O pasado día 20 de Outubro os alumnos do colexio de Boborás recibiron unha visita moi especial, pois alguén que se facía chamar O Atrapacontos ía facernos pasar uns intres moi agradables grazas os seus contos solidarios.
Comezamos a actividade cos máis pequenos: os nenos de infantil es os do primeiro ciclo; despois continuarían os do segundo e terceiro ciclo; con eles dirixímonos á aula de música e de súpeto alí estaba el. Era un home forte, de pelo castaño e barba perfectamente coidada. Chamábase Anxo e contounos que para vir ata o colexio collera a bicicleta, pero non estaba só… con el tamén trouxo os seus monicreques, uns simpáticos bonecos que lle axudarían pouco a pouco a introducir aos nenos e as nenas no seu máxico mundo.
Os monicreques tamén tiñan a súa propia casa, un carriño chamado o lar dos contos . Anxo comezou ensinándolles a figura coa que cada un deles na casa podían tamén atrapar os seus propios contos. Explicoulles que debía ser unha árbore de madeira cun buraco no medio e unhas redes atravesándoo para que cando na casa abriran as ventás os contos quedaran presos nas redes da árbore.
Os nenos estiveron moi atentos ás explicacións de Anxo e por suposto aos contos e as cantigas que lles facían rir a cada intre, utilizaron os monicreques eles mesmos nalgúns intres facendo rir aos demais compañeiros, noutros vían como Anxo vivía as súas historias a través deles.
Pero o atrapacontos non só contaba historias máxicas, se non que lles ensinou multitude de cousas da vida cotiá entre moitas outras: que una árbore dános vida por iso non debemos deixala morrer queimando os montes, díxonos como plantar una árbore, nunha bota que xa non usemos para que vexamos día a día como crece, recordándolles que grazas a elas nós respiramos e que a auga e moi necesaria por iso non debemos desperdiciala.
Entre conto e conto fixo gala dun gran sentido do humor facendo levantar a algún dos que se ofreceron voluntarios para que estes tamén participaran activamente collendo cada neno un boneco e falando a través del. Fíxoos bailar, xogaron e fixeron algunhas trasnadas como coller un pouco de auga e mollar aos mestres.
Os meniños rían sen parar cos contos de Anxo. Pero non so o pasaron ben se non que aprederon que non hai nada máis bonito que a liberdade das persoas, que ten que haber paz e amor entre todos nós no mundo, que ver a ilusión reflectida nas caras dos nenos e o máis fermoso, que hai que ser tolerantes cos demais, e que os insultos non os queremos entre nós na vida cotiá.
Recordounos tamén a través desta viaxe máxica polo mundo dos contos que arredor do mundo hai outras persoas diferentes a nós xa que teñen unha cor de pel diferente á nosa pero que tamén témolos que aceptar e respectar, que outros nenos non teñen tanta sorte coma nós e non poden ir ao colexio porque teñen que traballar para poder comer.
Trasladounos entre historias dende a nosa propia terra galega ata ao deserto de África onde aprenderon como vestían co velo as meniñas de alá, facéndolle saber así aos nenos que hai que respectar a todos sexa cal sexa a súa forma de pensar, de vestir ou mesmo a súa relixión.
O tempo pasou voando entre baile, contos máxicos e risas e o atrapacontos despediuse deles xa que outros nenos cas mesmas ganas e ca mesma ilusión cos do noso colexio estábano a esperar noutro. Gardou os seus monicreques que sempre o acompañan no seu carriño do lar dos contos e despediuse de todos nós cunha canción, con moita tenrura e cun gran sorriso ata a próxima visita.
Lun | Mar | Mér | Xov | Ven | Sáb | Dom |
---|---|---|---|---|---|---|
1 | 2 | 3 | ||||
4 | 5 | 6 | 7 | 8 | 9 | 10 |
11 | 12 | 13 | 14 | 15 | 16 | 17 |
18 | 19 | 20 | 21 | 22 | 23 | 24 |
25 | 26 | 27 | 28 | 29 | 30 |