PROCESO DE ADMISIÓN DE ALUMNADO PARA O VINDEIRO CURSO 2024-2025
A partir do 1 de marzo comeza o prazo para presentar a solicitude de praza para o vindeiro curso.
INSTRUCIÓNS
- PRAZO DE PRESENTACIÓN: 1 ao 20 de marzo de 2024, ambos incluídos.
- DOCUMENTACIÓN A PRESENTAR:
- A solicitude de admisión segundo o modelo ED550B - Anexo II + Anexo II-bis. Dito Anexo II-bis terá que ser asinado obrigatoriamente polo outro proxenitor.
- No caso de ausencia da sinatura da outra persoa proxenitora, poderá admitirse a presentación dunha declaración responsable / xurisdición voluntaria da persoa que asine a solicitude indicando o motivo que impida o consentimento expreso da outra.
- Copia do libro de familia ou documento equivalente onde figure o/a alumno/a e os demais membros computables da unidade familiar.
- Certificado oficial do expediente académico (alumnado de primaria).
- Sentenza xudicial de separación ou divorcio e/ou convenio regulador onde conste a custodia do menor, de darse o caso.
- Para acreditar o criterio “Familia monoparental” deberá presentarse a certificación de recoñecemento da Dirección Xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica da Consellería de Política Social e Xuventude da Xunta de Galicia ou da autoridade competente doutras administracións públicas.
- LUGAR DE PRESENTACIÓN:
1.- A través da aplicación admisionalumnado
2.- Na secretaría do centro
- SINATURA E CONSENTIMENTO de ambas persoas proxenitoras, titoras ou acolledoras:
Os artigos 26.6 e 46 da orde establecen que en todos os casos de solicitude (de reserva, admisión ordinaria e escolarización extraordinaria) de alumnado menor de idade non emancipado é necesario o consentimento de ambas persoas proxenitoras, titoras ou acolledoras, coa única excepción do consentimento do agresor nos casos de violencia de xénero.
En consecuencia, todas as solicitudes deben figurar asinadas por unha das persoas proxenitoras/titoras/acolledoras, e debe xuntarse a todas o documento asinado co consentimento da outra (modelos: anexo II-bis).
Non obstante, nos casos de ausencia puntual da outra persoa proxenitora non separada nin divorciada, ou da outra persoa titora ou acolledora por circunstancias excepcionais (laborais, familiares, ...), poderá admitirse a presentación dunha declaración responsable da persoa que asine a solicitude indicando o motivo que impida o consentimento expreso da outra.
DATAS DO PROCESO DE ADMISIÓN
- Publicación das listaxes provisionais: ANTES DO 25 DE ABRIL
- Reclamación ás listas provisionais: 5 días hábiles a contar desde o día seguinte ao da publicación.
- Publicación das listaxes definitivas: ANTES DO 15 DE MAIO
- Formalización de matrícula: DO 20 AO 30 DE XUÑO
IMPORTANTE: As familias poderán consultar as listaxes provisionais e as definitivas:
1º. Presencialmente: no taboleiro de anuncios, que unicamente poderá ser visible dende o interior do recinto escolar.
2º. Por vía electrónica: exclusivamente a través da aplicación informática admisionalumnado,sendo necesario para consultalas o certificado dixital ou Chave365.