Blog de biblioteca
Continuando con esta actividade proposta polo profe Rubén, para o alumnado de sexto de ED. Primaria, aquí quedan os 3 "bookface" deste mes.
Ademais da foto, cada un dos protagonistas elaborou un pequeno texto , sobre o libro en cuestión:
El gran libro de los vampiros (Jesús)
Autor: Denise Despeyroux Sinopse: É un libro que recolle 13 historias sobre vampiros, cada unha é diferente e hai desde Drácula a outros máis descoñecidos.
Idade recomendada: 11-12 anos.
A miña opinión: a min gustoume, pero ten moitas mortes provocadas por vampiros.
CAMUÑAS ( MATÍAS)
Autor: Margarita del Mazo e Charlotte Pardi.
Sinopse: O libro é dun bruxo que pensaba que nunca se cortaban as uñas, este era o bruxo Camuñas e comía nenos, un día foi a comer unha nena pero explicoulle que era o bruxo Piruxo, Camuñas volveu a casa e viuse no espello e si era o bruxo Piruxo e non comía nenos e despois foi a onde a nena e lle fixo a manicura.
Idade recomendada: Para infantil e primeiros cursos de primaria.
A miña opinión: É bastante bo para nenos pequenos, doulle un 9.
Viaxeiros (Xabier)
Autor: Xulio Gutiérrez e Nicolás Fernández.
Sinopse Este libro explícache como emigran e viaxan os animais: a tartaruga, a andoriña, o cangrexo vermello...
Idade recomendada: 10 anos
A miña opinión: É curioso como medio de consulta para ver como emigran os diferentes animais.
|
|||
O luns 25 de abril, ( e co gallo da conmemoración do día do libro) o alumnado do 1º ciclo, tivemos un encontro coa escritora Isabel Bugallo y Sarria na biblioteca do cole, xa que estivemos lendo o seu libro “La clase de 1º y el pirata Kiko” durante o segundo trimestre. Isabel falounos dos seus protagonistas (Breogán, María, Sofía,...) e trouxo ao loro Kiwi para que o coñeceran os rapaces. Ademais tamén asinou o libro a todo o alumnado participante. Foi unha xornada diferente e moi gratificante. (Redacción do texto: Cruz, titora de 2º de ED. Primaria)
|
|||
Hoxe 23 de abril, conmemórase o DÍA DO LIBRO E DOS DEREITOS DE AUTOR Ao longo de toda a semana o alumnado de ED. Primaria estivo facendo unha tarefa ALFIN coa axuda das titoras e titores, aprendendo como se "cita" correctamente un fragmento dun libro. A proposta que se fixo dende o equipo de bibliloteca foi: buscar e copiar unha pequena frase /fragmento dun dos seus libros favoritos e despois citala correctamente segundo a normativa APA.
Para iso, dende o equipo de biblioteca elaborouse unha pequena infografia sobre o tema ( adxunta coma PDF nesta publicación) con enlaces explicativos e un pequeno vídeo que nos pareceu interesante e que explicaba dun xeito sinxelo e práctico como facelo.
Segundo foron investigando, e preparando, plasmaron as súas seleccións en pequenos anacos de folios de cores que foron colocando na entrada do cole.
E despois de traballar durante a semana : entender, buscar, seleccionar e citar correctamente, onte venres así lucía a entrada do noso colexio:
BO DÍA DO LIBRO E BOA LECTURA |
|||
Para o alumnado de ED. Infantil, o pasado xoves tivemos un contacontos fantástico. Sandra, a mamá de Iria da clase de 3º contounos un conto, cheo de cor e maxia, cuns colaboradores e colaboradoras moi especiais: os anciáns da residencia de maiores de Beariz.
O martes fixemos unha pequena conexión para saudarnos, xa que o contacontos foi de xeito telemático, e ver que todo funcionaba correctamente, e foi moi divertido!!.
E o xoves, xa si , o gran momento do conto, que os nenos e nenas de ED. Infantil desfrutaron moitísimo, e estiveron moi atentos e atentas.
Moitísimas grazas a Sandra por esta iniciativa e a todos os axudantes e axudantas que tivo para contarnos esta historia.
Aquí vos quedan unhas poucas fotos do momento.
BO DÍA DO LIBRO E BOA LECTURA
|
|||
O día 6 deste mes tivemos con nós a Miguel, profesor de física xubilado do IES Chamoso Lamas, encargado da posta en marcha da estación meteorolóxica do instituto, no ano 1984.
Grazas a el aprendemos moitas cousas sobre a meteoroloxía e axudounos a saber máis sobre a estación meteorolóxica que compramos para o noso colexio.
Primeiro tivemos unha charla sobre as utilidades da mesma e posteriormente axudounos a decidir onde a deberíamos instalar, escollendo o tellado do comedor como o lugar máis axeitado.
O día seguinte o alumnado de sexto redactou e firmou un escrito dirixido o concello solicitando a instalación da estación no lugar decidido.
(Autoría do texto: Rubén, co-titor de 6º de ED. PRIMARIA)
|
|||
O próximo sábado é o DÍA DO LIBRO. Para celebrar esta data imos levar a cabo 2 actividades a nivel centro: ED. INFANTIL: teremos un contacontos de xeito telemático o xoves día 21 moi especial. ED. PRIMARIA: buscarán e seleccionarán unha "cita" dun libro que lles guste e "transcribirano" coa axuda das titorías, seguindo a normativa APA, para formar un muro colaborativo con todas as citas na entrada do centro. Para facilitar a comprensión e importancia de "citar" correctamente elaborouse unha pequena infografía que adxuntamos como arquivo PDF nesta publicación (xa que contén enderezos web)
BOA LECTURA
|
|||
Hoxe tivemos a segunda reunión do clube de lectura de 6º de ED. Primaria, para falar do libro "Plan de Rescate" de Antía Yáñez. O primeiro que fixemos foi falar do libro, contar un pouco a historia e os momentos que máis lles chamaron a atención. Despois desta pequena reflexión fixeron 3 equipos e redactaron un texto breve centrándose en 3 bloques: breve resumo da historia, falar un pouco dos protagonistas principais e por último unha brevísima biografía da autora.
Despois de practicar , subimos a Radio Xuve e coa axuda do profe Javi fixeron a gravación en 3 roldas.
Posteriormente voltamos á biblioteca para facer unha dinámica de cohexión e reflexionar de como podemos sentirnos cando traballamos en equipo, e cando sentimos que estamos sos.
E para finalizar unha pequena "merendola" que había que repoñer forzas!!!
E aquí o resultado da gravación... que organizaron e levaron á práctica en tempo record... |
|||
O pasado luns 14 de marzo, reunímonos por segunda vez, o "Clube de Lectura para Familias e Profesorado"
Desta volta para comentar a nosa primeira lectura: "Golpes de Luz " de Ledicia Costas.
A conclusión xeral é que nos encantou a todas. Gustounos moito por diversos motivos, pero a narración a 3 voces por parte dos 3 protagonistas foi algo no que todas coincidimos. As súas peripecias, experiencias de vida , déronnos para falar moito.
Pareceunos unha novela áxil, unha historia ben contada e que toca moitas realidades, e nalgún momento da historia todas nos sentimos identificadas con algo. Tamén e con todo é unha novela divertida. Falamos moito, compartimos sensacións, tamén definimos aos protagonistas con palabras, e de cada un deles: LUZ
SEBAS
XULIA
Cada unha comentou 3 imaxes ou conceptos que lles evocase o libro , nalgunhas imaxes coincidimos, noutras fomos moi diversas... adxuntamos un documento PDF con esta escolma de imaxes.
E por último fixemos propostas para a elección da nosa seguinte lectura... |
|||
A proposta dende o equipo de biblioteca para esta data foi a elaboración dun libro colaborativo entre todo o alumnado de ED. Primaria.
Ao alumnado de 1º e 2º de ED. Primaria propúxolles que buscasen ( coa axuda das súas familias) un refrán relacionado coas plantas, con sementar, regar, ou os tempos no que facelo.
Para o alumnado de 3º a 6º de ED. Primaria a proposta foi a elaboración dunha ficha informativa , na que falasen dunha planta e os tempos nos que sementala, debuxar o proceso, e os distintos factores que inflúen no seu crecemento ( tamén coa axuda das familias)
Con toda esta información recompilada,( grazas ao profesorado, alumnado e familias) elaboramos un libro ( do que fixemos unha copia, para ter 2 exemplares). O alumnado de ED. Infantil foi o encargado de elaborar as portadas dos mesmos, que proximamente estarán a disposición na sección de consulta da nosa B.E.
Na entrada da nosa biblioteca durante estas dúas semanas, estivo a disposición unha escolma de libros relacionados coa auga, árbore e poesía .
|
|||
Durante o mes de febreiro os nenos e nenas de 5º de ED. Primaria estiveron realizando un traballo de investigación e desenvolvemento, coincidindo co "tema" de Ciencias Naturais sobre as plantas.
Este traballo constou de varias partes: sementeira, observación de campo, investigación e posterior exposición ( mediante todas as canles de información posibles) Durante o proceso , o alumnado foi capaz de traballar "in situ" mediante a manipulación e posta en práctica de todo o proceso: dende que se realizou a sementeira ,ata convertirse nunha planta. Os nenos e nenas, diariamente, apuntaron nun caderno todo o proceso, ilustrando tamén as sensacións que lles producía o que estaban a ver.
Posteriormente, cada un dos grupos de traballo establecidos, elaborou murais e tamén unhas presentacións en formato dixital que expuxeron ao resto dos seus compañeiros. Finalmente , e coincidindo co día internacional da Árbore, o grupo decidiu facer unha pequena exposición para mostrar o seu proxecto a todo o centro educativo.
( Redacción do texto: profe Jose, co-titor de 5º de ED. Primaria)
Aquí vos queda un vídeo recompilatorio do proceso, e das exposicións do alumnado. ( Que foi o que estivo reproducíndose no recuncho onde colocaron a súa exposición)
|
|||
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 8
- 9
- 10
- 11
- 12
- 13
- 14
- 15
- 16
- …
- seguinte ›
- última »