Na semana seguinte ao 21 de marzo realizamos en todas as aulas talleres de poesía no que participou todo o alumnado do centro.
O equipo de biblioteca encargousse de seleccionar os mellores poemas de cada curso. Os autores dos poemas gañadores recitaron na biblioteca, ante todo o colexio, os seus traballos con gran solemnidade.
Con todos os poemas, elixidos ou non, fixemos un libro que pasa a formar parte dos fondos da biblioteca. Algúns deles serán incluídos no xornal escolar.
Podedes ver máis imaxes na galería do centro