Familias
ELECCIÓNS AO CONSELLO ESCOLAR
De conformidade co establecido na Resolución do 19 de setembro de 2022, da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa, pola que se establece o calendario para a celebración de eleccións de membros dos consellos escolares de centros docentes sostidos con fondos públicos (DOG do 30-09-2022), o martes 29 de novembro convocaranse eleccións para a renovación do CONSELLO ESCOLAR deste centro.
COMEDOR ESCOLAR 22/23
Seguindo as Instrucións enviadas pola Consellería, os usuarios de comedor poderán dispoñer deste servizo previa presentación do Anexo II. Modelo de autodeclaración e especificacións relativas á renda do 2021 no centro.
Teña en conta que:
- Dispón ata o luns 5 de setembro do 2022 para entregar o anexo no centro.
- Aquel alumnado que non entregue este anexo non poderá facer uso do servizo.
- Se quere facer un simulacro de taxas para o pago do comedor pode facelo premendo na imaxe.
BECAS PARA O ALUMNADO CON NEAE- CURSO 22-23
Acaba de publicarse a Resolución do 13 de maio de 2022, da Secretaría do Estado de Educación, pola que se convocan as axudas para o alumnado con Necesidade Específica de Apoio Educativo para o curso 2022-2023. Queda polo tanto aberto o prazo para solicitar esta beca para o vindeiro curso. Este curso adiántase a convocatoria polo que, o prazo para presentar as solicitudes estará aberto dende o 19 de maio ata o 30 de setembro, ambos inclusive.
A continuación poñemos a vosa disposición os correspondentes enlaces para a súa tramitación:
- Convocatoria publicada no BOE: https://www.boe.es/diario_boe/txt.php?id=BOE-B-2022-15578
- Información sobre os requisitos e acceso ao trámite online na páxina do Ministerio de Educación: https://www.becaseducacion.gob.es/becas-y-ayudas/ayudas-apoyo-educativo/tipos-de-becas.html
CONVOCATORIA FONDO DE LIBROS E MATERIAL ESCOLAR PARA O CURSO 22-23
FONDO SOLIDARIO, AXUDAS LIBROS E MATERIAL ESCOLAR- CURSO 2022/2023
Normativa de referencia: ORDE do 29 de abril de 2022 pola que se regula a participación do fondo solidario de libros de texto e se convocan as axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundarias obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2022/2023 (código de procedemento ED330B) (Diario Oficial de Galicia do 18 de maio de 2022).
1.-PERSOAS BENEFICIARIAS
2º REPARTO DE FROITA
Un ano máis participamos no programa Froita fresca e leite líquido na escola. Esta iniciativa realízase en colaboración coa Consellería de Medio Rural e o Fondo Galego de Garantía Agraria (FOGGA).
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- …
- seguinte ›
- última »