Blog de biblioteca
O pasado xoves día 23 conmemorouse o aniversario do nacemento da poetisa, tamén coñecido como o DÍA DE ROSALÍA . No centro, ademais do traballo de aula quixemos levar os poemas da autora a todos os recunchos. Así: algunhas aulas escribiron poemas da autora nas fiestras de Radio Xuve, ou da Biblioteca Escolar e outras aulas o que fixeron foi plasmar e papel ou cartolina os seus poemas e colgalos das árbores, ou dalgún lugar do noso patio para compartilos. Foi unha actividade de traballo en equipo, que fomentou a creatividade do alumnado ao mesmo que conmemoramos a esta figura tan importante da literatura galega.
Acó vos deixamos unhas poucas fotografías do proceso:
|
|||
O pasado 13 de febreiro foi o día MUNDIAL DA RADIO, por este motivo o alumnado de 1º de ED. PRIMARIA e coa proximidade do 11F : DÍA MUNDIAL DA MULLER E A NENA NA CIENCIA elaboraron este pequeno programa de radio.
|
|||
O pasado sábado 11 de febreiro conmemorouse o día da MULLER E A NENA NA CIENCIA . No cole fixemos varias actividades relacionadas. Por unha banda fixemos unha escolma no noso fondo de bibioteca con libros relacionados con mulleres de ciencia para que sexan conscientes da cantidade de mulleres relacionadas coa ciencia, co STEAM e TIC e TAC.
Por outra banda , e a nivel aula: cada clase escolleu a unha muller científica , investigou sobre ela e seleccionou unha serie de datos básicos sobre elas. Para relacionalo coa tecnoloxía e a parte máis creativa, fixemos circuitos de LEDs con fío de cobre ( nalgunhas aulas a nivel individual e noutras en pequenos equipos) Aquí tedes o exemplo da aula de 5 anos, que están facendo un proxecto sobre o Universo, escolleron a Valentina Tereshkova. Informáronse sobre ela... e este foi o resultado.
|
|||
O pasado mércores día 8 tivemos a segunda reunión do CLUBE DE LECTURA DE FAMILIAS E PROFESORADO. Desta volta reunímonos para falar da 1ª lectura deste curso, INFAMIA de Ledicia Costas. Foi unha reunión moi intensa, que deu lugar a un amplo debate e un intercambio de pensamentos e sobre todo falamos sobre infancia, empatía, medo, víctimas e culpabilización das mesmas. Da importancia de que os fillos e fillas confíen sempre, e quizais a pregunta que máis saiu foi : para cando unha segunda parte de Infamia? Gustounos moito a lectura, aínda que saiu tamén a "dureza" da historia, os paralelismos e tamén os temas de transfondo.
Presentamos tamén a seguinte lectura , que será "A CULPA" de María Solar ( Premio Xerais 2022) que ten unha sinopse máis que atractiva e interesante...
BOA LECTURA!!
|
|||
O pasado mércores 25 de Xaneiro tivemos a primeira reunión dos Clubes de Lectura de Alumnado: un en 5º e outro en 6º de ED. Primaria.
Repetimos a primeira actividade que fixeramos o curso pasado co alumnado do Clube ( os que estaban en 6º o curso pasado) , tivemos que retrasar a reunión porque queriamos ir andando ata o Castro de Cameixa debido á climatoloxía adversa do final do 1º trimestre.
Xa que este curso iniciamos o clube coa mesma lectura, coa que o fixemos o curso pasado "Baroña ou Morte" de Pepe Carreiro.
As titoras de 5º e 6º ademais de facer a lectura con eles e elas na "hora de ler" traballaron a nivel de aula , e investigaron sobre os Castros.
Despois de chegar e repoñer forzas, observaron a información sobre o Castro no panel informativo e fixemos os últimos metros, para atoparnos co mesmo. Alí fixemos un xogo, falamos un pouco do libro e despois demos conta dunha boa e saudable merenda!!
|
|||
O pasado 19 de decembro tivemos a 1ª reunión do Clube de Lectura de "Familias e profesorado". Este ano aumentamos o número de familias participantes, o cal anima moito a seguir adiante con esta actividade que nos resulta tan gratificante.
Esta primeira reunión foi un pouco para presentarnos ( especialmente as novas incorporacións) e falar de que tipo de lecturas nos gustan. O outro punto a tratar foi a 1ª lectura para este curso: "Infamia" de Lecidia Costas. Demos unhas pequenas pinceladas, falamos da autora, do outro libro que lemos dela, co que iniciamos o curso pasado.
Cada unha falou da súa "lectura de verán" as eleccións foron moi variadas , tanto en galego coma en castelán e algunhas resultáronnos moi moi intersantes. Sin facer demasiado "spoiler" cada quen falou do argumento do libro e que foi o que máis lle gustou da historia .
|
|||
E chegaron 2 contos máis, desta volta , Vanessa, a nai de Adrián da clase de 5 anos fíxonos un "contacontos" dobre. Moitísimas grazas a Vanessa polo seu tempo e implicación. Agardamos que vos gusten tanto coma a nós!
En primeiro lugar, un clásico do Nadal que nunca pasa de "moda" ( e tamén unha das recomendacións lectoras de Nadal para o alumnado de ED. Infantil) "Cando Martiño tivo ganas de mexar na noite de Reis"
E en segundo lugar, esta historia tan orixinal: "O principiño e Adrián".
MOITÍSIMAS GRAZAS!!!! |
|||
O pasado venres día 16 de decembro tivemos a sorte de contar con dúas locutoras de Radio Voz dentro dun novo programa que leva a cabo a emisora en colaboración coa Asesoría de Bibliotecas Escolares e os centros participantes no programa "Radio na Biblio"
En primeiro lugar tivemos a sorte de que nos desen unha pequena "charla" sobre a radio e o seu funcionamento a todo o alumnado de ED. Primaria.
Posteriormente o alumnado de 5º e 6º de ED. Primaria cos consellos de Antía e mais a súa compañeira fixeron a gravación dun programa de radio ( que elaboraron, ensaiaron, guionizaron e fixeron a "escaleta" previamente) co seu asesoramento. Aprendendo algunhas cousiñas novas. Moitas grazas ás compañeiras de Radio Voz, e aquí vos queda o programa que foi emitido en directo , e estamos a espera de que o "colguen" no seu espazo adicado a "RADIO NA BIBLIO" na súa páxina web.
Algunhas fotos do momento gravación:
|
|||
Hoxe tivemos a visita de Ana, a nai de Antón ( da clase de 5 anos) que nos veu contar: "Cando Martiño tivo ganas de mexar a noite de Reis" ao alumnado de ED. Infantil e 1º de ED. Primaria. Moitas grazas a Ana por achegarse ao cole e compartir con nós o seu tempo!!!
Ademais Beatriz, a nai de Xermán , da clase de 1º de ED. Primaria fíxonos chegar dous contos moi propios do Nadal, que nos contou coa axuda do seu fillo. Agardamos que os desfrutedes tanto coma nós.
|
|||
Aquí quedan as recomendacións lectoras, elaboradas polo profesorado do centro, para este Nadal. Bo Nadal e boa lectura !!!
Tamén as adxuntamos en formato PDF para que as vexades con máis detalle. Se premedes na portada do libro levaravos á súa ficha técnica. |
|||
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- 10
- 11
- 12
- …
- seguinte ›
- última »