímonos na biblioteca os dous Grupos para recibir un pequeno doce.
Logo de desexarnos Boas Festas e felicitarnos o Ano Novo, os integrantes do Grupo 1 marcharon e quedamos reunidos o Grupo 2 tal e como estaba previsto.
A reunión deu para moito, rematamos de comentar o libro que estábamos a ler "Plan de rescate" de Antía Yáñez. A rapazada comentou que se trata dun libro divertido, de intriga e que lles gustou bastante.
Como xa vai sendo habitual, ao rematar de intercambiar impresións sobre o libro, a coordinadora do Club preparaulles un Pasapalabra sobre o mesmo. Pásamolo pipa! Acertaron todas as preguntas!
Unha vez rematado o Pasapalabra tocou escoller a nova lectura... A decisión estivo moi axustada...
E a próxima lectura será...
O Equipo da Biblioteca deséxavos
Boas Festas e Boas Lecturas!!!