Blog de biblioteca
O "lema" que este curso vai acompañar ás bibliotecas escolares é "ESCRIBIR A BIBLIOTECA ESCOLAR".
Deixamos a continuación o texto que acompaña á publicación do artigo explicativo do mesmo, recollido do blogue das bibliotecas escolares:
Ver coa imaxinación ou volver ver por medio da memoria é o patrimonio da escritura.
A Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades publica o lema e o cartel para as bibliotecas escolares de Galicia de cara a este curso 2022/2023. O lema elixido, ESCRIBIR A BIBLIOTECA ESCOLAR, quere poñer o foco en todas as formas de escrita que cuida e ofrece a biblioteca escolar . A escrita como medio de comunicación, expresión, creación, información e coñecemento.
A imaxe que interpreta este lema proposto para o curso 2022-2023 é obra da calígrafa, deseñadora gráfica e mestra de talleres de caligrafía e lettering Belén L. Méndez coñecida como nacu, que leva xa un tempo colaborando coas bibliotecas escolares en obradoiros.
A biblioteca escolar ofrece oportunidades e recursos para escribir e escribirnos:
- Escribir para saber, para aprender.
- Escribir para comunicar e comunicarnos.
- Escribir relatos, historias.
- Escribirnos, coñecernos a través da escrita: diarios, axendas, biografía...
- Escribir xuntos en relatos colectivos, encadeados, libros viaxeiros, wikis…
- Escrita creativa: microrrelatos, haikus, collages, caligrafía…
- Escribir para deixar pegada e preservar a memoria individual e colectiva.
- Escribir para incluír e visibilizar.
- Traducir.
- Reescribir, versionar e adaptar.
- Escribir no audiovisual: guións, escaletas.
- Escribir para estimular a creación.
Escribir para ser (lido), para que o lector e a lectora dea vida ao libro, ao escrito.
|
|||
Dende o equipo de Biblioteca en coordinación co de Dinamización da Lingua Galega, convocamos un concurso de relato terrorífico...
|
|||
O pasado luns día 20 foi a derradeira reunión do clube de lectura do alumnado de 6º de ED. Primaria.
Tivemos que facer a reunión na aula de 6º, xa que a nosa biblioteca estaba en proceso de “empaquetar” todo para comezar as obras...
Para esta última reunión tiveron dúas lecturas : “As músicas viaxeiras” de Ramón Caride e “Maxia de Pedra” de Xabier Domínguez Pérez
Nesta reunión falamos de cada un dos libros, e despois buscamos as similitudes entre ambos: as dúas protagonistas eran femininas, nas dúas había “elementos máxicos “ e as dúas eran adolescentes.
Con respecto ás “Músicas viaxeiras” deunos a debate pola idade da protagonista, e porque quizais cousas que xa criamos superadas... continúan acontecendo, sobre matrimonios concertados e rematamos relacionándoo coa triste noticia do asasinato de dúas rapazas en Pakistán ( residentes en España) por rexeitar os seus matrimonios concertados.
Para despedir fixemos un xogo de concentración e por último a agardada “merendola” e despois un pequeno agasallo para cada un dos participantes.
|
|||
Na biblioteca ademais de ler, e buscar información, podemos experimentar e tamén XOGAR. O xogo é unha actividade moi importante para fomentar a creatividade do noso alumnado, e o xogo en pequenos grupos fomenta moitas cualidades como pode ser a imaxinación, a creación , curiosidade, plasticidade... estratexias e todo dende un punto de vista lúdico.
Durante o curso en diversos momentos desfrutamos de sesións de xogo na nosa B.E , como por exemplo o alumnado de ED. Infantil con bloques lóxicos ou con KAPLA que lles gusta moito.
Xogar coas tablets, con APPs axeitadas para as idades correspondentes e en pequeno grupo tamén supón un estímulo interesante.
Xogos como DIXIT fomentan a imaxinación e a empatía e o que podemos coñecer dos demais, ao tempo que nos divertimos.
Outro dos xogos que ten moito éxito é o de VIRUS, que ademais de mostrar a estratexia ou cooperación dos xogadores , refréscanos as distintas partes do corpo, e danos pé a falar por exemplo da COVID.
Ti no es de aquí? é un trivial adaptado a idade escolar e que supón unha viaxe de aprendizaxe e coñecementos relacionados coa nosa cultura e idioma.
E mención especial merecen todos os xogos de Brazolinda que temos na nosa biblioteca, distribuídos por idades de elaborados con moito agarimo e feitos a man.
Porque o xogo é unha parte importantísima ( e divertida) para desenvolver a creatividade e outras estratexias no noso alumnado ao tempo que se divirten e desfrutan...
|
|||
No primeiro trimestre o alumnado de ED. Infantil (en pequenos grupos) ademais de utilizar a biblioteca para ver contos e para coller os libros para levar á casa e ler en familia, tamén tivo varias sesións para traballar as "cores" dun xeito divertido: coa mesa de luz.
Partindo do branco, fixeron series, agrupamentos e pequenos puzzles coas pezas de cores ( observando así as distintas figuras xeométricas) que oh! sorpresa!!, cambiaban segundo a cor de base que tivesen.
Foi unha experiencia moi divertida e interesante, que lles gustou moitísmo!!!
|
|||
Neste trimestre o alumnado de ED. Infantil estivo xogando cunha placa chamada "makey makey" ( un elemento moi interesante para traballar a "pre-robótica") que nos permitiu facer que tocabamos os "bongos" con kiwis ou tocar un pequeno piano de cores e facer música.
Tamén se divertiron simulando que tocaban unha batería ou algún que outro instrumento musical ao mesmo tempo que traballabamos a súa motricidade fina e a atención.
Foi unha experiencia divertida e interesante na que puideron ver unha das moitas funcionalidades que ten esta plaquiña.
Aquí quedan algunhas fotos do alumnado en acción.
|
|||
Durante este curso na clase de 2º de ED. Primaria, na asignatura de valores, estivemos traballando cos Escornabots. Algunhas das actividades realizadas foron:
- Que sentimos cando…? Esta actividade consistía en ler unha situación, por exemplo que sentes cando tes boa nota nun exame ou cando te castigan sen ter a culpa por algo… E levar o Escarnabot ata a cuadrícula coa emoción correspondente.
- A onde vai cada residuo? Neste caso cada alumno/a tiña que levar diferentes residuos ao contedor correspondente.
Foron actividades nas que o alumnado participou activamente na súa realización e que nos valeron para reflexionar sobre diferentes cuestións. (Redacción do texto: profe Asunción) |
|||
Deixamos un pequeno vídeo con algunhas recomendacións lectoras para o verán ( clasificadas por idades)
Adxuntamos tamén un documento PDF das mesmas , para velas con calma (e se premedes en cada unha das portadas dos libros levaravos á súa ficha técnica)
BOA LECTURA E BO VERÁN.
|
|||
Presentámosvos os productos finais, os programas de radio elaborados polo alumnado de quinto e de sexto de ED. Primaria durante as 3 sesións de traballo con Iago Gordillo.
Agardamos que os desfrutedes, e parabéns por un traballo tan bo.
|
|||
O xoves 5 de maio de 2022 na clase de 6º tivemos un obradoiro para aprender a crear videoxogos. Primeiro fixemos un repaso pola historia dos videoxogos: cando apareceron os primeiros, como eran, as primeiras videoconsolas e os pasos que tiñamos que seguir para deseñar o noso videoxogo. Unha vez que isto nos quedou claro era o momento para pensar no que queriamos crear e como o iamos deseñar, entre toda a clase fixemos unha chuvia de ideas, eleximos o que máis nos gustou, e se puidese facer no tempo que tiñamos, e a crear. Para crealo utilizamos unha páxina Web que se chama "MakeCodeArcade". É unha páxina na que podemos ir programando o que queremos que faga o noso videoxogo, eleximos personaxes, fondo… Era un programa moi parecido a Scratch. Tiñas que poñer carpetiñas e códigos... Creamos todos un mesmo videoxogo pero con diferentes variantes, por exemplo cada un elexiu as súas personaxes e paisaxes. Cando acabamos todos de facer o videoxogo déronnos unhas maquiniñas pequenas para enchufalas no ordenador portátil. Cada un probou o seu xogo e tamén o dos nosos compañeiros/as. Foi moi divertido esperamos volvelo repetir. (Texto elaborado polo alumno ADRIÁN SOUTO GONZÁLEZ)
|
|||
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 6
- 7
- 8
- 9
- 10
- 11
- 12
- 13
- 14
- …
- seguinte ›
- última »