Familias
PLAN MADRUGA 23/24
A ANPA "O Berce" quere informarvos de que segue aberto o prazo para inscribirse no Plan Madruga 23/24. Con este programa de carácter social pretenden axudar ás familias que por algún motivo teñen que deixar aos seus fillos e fillas antes do horario de entrada ao colexio.
Todos os días de 7:20 a 9:20 H.
Empresa encargada: "Spazosport".
Modalidades: mensual ou día esporádico
Engadimos documentación por se queres solicitar o servizo:
- Tríptico informativo " Plan Madruga" (Descargar aquí)
- Información Plan Madruga (Descargar aquí)
APERTURA PRAZO PARA PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES POR PARTE DOS COLABORADORES
As persoas interesadas en colaborar no vindeiro curso escolar 2023/2024 nas tarefas de comedor escolar poderán formalizar a súa solicitude no centro educativo. A documentación a presentar xunto coa solicitude será a seguinte:
- Impreso de solicitude (Descargar aquí)
- Impreso de declaración responsable (Descargar aquí)
- Fotocopia DNI ou NIE.
- Código de Conta Cliente.
SOLICITUDE DO COMEDOR ESCOLAR PARA O CURSO 2023-2024
Seguindo as Instrucións enviadas pola Consellería, os usuarios de comedor poderán dispoñer deste servizo previa presentación do Anexo II. Modelo de autodeclaración e especificacións relativas á renda do 2022 no centro.
Teña en conta que:
- Dispón ata o venres 8 de setembro do 2023 para entregar o anexo no centro.
- Aquel alumnado que non entregue este anexo non poderá facer uso do servizo.
- Se quere facer un simulacro de taxas para o pago do comedor pode facelo premendo na imaxe.
II CONCURSO DE CARTEIS PARA A FESTA DE CACHAFEIRO- FREIXEIRA
Debuxo gañador (Pablo Porto Cortizo)
Dende a Comisión de festas de Cachafeiro-Freixeira fixeron un chamamento aos rapaces e rapazas do colexio para participiar no II Concurso de Carteis.
Tras revisar as distintas creacións do alumnado, do CEIP de Soutelo de Montes e o noso, decidiron conceder os seguintes premios:
- Debuxo gañador (publicarase na portada do libro da comisión) para Pablo Porto Cortizo de Infantil do CEIP Nosa Señora das Dores.
- 2º posto para Noa Tato Gulías de 5º de EP do CEIP Nosa Señora das Dores.
2º posto: Noa Tato Gulías
- 3º posto para Martina Couceiro Constela do CEIP de Soutelo de Montes.
Recordade que o 1 de xullo poderedes ver todos os debuxos expostos na carballeira da Freixeira. Non volo perdades!
FONDO SOLIDARIO E AXUDAS DE MATERIAL ESCOLAR - CURSO 2023-2024
Enlace convocatoria: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2023/20230519/AnuncioG0655-100523-0001_gl.html
Procedemento a través da Sede Electrónica: ED330B
https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=ED330B
NOTA. Na presentación electrónica debe presentar unha solicitude por cada un dos seus fillos/as.
Presentación con asistencia da aplicación Fondo Libros e despois presentación no centro educativo: https://www.edu.xunta.gal/fondolibros/
Presenación no centro. Imprimir Anexo I e II para descargar: https://sede.xunta.gal/doc-invia/rest/anexos/23899294
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- …
- seguinte ›
- última »