Para celebrar o día das bibliotecas escolares realizamos as seguintes actividades:
- "Pegadas". Fixemos un camiño de pegadas polos corredores do cole en dirección á biblioteca nas que figuran libros que nos deixaron pegada.
- Cofeccionamos os marcapáxinas que se utilizan para marcar nos andeis o lugar no que collimos os libros.
- Aos máis cativos entregóuselle a mochila da Hora de ler que nos facilitou a Asesoría de Bibliotecas de Galiza e que utilizarán para levar os libros en préstamo ás súas casas.
- Durante estas semanas realizáronse varias sesión de formación de usuarios de biblioteca con todos os alumnos do centro.
Ver reportaxe fotográfica