Familias

Novas de interese para as familias

CALENDARIO PROCESO RESERVA-ADMISIÓN PARA O CURSO 2021/2022

No proceso de reserva e admisión do alumnado para o vindeiro curso 2021-2022 tomaremos o seguinte calendario para ubicar o proceso e indicar os prazos  e datas dentro do mesmo.

DATAS

CELEBRAMOS O MAGOSTO

A palabara Magosto procede do latín Magnus Ustus, gran lume e significa "fogueira para asar castañas". Esta celebración é unha homenaxe a un dos froitos típicos do outono: a castaña. 

Este ano non tivemos un gran lume pero, si desfrutamos con xogos (sementa e apaña, carreiras ....)  e unha  merendola a base de castañas. Moitas grazas ás nosas cociñeiras por asárnolas. Estaban moi boas.

Un festexo diferente pero igual de divertido!


Preme para acceder a Galería do Magosto.

 

FESTEXAMOS O HALLOWEEN

 Imaxe sacada do blog da teacher: https://thisisourenglishcorner.wordpress.com 

O Halloween sempre foi unha festa con gran tradición no centro. Todos os anos as familias estabades moi afanadas en buscar a mellor cabaza para poder crear xunto cos vosos fillos e fillas unha boa obra. Os pequenos e pequenas, e os non tan pequenos, viñan encantados con elas ao centro, moi fachendosos do traballo familial. Durante o recreo paseaban e miraban as súas obras e as dos seus compañeiros para despois compartir na casa con todos vós.

Este ano, non puido ser así. O traballo non desmereceu o feito en ano anteriores, todo o contrario. Soubéstedes reinventarvos e adaptarvos á nova situación. Todas as vosas creacións colgáronse no salón de actos. Aquí vos queda unha boa mostra. 

Preme encima para acceder ao Álbum

RENOVACIÓN DOS MEMBROS DO CONSELLO ESCOLAR

Seguindo indicacións da Xefatura Territorial e da Inspección Educativa informámosvos de que este curso 2020/2021 se deben realizar renovacións nos representantes dos membros do consello escolar. 

Por tal motivo, e dada a situación actual, intentaremos na medida do posible, minimizar o envío de papeis e circulares, empregando só as imprescindibles. Deste xeito, solicitamos a toda a comunidade educativa que, estea atenta durante este mes de outubro e novembro ás novas que iremos subindo a aula virtual e enviando a través do correo electrónico ou a aplicación Abalar Móbil. 

IMPACTO COVID-19 NO CENTRO EDUCATIVO

Neste apartado recolleremos toda a información da que dispoñamos sobre o impacto da COVID-19 no centro durante o curso 2021-2022

Distribuir contido
Punto Laranxa contra o acoso escolar

Biblioteca Escolar

Pincha encima para acceder ao seu contido

Pincha encima para acceder ao seu contido

Búscanos no...

Premios e proxectos

" O conto da Muiñeira" (curtametraxe)

2º Premio na Categoría Infantil e Primaria (Categoría A)

Proxecto Documental Integrado

Curso 2018-2019. PDI Colaborativo co CEIP de Soutelo de Montes

50º Aniversario

Menú do comedor

Preme encima da imaxe para acceder aos menús mensuais

Horario Biblioteca Escolar

Aula Virtual

Recorda o teu usuario e contrasinal.

Acceso Eva- Edixgal (5º-6º EP)

Prema encima da imaxe para acceder.

Abalar

Accede ás funcionalidades de AbalarMóbil

Pertencemos ao....

 

EspazoAbalar

Prema encima para acceder aos contidos Abalar.

Participación en anos anteriores

ARCO 21_22

CENTROS GRADUADOS 2019-2022

 

Bibliotecas Escolares de Galicia

 

 

Unión Europea- Fondo Social Europeo (FSE)

eTwinning: Learning Chess Together

etwinning

Inicio de sesión de usuario