Skip to Content

                              

CLUBE DE LECTURA

Derradeira reunión do Clube de Lectura de 6º de ED. Primaria.

 

O pasado luns día 20 foi a derradeira reunión do clube de lectura do alumnado de 6º de ED. Primaria.

 

Tivemos que facer a reunión na aula de 6º, xa que a nosa biblioteca estaba en proceso de “empaquetar” todo para comezar as obras...

 

Para esta última reunión tiveron dúas lecturas : “As músicas viaxeiras” de Ramón Caride e “Maxia de Pedra” de Xabier Domínguez Pérez

 

Nesta reunión falamos de cada un dos libros, e despois buscamos as similitudes entre ambos: as dúas protagonistas eran femininas, nas dúas había “elementos máxicos “ e as dúas eran adolescentes.

 

Con respecto ás “Músicas viaxeiras” deunos a debate pola idade da protagonista, e porque quizais cousas que xa criamos superadas... continúan acontecendo, sobre matrimonios concertados e rematamos relacionándoo coa triste noticia do asasinato de dúas rapazas en Pakistán ( residentes en España) por rexeitar os seus matrimonios concertados.

 

Para despedir fixemos un xogo de concentración e por último a agardada “merendola” e despois un pequeno agasallo para cada un dos participantes.

 

 

 

REUNIÓN DO CLUBE DE LECTURA DE 6º DE ED. PRIMARIA: MANGA

Hoxe tivemos a penúltima reunión do clube de lectura para alumnado de 6º de ED. Primaria. 

(Cando lles propuxemos a idea de ter un clube de lectura, unha das súas "condicións"  foi que 1 dos libros fose MANGA) 

 

Para comezar, recordamos esta magnífica presentación que fixo hai un par de cursos a profe Arantxa, para iniciar ao mundo do manga:

COMO LEO MANGA? (premede no título para ver a presentación) 

 

 

 

Cada quen elexiu un libro, ou unha "saga", foron distintas lecturas, co único fío conductor do formato: MANGA. 

 

Despois cada un dos integrantes explicou  ante os demais, coa axuda  dun "Canva" (que cada quen elaborou individualmente) para expoñer aos compañeiros e compañeiras:

-De que ía a historia ( houbo algún que lle pareceu que facían demasiados "spoiler", para cando os fosen ler... )

-Falaron dos e das protagonistas, puxéronnos en contexto ( tamén nos explicaron as súas vestimentas, ou as cores, significados )

-Idade para a que eles e elas recomendarían a lectura. 

 

Foi unha exposición moi interesante, na que estiveron moi atentos e atentas ao que comentaban os seus compañeiros.

 

 

 

 

 

 

E despois de que todos e todas explicaran ( tamén houbo quenda de preguntas) as súas lecturas, tivemos unha merendola na biblioteca que lles encantou!! 

 

Por último, e para rematar o Clube de Lectura para o alumnado deste curso, compartímoslles a última lectura ( que en realidade son 2 libros)

- "As músicas viaxeiras" de Ramón Caride.

-"Maxia de pedra" de Alba De Evan e Xabier Domínguez. 

 

 

FOI UNHA TARDE MOI INTERESANTE!! 

REUNIÓN DO CLUBE DE LECTURA DE 6º PARA FALAR DE "PLAN DE RESCATE"

Hoxe tivemos a segunda reunión do clube de lectura de 6º de ED. Primaria, para falar do libro "Plan de Rescate" de Antía Yáñez. 

O primeiro que fixemos foi falar do libro, contar un pouco a historia e os momentos que máis lles chamaron a atención. 

Despois desta pequena reflexión fixeron 3 equipos e redactaron un texto breve centrándose en 3 bloques: breve resumo da historia, falar un pouco dos protagonistas principais e por último unha brevísima biografía da autora.

 

Despois de practicar , subimos a Radio Xuve e coa axuda do profe Javi fixeron a gravación en 3 roldas. 

 

 

 

 

 

Posteriormente voltamos á biblioteca para facer unha dinámica de cohexión e reflexionar de como podemos sentirnos cando traballamos en equipo, e cando sentimos que estamos sos. 

 

E para finalizar unha pequena "merendola" que había que repoñer forzas!!!

 

 

 

 

E aquí o resultado da gravación... que organizaron e levaron á práctica en tempo record...

2ª REUNIÓN CLUBE DE LECTURA FAMILIAS E PROFESORADO

O pasado luns 14 de marzo, reunímonos por segunda vez, o "Clube de Lectura para Familias e Profesorado"

 

Desta volta para comentar a nosa primeira lectura: "Golpes de Luz " de Ledicia Costas.

 

A conclusión xeral é que nos encantou a todas. Gustounos moito por diversos motivos, pero a narración a 3 voces por parte dos 3 protagonistas foi algo no que todas coincidimos. As súas peripecias, experiencias de vida , déronnos para falar moito. 

 

Pareceunos unha novela áxil, unha historia ben contada e que toca moitas realidades, e nalgún momento da historia todas nos sentimos identificadas con algo. Tamén e con todo é unha novela divertida.

Falamos moito, compartimos sensacións, tamén definimos aos protagonistas con palabras, e  de cada un deles: 

LUZ 

 

SEBAS 

 

XULIA 

 

 

Cada unha comentou 3 imaxes ou conceptos que lles evocase o libro , nalgunhas imaxes coincidimos, noutras fomos moi diversas... adxuntamos un documento PDF con esta escolma de imaxes.

 

 

E por último  fixemos propostas para a elección da nosa seguinte lectura... 

PRIMEIRA REUNIÓN DO CLUBE DE LECTURA DE 6º DE ED. PRIMARIA

 O pasado luns día 20 de decembro tivo lugar a primeira reunión do CLUBE DE LECTURA do alumnado de 6º de ED. Primaria.

 

Autodenomináronse os “Enanos come libros” e deseñaron o seu propio carné do clube.

 

 

A primeira lectura foi banda deseñada en galego, unha lectura sinxela para comezar con ánimo: “Baroña ou Morte” o primeiro da serie “Os Barbanzons” de Pepe Carreiro.

 

Ademais da lectura, investigaron sobre os Castros e aprenderon sobre a súa cultura e costumes. ( xa que o libro está inspirado no Castro de Baroña).

 

 

 Para esta primeira reunión pareceunos interesante ir visitar o Castro de Cameixa ( que está preto do cole  na parroquia de Cameixa, no Concello de Boborás)

 

A idea era ir ata o Castro, velo e facer alí a reflexión sobre o libro e “merendar” pero o tempo non axudou moito, co que decidiuse ir camiñando dende o cole, visitar o Castro e voltar ao centro para facer a reflexión na biblioteca e merendar alí ( por se a chuvia facía acto de presenza)

 

 

A titora de sexto curso e mais a coordinadora do equipo de biblioteca acompañaron á clase, na andaina, visita e na posterior reflexión sobre o libro.

 

E despois de todo isto, unha merecidísima merendola.

 

Deixámosovos unhas poucas fotos do proceso!!

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut