Skip to Content

                              

Escribir a biblioteca escolar...

 

 

O "lema" que este curso vai acompañar ás bibliotecas escolares é "ESCRIBIR A BIBLIOTECA ESCOLAR".

 

Deixamos a continuación o texto que acompaña á publicación do artigo explicativo do mesmo, recollido do blogue das bibliotecas escolares:

 

Ver coa imaxinación ou volver ver por medio da memoria é o patrimonio da escritura. 

 

 

A Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional  e Universidades publica o lema e o cartel para as bibliotecas escolares de Galicia de cara a este curso 2022/2023. O lema elixido, ESCRIBIR A BIBLIOTECA ESCOLAR, quere poñer o foco en todas as formas de escrita que cuida e ofrece a biblioteca escolar . A escrita como medio de comunicación, expresión, creación, información e coñecemento.

 

 
 
A imaxe que interpreta este lema proposto para o curso 2022-2023 é obra da calígrafa, deseñadora gráfica e mestra de talleres de caligrafía e lettering Belén L. Méndez coñecida como nacu, que leva xa un tempo colaborando coas bibliotecas escolares en  obradoiros.

 

A biblioteca escolar ofrece oportunidades e recursos para escribir e escribirnos:
 
- Escribir para saber, para aprender.

 

- Escribir para comunicar e comunicarnos.

 

- Escribir relatos, historias.

 

- Escribirnos, coñecernos a través da escrita: diarios, axendas,  biografía...

 

- Escribir xuntos en relatos colectivos, encadeados, libros viaxeiros, wikis…

 

- Escrita creativa: microrrelatos, haikus, collages, caligrafía…

 

- Escribir para deixar pegada e preservar a memoria individual e colectiva.

 

- Escribir para incluír e visibilizar.

 

- Traducir.

 

- Reescribir, versionar e adaptar.

 

- Escribir no audiovisual: guións, escaletas.

 

- Escribir para  estimular a creación.

 

Escribir para ser (lido), para que o lector e a lectora dea vida ao libro, ao escrito.

 



blog | by Dr. Radut