RENOVACIÓN DOS MEMBROS DO CONSELLO ESCOLAR

Seguindo indicacións da Xefatura Territorial e da Inspección Educativa informámosvos de que este curso 2020/2021 se deben realizar renovacións nos representantes dos membros do consello escolar. 

Por tal motivo, e dada a situación actual, intentaremos na medida do posible, minimizar o envío de papeis e circulares, empregando só as imprescindibles. Deste xeito, solicitamos a toda a comunidade educativa que, estea atenta durante este mes de outubro e novembro ás novas que iremos subindo a aula virtual e enviando a través do correo electrónico ou a aplicación Abalar Móbil. 

A maiores, comunicámosvos que o día 26 de outubro de 2020  ás 11:10 horas procederase a realizar o sorteo público na Secretaría do CEIP Nosa Señora das Dores para elixir os membros da Xunta Electoral responsable da organización e supervisión do procedemento de elección dos membros do Consello Escolar, en virtude do establecido no artigo 2.2 da Resolución conxunta do 30 de setembro de 2020, da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos  e da Dirección Xeral de Educación, formación Profesional e Innovación Educativa,  pola que se establece o calendario para a celebración de eleccións de membros dos consellos escolares de centros docentes sostidos con fondos públicos (DOG do 08-10-2020).

 

É competencia da Xunta  Electoral concretar o calendario electoral, e segundo o artigo 30 do Decreto 92/1988 está composta polos seguintes membros:

- o director,

- un profesor ou profesora,

- un pai, nai ou titor legal,

- un representante do persoal de administración e servizos,

designados os catro últimos por sorteo público no que se preverá a designación de membros suplentes.

 

Esta información está publicada no taboleiro de entrada (portalón de autobuses) e porta principal. 

 

Punto Laranxa contra o acoso escolar

Biblioteca Escolar

Pincha encima para acceder ao seu contido

Pincha encima para acceder ao seu contido

Búscanos no...

Premios e proxectos

" O conto da Muiñeira" (curtametraxe)

2º Premio na Categoría Infantil e Primaria (Categoría A)

Proxecto Documental Integrado

Curso 2018-2019. PDI Colaborativo co CEIP de Soutelo de Montes

50º Aniversario

Menú do comedor

Preme encima da imaxe para acceder aos menús mensuais

Horario Biblioteca Escolar

Aula Virtual

Recorda o teu usuario e contrasinal.

Acceso Eva- Edixgal (5º-6º EP)

Prema encima da imaxe para acceder.

Abalar

Accede ás funcionalidades de AbalarMóbil

Pertencemos ao....

 

EspazoAbalar

Prema encima para acceder aos contidos Abalar.

Participación en anos anteriores

ARCO 21_22

CENTROS GRADUADOS 2019-2022

 

Bibliotecas Escolares de Galicia

 

 

Unión Europea- Fondo Social Europeo (FSE)

eTwinning: Learning Chess Together

etwinning

Inicio de sesión de usuario