Skip to Content

                              

Actividades

Bibliotecas Escolares (B.E.) e presentación do PDI, Xuve saudable

             O dia 25 de outubro celebramos no colexio o día das bibliotecas. Nesta xornada amosamos ao alumnado o funcionamento da mesma. Ademais os rapaces e rapazas degustaron un delicioso almorzo saudable. Para rematar a xornada o alumnado de 5º e 6º fixo unha representación sobre o proxecto que levaremos a cabo no centro este curso, despois dun duro traballo de investigación ALFIN/ AMI dende as titorías e que ten que ver cos hábitos de vida saudables, o seu nome: "Xuve saudable".

Aquí tedes un pequeno vídeo da recopilación de actividades:

 

CODEWEEK E SAMAIN 2021

O alumnado de 2º de primaria estivo facendo os seus primeiros circuitos en papel con cinta de cobre, leds e pilas, aproveitando a festividade do Samaín para participar na CODEWEEK (Semana Europea da Programación).

Era a primeira vez que utilizaban a cinta de cobre e gustoulles moito. No video podedes ver o resultado do seu traballo.

Contacontos da Sabela

O xoves 5 de xuño tivemos a sorte de contar coa presenza da nosa contacontos favorita: "Sabela" que nos embarcou en aventuras que fixeron despertar a nosa imaxinación, como o conto de "Frederick" de Leo Lionni...

Na galería de imaxes podes observar o ben que o pasamos coa Sabela:

Día internacional da nutrición

O 28 de maio, Día nacional da nutrición, realizamos na biblioteca do centro un relatorio sobre os bos hábitos de alimentación que foi impartido por Lydia Gisselle Almonte, especialista en nutrición e dietética, e Presidenta da ANPA.

Despois do relatorio construímos no patio do cole unha roda dos alimentos con cartolinas de cores e para finalizar a cociñeira, Carmen, preparounos unha deliciosa merenda a base de bocata, froita e iogur.

Todo o alumnado recibiu un tríptico informativo sobre nutrición e unha tatuaxe.

Na seguinte galería de imaxes podedes ver o ben que o pasamos:

 

Letras Galegas 2014

Ides pescudar información sobre o autor homenaxeado nas Letras Galegas de 2014. Unha vez que rematedes podedes realizar as actividades interactivas que se relacionan máis abaixo:

 

  • Webquest elaborada polo noso EDL

  • Actividades en liña para todos os ciclos de Infantil e Primaria do Seminario Galán.

Día internacional do libro 2014

O 23 de abril celebramos no centro o Día Internacional do Libro. Este ano non deu tempo a preparar moitas actividades xa que estamos recén chegados das vacacións de Semana Santa.

A principal actividade foi o obradoiro de banda deseñada que realizamos en todos os cursos e niveis do colexio, tendo como obxectivo final a participación no concurso de banda deseñada que se convocou desde a biblioteca escolar.

Asemade, durante a entrega de premios aos gañadores do concurso, fixemos entrega a todos os participantes dos marcapáxinas que elaborou a Asesoría de bibliotecas para conmemorar esta data tan importante na promoción da lectura e compra de libro.

Nas seguintes imaxes podedes ver aos gañadores da VI edición do concurso de Banda Deseñada.

 

Concurso de banda deseñada

Desde o Equipo de biblioteca e o EDL convócase o VI concurso de Banda deseñada no que poderedes participar todos os membros da comunidade educativa do colexio.

Os traballos realizados poderán presentarse ata o 23 de abril, día do libro. Os mellores cómic recibirán un agasallo na celebración do Día do libro, que este anóserá o 24 de abril.

Con todos os traballos elaboraremos un libro que pasará a formar parte dos fondos da biblioteca e que poderedes pedir en empréstito para consultar.

O formato de presentación deberá axustarse aos seguintes modelos, feitos en formarto  A4 e sentido vertical.

Escola de pais e nais: “A comunicación afectiva e as normas de comportamento.”

ASOCIACIÓN DE NAIS E PAIS (ANPA) E DIRECCIÓN
CEIP Nosa Sra. de Xuvencos Boborás (7-abril- 2014)


O pasado martes, 8 de abril, tivo lugar na biblioteca do centro un novo relatorio da Escola para nais e pais que organizou a ANPA do colexio e contou para esta ocasión coa colaboración da mestra de apoio da Mancomunidade Soraya Fernández Carramale e da psicóloga Inés Meizoso López.

O tema tratado foi: “A comunicación afectiva e as normas de comportamento.”

Faláronos da importancia da comunicación afectiva. Consellos para desenvolver un bo ambiente familiar no fogar.

Informaron, asemade, sobre as normas de hixiene, control de esfínteres, alimentación,soño e tarefas escolares.

Durante a charla os aistentes propuxeron dúbidas que foron atendidas polos relatores.

Damos as grazas á ANPA e ás relatores Soralla e Inés pola realización desta actividade na biblioteca do noso centro.

Galería de imaxes do relatorio

 

VI convivencia de EDL en Boborás: "Coa máxia do galego"

O martes, 25 de marzo, tivo lugar no noso centro a VI convivencia de EDL da comarca do Carballiño, coa participación dos seguintes colexios: CEIP Nosa Sra de Xuvencos; CEIP de Beariz; CEIP Virxe da Pena da Sela do Irixo e CEIP Eulogio Gomez Franqueira de San Amaro.

Durante toda a xornada estivemos acompañados do prestixioso pallaso Tanito, que co seu espectáculo "Sonrisas Máxicas" se encargou de dinamizar a convivencia e de facernos pasar uns momentos inolvidables.

     
     

 

Resultados dos encontrosPola mañá, o alumnado de máis idade participou nos diferentes encontros de fútbol sala que tiveron lugar no pavillón do Concello de Boborás.

Está é unha das actividades deportivas que ten máis éxito entre todo o alumnado dos diferentes centros, tanto feminino como masculino. A pesar do carácter non competitivo que se lle confire a esta actividade, todos queren participar nos diferentes partidos que se programan, aínda que só sexan uns poucos minutos...

Para coñecer os resultados dos diferentes partidos premede na imaxe da esquerda.

 Galería de imaxes da VI Convivencia

Día mundial da poesía 2014

Un mar de poesía no CEIP Nosa Sra de Xuvencos

Como xa ven sendo habitual, celebramos o Día Mundial da poesía no noso centro coa realización de varias actividades que foron organizadas desde a biblioteca e o EDL.

A actividade central foi o obradoiro de poesía que realizamos, en todos os ciclos e etapas do colexio, ao longa das semanas previas a esta data. Como acto final, cada alumno e alumna realizou unha composición poética para presentar a concurso. De todos os traballos presentados os gañadores foron os seguintes:

Con todos os poemas elaboramos un gran cartaz na entrada do centro baixo o lema "Un mar de poesías".

Con todos os traballos realizaremos un libro de poemas que pasará a formar parte dos fondos da biblioteca.

Os poemas gañadores foron recitados polos seus creadores.

Asemade, f¡xemos entrega dos premios aos mellores traballos de banda deseñada realizados co programa Bitstrips durante o mes de marzo:

  1. Alejandro Noia Ferreiro

Con todos os traballos realizamos un libro de cómic que pasa a formar parte dos fondos da biblioteca.

Tamén entregamos os premios aos mellores marcapáxinas que se presentaron ao concurso que organizou a "Libraría Escolma".

  1. Alba Cabaleiro Gómez
  2. María Fernández Sobrado
  3. Álvaro Pérez Filgueira
  4. Naomi Estévez Estévez

 GALERÍA DE IMAXES DA CELEBRACIÓN

Distribuir contido


by Dr. Radut