Skip to Content

Período de adaptación de 4º de Educación Infantil

 

Nobelo de la.

 

Abrimos un nobelo de la que esperamos que dure toda a vida!

 

 

 

Reunión Xeral de Familias de Ed. Primaria

Novo curso escolar 24-25

MENÚ SETEMBRO

Benvidos e benvidas ao novo curso escolar

SERVIZO DE COMEDOR ESCOLAR CURSO 2024/2025

SERVIZO DE COMEDOR ESCOLAR CURSO 2024/2025

 

Estimadas familias,

Comunicámosvos que todos os alumnos e alumnas que solicitaron o servizo de comedor escolar para este curso 2024/2025 están admitidos.

Non obstante, sería conveniente que pasaran e comprobaran que están incluídos na listaxe de admitidos que está publicada no taboleiro de anuncios do interior do centro para evitar calquera posible erro.

Todos os alumnos de nova inscrición no servizo de comedor escolar e todos os que teñen que aboar o servizo, teñen que cubrir un impreso (ORDE DOMICILIACION - SEPA (NUEVO)) cos datos bancarios e entregalo no Centro para enviarllo á empresa que xestiona o servizo. Este impreso pódese descargar no seguinte enlace: https://drive.google.com/file/d/15wPS1yTygs37-3aHWlfVFryxLrtb-pEB/view?usp=sharing

Aproveitamos para informarvos das normas a seguir ao longo do curso para evitar posibles reclamacións (familias que teñen que aboar o servizo de comedor) e tamén para non ter que desfacerse de menús que non se utilizan:

  • O alumnado que non vaia a facer uso do servizo de comedor algún dos días para os que está notado, terá que comunicalo por correo electrónico antes das 9:30 h. de dito día. 
  • É MOI IMPORTANTE que no correo electrónico indiquen o nome e os dous apelidos do neno ou nena e o curso no que está matriculado así como o día ou días que vai a faltar.

Segundo a Instrución 3/2023, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades do 1 de xuño, sobre funcionamento do comedores escolares de xestión indirecta no curso escolar 2023/2024: “Os usuarios/as do servizo de comedor escolar que en tres ocasións non comuniquen a súa ausencia, antes das 9.45 horas do día que deba ter efecto, deberán ser suspendidos pola Dirección do centro ao dereito ao uso do servizo de comedor durante 10 días.”

 

Un saúdo.

O equipo directivo.

SERVIZO DE TRANSPORTE ESCOLAR CURSO 2024/2025

 

Xa podedes renovar ou solicitar o servizo de TRANSPORTE para o vindeiro curso 2024/2025

 

Presentación de solicitudes: Ata o 5 de xullo.

 

As solicitudes poderán presentarse PRESENCIALMENTE ou tamén se poderán enviar POR CORREO ELECTRÓNICO ao correo do centro ceip.oruxidoiro@edu.xunta.gal.

A solicitude ten que estar ANEXADA COMO PDF, non valen fotografías como anexo.

A solicitude ten que estarasinada por un dos titores legais do alumnado, en caso de separación ou divorcio polos dous

 

A non presentación da solicitude en prazo entendese como a RENUNCIA AO SERVIZO

DE TRANSPORTE.

 

Enlace á Instrución 1/2023 sobre xestión do servizo de transporte.

 

Solicitude Transporte Escolar

 

Celebramos a diversidade con Orgullo (Lgtbiq+)

O respecto aos demais comeza por entender que cada un, cada unha ou cada unhe somos diferentes. Abrazar a diversidade é perder o medo ao que non coñecemos, derrubar muros e falsas crenzas e posicionarnos sempre cos DEREITOS HUMANOS. Escoitamos e reflexionamos con Éric despois dun curso enteiro de pensar o bo trato e os coidados e de querer tecer redes de amizade entre nós...

# Emociónate#Iguálate#Convive.

Mesturando sabores!

LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR. CURSO 2024/2025

 

Libros de texto. Curso 2024/2025

Libros de texto 2024/2025

 

 

 

Listaxe de material escolar por curso

(iranse publicando a medida que estean dispoñibles)

4º de Educación Infantil.

5º de Educación Infantil.

6º de Educación Infantil.

1º de Educación Primaria.

2º de Educación Primaria.

3º de Educación Primaria.

4º de Educación Primaria. 

5º de Educación Primaria. 

6º de Educación Primaria. 

 

 
Distribuir contenido


by Dr. Radut