Skip to Content

                              

Actividades

Concurso marcapáxinas Libraría Escolma

Coma en anos anteriores, volvemos a participar no concurso de márcapáxina que organiza a Libraría Escolma do Carballiño, este ano baixo o lema "O mundo do libro e a lectura".

Na seguinte galería de imaxes podedes observar os traballo realizados polo alumnado de 3º ciclo do centro para participar neste concurso.

Escola de pais e nais: Primeiros auxilios

O martes 11 de marzo tivo lugar na biblioteca do centro un novo relatorio, organizado pola ANPA do colexio, no que se abordou o tema de prevención de incendios e de primeiros auxilios e á que asistiu unha gran cantidade de membros da nosa comunidade educativa.

Os membros de Protección Civil do Concello do Carballiño foron os encargados de informarnos como actuar en caso de incendio e de como podemos prevelos. Na segunda parte da sesión abordaron o o tema dos primeiros auxilios e do protocolo a seguir en caso de atoparnos ante unha situación que requira a nosa actuación: infartos, atragantamentos, queimaduras...

Durante o desenvolvemento da sesión os asistentes foron propondo dúbidas aos membros de Protección Civil i eles nos foron indicando as pautas a seguir ante unha situación de emerxencia.

 

GALERÍA DE IMAXES

8 de marzo. Día da Muller traballadora

Hoxe conmemoramos o Día Internacional da Muller Traballadora con dous días de retraso.
 
O nacemento do Día Internacional da Muller, ao contrario do que se pensaba, non radica nun acontecemento illado, senón que debemos situalo nun contexto histórico e ideolóxico moito máis amplo.

CARMÉ LÓPEZ (Mujer actual)

Esta é unha celebración que as Nacións Unidas declararon no ano 1978, pero que ten a súa orixe no ano 1908 en Nova York.
 
Recursos cos que traballaremos no aula:
  • Unidade didáctica do EDL do cole.
  • Libro informaivo da nosa web con máis recursos educativos.
  • Formulario para elaborar os estadísticos da unidadde didáctica. 
  • Resultados da enquisa sobra as tarefas da casa.
  • Vídeos para comentar:
    - Superlola
    - Una feliz catástrofe.
  • En asemblea ver xuntos os vídeos. Despois organizarse en grupos e contestar preguntas como:
    - Como se suscita o papel das mozas nestes contos?
    - E o dos mozos?
    - Na túa vida cotiá, atopas xente que se parece a estes personaxes? Pon exemplos.
    - Facer algunha dramatización dunha escena parecida ás que aparecen nos contos.

Primeiros auxilios e accidentes domésticos

A ANPA e a Dirección do colexio, infórmalles e invítalles a asistir á segunda charla coloquio da Escola para nais e pais que se celebrará o próximo martes día 11 de marzo, ás 16:15, na biblioteca do CEIP Nosa Sra. de Xuvencos.

Nesta ocasión contaremos coa presenza dun membro de Protección Civil para tratar o tema: “Primeiros auxilios e accidentes domésticos: como actuar”.

Por parte do Concello acompañaranos a mestra de apoio e por parte da Mancomunidade a psicóloga, para responder a calquera dúbida que teñamos sobre a educación dos nosos fillos.

Esperamos, coma sempre, a vosa colaboración e asistencia.

Lidya Almonte (Presidente ANPA)
María Sánchez Seco,Directora do Centro.

San Valentín 2014

 
O día de San Valentín realizamos as seguintes actividades:

Entroido 2014

Un ano máis imos celebrar o entroido no cole de Boborás.

Coma o ano pasado, neste libro web iremos reflictindo todas as novas en relación á celebración do entroido 2014 no noso centro.

Este ano tamén cumpriremos as mandas que o meco nos vai marcando para cada día da semana.

Volveremos a realizar o desfile de entroido o xoves de comadres e a el está invitada toda a comunidade educativa. Ao remate teremos a tradicional chocolatada.

O concurso de disfraces volverá a ser o venres, como despedida do entroido2014.

Durante toda a semana cumpriremos as mandas do meco.

Animámosvos a participar a todas e todos!!

Feliz entroido!!

Os perigos das redes sociais

O xoves 20 de febreiro tivemos na biblioteca do cole un obradoiro sobre os perigos das redes sociais que foi impartido por membros da Garda Civil dentro do programa Plan Director.

O relator facilitounos información de como debemos proceder para acceder de forma máis segura ás redes sociais nas que nos conectamos no tempo de lecer, nas nosas casas.

Aprendemos que cando nos atopemos ante un problema de acoso na rede, ou de calquer outro tipo, debemos comunicarllo inmediatamente a un adulto: mestre, pai, nai... sen medo a que nos repriman xa que podemos estar ante un problema moi serio.

Asemade, reflexionamos a problemática que pode chegar a causar o ciberbullying nos nenos e neas da nosa idade e que está tipificada como un delito penal.

 

Escola de pais e nais: "Abordaxe da febre en pediatría"

O martes 11 de febreiro tivo lugar na biblioteca do colexio o primeiro relatorio informativo/educacional correspondente á escola de pais e nais que organiza a ANPA do colexio e que está dirixido a todos os membros da comunidade educativa.

Nesta primeira sesión, tivemos a honra de contar coa presenza do doutor Villanueva, médico pediatra, que nos informou de como debemos actuar e proceder cando nos atopemos con episodios de febre nos nosos fillos e fillas.

Ao final da charla, o doutor resolveu as múltiples dúbidas que o numeroso público asistente lle preguntou.

Desde aquí queremos expresar o noso agradecemento a todos e todas as participantes neste evento, e en especial ao Dr. Villanueva.

 

Contacontos de Kalandraka

O luns, 3 de febreiro, viñeron ao noso colexio os pintacontos Olalla e Marc Taeger. Olaia ía contándonos contos e Marc ilustrábanos con debuxos o que pasaba.

Primeiro presentáronse e de seguido comezaron a contar contos. O primeiro libro contaba o que levaba Lorena na seu abrigo: un elefante, unha camisa, pixamas, paus, sabas...de todo. De seguido nos contou a historia de “O abrigo máxico”, conto sobre un neno que pola mañá non atopaba ao seu pai e a súa nai mandoulle levar un doce a súa avoa. O neno foi polo camiño corto mentres que tiña que haber ido polo camiño longo. No camiño atopou a un  neno que quería vender unha vaca; unha nena de rizos dourados que quería comer o pastel; un chuvasqueiro vermello e uns nenos que perderan aos seus pais. Cando chegou á casa da súa avoa atopou ao seu pai e aí acabou o conto. Marc fixo un debuxo sobre todo o que pasou neste conto.

A continuación contounos  o conto “Boas noites señor bufo” . Nesta historia o bufo pretendía durmir de día pero os estorniños, pombas e paporroibos...non lle deixaban. Cando chegou a noite o bufo asustounos a todos e desde aquel día xa puido descansar polo día.

O último conto foi sobre o libro  “A verdadeira historia de Carapuchiña Vermella” do que é autor Marc Taeger. Nesta historia Marc en vez de debuxar unha casa, debuxou un alpendre chino e un lobo dragón chino...dixo que se confundira porque no seu país, Suíza, non existe o “eñe”, e en vez de entender Carapuchiña, entendeu Carapuchina.

Gustounos moito e queremos que volva outra vez...

Nova feita por Iván e Alba

 

Día da Paz e non Violencia 2014

Durante a semana do 30 de xaneiro realizamos no centro diversas actividades encamiñadas a conmemorar o Día da Paz e non violencia, tendo presentes que a Paz non é "cousa" dun só día xa que debe estar presente nas nosas actuacións ao longo de todo o ano.

Na seguinte galería de imaxes podedes observar aos verdadeiros protagonistas desta conmemoración.

MANIFESTO POLA PAZ DE ED. INFANTIL

"CAMPÁS POLA PAZ" INTERPRETADA POR 1º CICLO DE ED. PRIMARIA

MANIFESTO POLA PAZ DE 2º CICLO DE ED. PRIMARIA

CONSELLOS DE FACUNDO

 

"LIGHT A CANDLE FOR PEACE"

LOS NIÑOS QUEREMOS LA PAZ

COLOR ESPERANZA

GUERRA DE GLOBOS

 

Distribuir contido


by Dr. Radut