Skip to Content

                              

MULLER

CAMIÑADA VIOLETA E REIVINDICATIVA POLO 25N

Quedades convidados e convidadas a unirvos a nós...

 

8M: AS NOSAS SUPER HEROÍNAS

Este ano para conmmeorar o 8M decidimos relacionalo coa temática das Bibliotecas Escolares deste curso: a banda deseñada.

Así elaboramos 2 plantillas para que o noso alumnado debuxase á súa "super heroína" particular, e describise os seus "super poderes", porque non todas as superheroínas levan "capa".

 

 

Tamén fixemos unha pequena escolma de libros relacionados coa temática para expoñer na entrada do centro.

 

 

Unha vez debuxadas e descritas as superheroínas do noso alumnado , fixemos unha pequena exposición coas creacións para que todo o alumnado do centro puidese velas.

No terceiro ciclo ademais, fixeron cartaces con nubes de palabras con nomes de mulleres importantes para eles e elas...

 

 

MANIFESTACIÓN POLO 25 N

Hoxe , luns 27 , se o tempo o permite, imos facer unha camiñada ata o Concello e despois o alumnado de 4º lerá un pequeno manifesto.

Notificamos ás familias e convidámolas a unirse anós.

Acó tedes toda a información:

 

8M: EN FEMININO NO CONCELLO DE BOBORÁS

Baixo o lema da ONU para este 8M de 2023:  "Por un mundo dixital inclusivo: Innovación e tecnoloxía para a igualdade de xénero".

Dende os equipos de Dinamización da Lingua Galega e Biblioteca lanzamos unha proposta co gallo do 8M : que o alumnado de 3º de ED. Primaria en adiante entrevistase a unha muller importante na súa vida (ALFIN/AMI ) 

Xa fose mediante o uso da tecnoloxía:  audio ou vídeo ou en modo "escrita" ( máis tradicional) 

Mulleres importantes nas súas vidas, e residentes en Boborás.

 

O primeiro , queremos dar as grazas a todas as mulleres que "aceptaron o reto" de seren entrevistadas, fose no formato que fose. Polo seu tempo e bo facer.

GRAZAS A TODAS.

 

Para comezar, deixámosvos aquí a entrevista que Aixa, da clase de 5º, lle fixo a súa avoa Pilar:

 

 

A continuación deixámosvos a entrevista que Aroa da clase de 3º , lle fixo á súa nai: Patricia Torres ( que é a alcaldesa do noso Concello)

 

 

Entrevista a Maica, nai de Mauro, Ángel e Daniel. 

 

 

 

Entrevista a Rosa, curmá de Mateo da clase de 5º. 

 

 

 

Entrevista a Mª del Carmen, nai de Sofía da clase de 6º

 

 

A continuación unha pequena presentación en "Canva" das entrevistas realizadas polo alumnado de 5º de ED. Primaria.

 

 

 

Deixámosvos tamén un  DOCUMENTO coas entrevistas realizadas ao xeito tradicional:  manuscritas e algunhas máis  manuscritas  ( ou "mecanografiadas") e as derradeiras entrevistas manuscritas , dende a clase de 3º de Primaria  Premede nas palabras suliñadas para poder acceder a elas. 

 

11F: DÍA DA MULLER E A NENA NA CIENCIA

O pasado sábado 11 de febreiro conmemorouse o día da MULLER E A NENA NA CIENCIA .

No cole fixemos varias actividades relacionadas.

Por unha banda fixemos unha escolma no noso fondo de bibioteca con libros relacionados con mulleres de ciencia para que sexan conscientes da cantidade de mulleres relacionadas coa ciencia, co STEAM e TIC e TAC.

 

 

Por outra banda , e a nivel aula: cada clase escolleu a unha muller científica , investigou sobre ela e seleccionou unha serie de datos básicos sobre elas.

Para relacionalo coa tecnoloxía e a parte máis creativa, fixemos circuitos de LEDs con fío de cobre ( nalgunhas aulas a nivel individual e noutras en pequenos equipos)

Aquí tedes o exemplo da aula de 5 anos, que están facendo un proxecto sobre o Universo, escolleron a Valentina Tereshkova. Informáronse sobre ela... e este foi o resultado.

   

 

 

 

 

8M: IGUALDADE DE XÉNERO HOXE PARA UN MAÑÁ SOSTIBLE

Onte, 8 de marzo , conmemorouse o DÍA INTERNACIONAL DA MULLER . 

Dende a biblioteca propúxose unha pequena escolma de libros para conmemorar esta data. 

Tamén se propuxo a elaboración dun pequeno texto, reflexivo, sobre "a muller máis importante nas súas vidas", a lonxitude do mesmo adaptada ás distintas idades do noso alumnado. Para as e os máis pequenos a proposta foi gráfica.

Agradecemos a todo o alumnado a súa participación e explicación de porqué estas mulleres ( na maioría a muller elexida foi a súa nai) son importantes para eles e para elas.

Para compartilas con toda a comunidade educativa, colgáronse na entrada do centro e acceso á nosa biblioteca escolar.

 

 

Quedan 2 actividades pendientes para conmemorar esta data: o alumnado de quinto e sexto está preparando un "lip dub" para homenaxear ás súas proxenitoras e a vindeira semana , e grazas á Mancomunidade de concellos do Carballiño teremos un contacontos sobre a temática.

Seguiremos informando... 

 

 

 

AMPLIACIÓN:

-Xa está dispoñible o LIP DUB elaborado polo alumnado de quinto e sexto de ED. Primaria : premede no título para acceder ao artigo sobre o mesmo:   "AY, MAMÁ" 

 

-Hoxe día 17 desenvolveuse o OBRADOIRO 8M : Contacontos con Uxía Morán. 

11 DE FEBREIRO: DÍA INTERNACIONAL DA MULLER E A NENA NA CIENCIA

 

 

O 11 de febreiro conmemórase o

 
O  primeiro que faremos será recordar o traballo que desenvolvemos o curso pasado sobre esta temática, que comezamos en novembro e rematamos no 8M: Científicas Galegas: Mulleres Bravas.
Aquí deixamos o RAP que fixemos  como produto final deste proxecto:
 
 
 
 
 
 
 
 
 
  
 Na páxina web 11 de Febreiro  podedes atopar moitísimo material para traballar este tema: actividades, materiais, estatísticas, información sobre mulleres e ciencia, chicas e estudos STEAM e un longo etc...
 
 
Aquí vos deixamos un vídeo, titulado "Ese lugar"  que foi eaborado pola Cátedra de Cultura Ciencífica da UPV/EHU. Xa que o 11 de febreiro será o día da Muller e a Nena na Ciencia, e o día seguinte... e os que virán despois... 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
   Tamén  este vídeo "Yo quiero ser científica" no que 9 mestras da Universidade pública de Navarra (UPNA) son intérpretes e autoras dunha obra de teatro divulgativa na que rescatan a vida e obra de mulleres científicas do pasado:

 

 
 
 

Para os  máis pequenos, este vídeo gañador do concurso de curtametraxes 

da Unesco   "Mujeres en la CTI y matemáticas": 

 

 

 

 Podedes ver tamén a serie de animación "Mujer en la ciencia" 

As ilustracións e a animación do vídeo deste proxecto son do profesor de bioquímica Iñigo Izal Azcárate e a narración en "voz en off "corre a cargo da periodista Eva Lus (Radio Universidad de Navarra).Tamén colabora nesta serie de animación o grupo Women for Science and Technology e diferentes persoas expertas asesoran na elaboración dos guions das distintas biografías.

As protagonistas destas historias son:

A microbióloga Alice Catherine Evans (1881-1975).

A enfermeira e estadística Florence Nightingale (1820-1910)

A bióloga e divulgadora Rachel Louise Carson (1907-1964)

A astrónoma Cecilia Payne-Gaposchkin (1900-1979), …

(fonte  https://mujeresconciencia.com/2019/11/19/serie-de-animacion-la-mujer-en-la-ciencia/)

 

 

Se queredes seguir "curioseando" deixámosvos un link con libros e películas recopilados en 11defebrero.org. 

Se vos apetece xogar "ó rosco das científicas" non tedes máis que premer AQUÍ 

 
CIENTÍFICAS: O CÓMIC  dende a Universidade de Sevilla e executado pola precisa man da  ilustradora Raquel García Ulldemolins
 
 
Outra iniciativa destacable foi a de "Mi científica favorita" 
É unha iniciativa da  Comisión de Género do Instituto de Ciencias Matemáticas (ICMAT) en colaboración coa Unidad de Comunicación del ICMAT e  a Fundación Española para la Ciencia y la Tecnología, e coa asesoría do mestre de educación primaria Roberto Soto Varela.
 
(Premede nos seus nomes para acceder á información sobre elas) 
 
 
Podedes descargar este libro de balde, en PDF premendo aquí: MI CIENTÍFICA FAVORITA  tamén podedes descargar en PDF  "MI CIENTÍFICA FAVORITA 3" 
 
 
 
Outra páxina que non se pode esquecer nesta viaxe de referenciación da muller e a nena na ciencia é MUJERES CON CIENCIA onde poderedes atopar todo tipo de noticias, materiais, actividades relacionadas, coas mulleres e coa ciencia...
 
 
E para finalizar, este vídeo curto, pero moi clariño, tirado da páxina ( iniciativa)   #NoMoreMatildas  
 
 

ACTUALIZACIÓN: Engadimos unha recomendación feita dende o  Centro Oceanográfico de Vigo (Instituto Español de Oceanografía - IEO)

"Oceánicas: pioneras de la oceanografía"  onde nos contan a historia de 10 científicas ilustres .

Podedes descargar o libro en PDF de balde!!! 

 

Dende o equipo de biblioteca agardamos que esta información vos sexa de utilidade.

 

#11deFebreiro2022          #11F             #11Febreiro.

 

 

 

25 DE NOVEMBRO: RECURSOS

Para o día de hoxe temos preparada unha actividade de centro que se desenvolverá nas últimas sesións da mañá ( previo traballo a nivel titorial de cada unha das aulas)

 

 

Aquí vos quedan algúns recursos que podedes traballar no día de hoxe: 

 

 

 

Unidade didáctica: Fíos de Violeta (subido na páxina da xunta, en igualdade). Preme na imaxe para acceder a unidade.

 

 

8M: CIENTÍFICAS GALEGAS MULLERES BRAVAS

E aquí temos a estrea do noso RAP de mulleres científicas galegas.

Comezamos esta andaina preparando os nosos "LAPS BOOKS" para o mes da ciencia en galego, novembro.

De cara ao 11 F: Día da muller e a nena na ciencia, e en vista de que a maioría das nosas eleccións foran mulleres, pensamos en facer un rap con todas elas. 

E despois dun mes de duro traballo, de elexir a letra, de ensaiar , por fin chegou o momento da gravación.

 

Queremos agradecerlle ao noso mestre de música, David o seu esforzo e traballo para organizar esta actividade, ensaiar e facer este magnífico vídeo que vos presentamos a continuación.

Grazas tamén a todo o profesorado e alumnado que participaron con gran entusiasmo nesta actividade.

 

 

 

 

11 DE FEBREIRO: DÍA DA MULLER E A NENA NA CIENCIA: A NOSA CONMEMORACIÓN

 

 

 

O pasado curso inciamos a nosa andaina, no proxecto "Radio na biblio" e para conmemorar esta data o alumnado de sexto fixo unhas pequenas "cuñas" sobre mulleres de ciencia, en galego e en inglés. Podédelas escoitar se premedes AQUÍ 

 

Este ano quixemos tamén visibilizar esta data dente a nosa RADIO XUVE. Pero dun xeito ben distinto:

 

Continuando coa temática do "mes da ciencia en galego" onde traballamos cada unha das aulas a unha muller científica galega, pensamos que facer un pequeno "rap" sobre cada unha delas , sería marabilloso.

Aqui podedes ver os nosos "LAP BOOKS" sobre estas 6 magníficas  mulleres.

 

Estes días estamos ensaiando os nosos RAP, coa axuda do profe Michel e do profe David.. e próximamente a estrea mundial en RADIO XUVE.

 

 

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut