Blog de biblioteca

FAMILIAS QUE CONTAN

E chegaron 2 contos máis, desta volta , Vanessa, a nai de Adrián da clase de 5 anos fíxonos un "contacontos" dobre.

Moitísimas grazas a Vanessa polo seu tempo e implicación.

 Agardamos que vos gusten tanto coma a nós!

 

En primeiro lugar, un clásico do Nadal que nunca pasa de "moda" ( e tamén unha das recomendacións lectoras de Nadal para o alumnado de ED. Infantil) "Cando Martiño tivo ganas de mexar na noite de Reis" 

 

 

E en segundo lugar, esta historia tan orixinal: "O principiño e Adrián".

 

MOITÍSIMAS GRAZAS!!!!

PROGRAMA DE RADIO PARA RADIO VOZ

O pasado venres día 16 de decembro tivemos a sorte de contar con dúas locutoras de Radio Voz dentro dun novo programa que leva a cabo a emisora en colaboración coa Asesoría de Bibliotecas Escolares e os centros  participantes no programa "Radio na Biblio" 

 

En primeiro lugar tivemos a sorte de que nos desen unha pequena "charla" sobre a radio e o seu funcionamento a todo o alumnado de ED. Primaria. 

 

 

Posteriormente o alumnado de 5º e 6º de ED. Primaria cos consellos de Antía e mais a súa compañeira fixeron a gravación dun programa de radio ( que elaboraron, ensaiaron, guionizaron e fixeron a "escaleta"  previamente) co seu asesoramento.

Aprendendo algunhas cousiñas novas.

Moitas grazas ás compañeiras de Radio Voz, e aquí vos queda o programa que foi emitido en directo , e estamos a espera de que o "colguen" no seu espazo adicado a "RADIO NA BIBLIO" na súa páxina web. 

 

 

 

Algunhas fotos do momento gravación:

 

 

 

 

CONTACONTOS POR PARTE DAS FAMILIAS: NADAL

Hoxe tivemos a visita de Ana, a nai de Antón ( da clase de 5 anos) que nos veu contar: "Cando Martiño tivo ganas de mexar a noite de Reis"  ao alumnado de ED. Infantil e 1º de ED. Primaria.

 Moitas grazas a Ana por achegarse ao cole e compartir con nós o seu tempo!!! 

 

Ademais Beatriz, a nai de Xermán , da clase de 1º de ED. Primaria fíxonos chegar dous contos moi propios do Nadal, que nos contou coa axuda do seu fillo.

Agardamos que os desfrutedes tanto coma nós.

 

 

 

 

 

RECOMENDACIÓNS LECTORAS PARA NADAL

Aquí quedan as recomendacións lectoras, elaboradas polo profesorado do centro, para este Nadal.

Bo Nadal e boa lectura !!!

 

 

Tamén as adxuntamos en formato PDF para que as vexades con máis detalle.

Se premedes na portada do libro levaravos á súa ficha técnica. 

CONCURSO DE POSTAIS DE NADAL : RESPOSTAS

Cando convocamos o concurso de postais de Nadal, no centro quedan as "gañadoras", e despois compartimos a creatividade do noso alumnado e as súas familias pola contorna, enviándoas a centros de "maiores"; ao Concello, a outros centros educativos, a institucións representativas, ao centro de saúde , etc etc..

 

Ás veces recibimos respostas ...

 

Aquí tedes a respostas que nos envían dende a Residencia San Antonio de Beariz.

E ademais as postais que compartimos con eles e elas, penduradas da súa árbore de Nadal. 

 

 

E este vídeo chulísimo que compartiron con nós como "agradecemento".

 

 

NOVEMBRO: MES DA CIENCIA EN GALEGO

Novembro foi o " mes da ciencia en galego". e así, na páxina da Asesoría de Bibliotecas Escolares de Galicia" puidemos atopar este texto:

 

"A ciencia está chea de momentos épicos coma este. Coñecelos e transmitilos é un deber no que todos, non soamente os que somos científicos, debemos participar. Amigos: temos unha historia da ciencia tan rica como descoñecida. Cando leades unha historia coma esta, facédea vosa e transmitídea, porque cada vez que a contedes estaredes sementando a curiosidade pola ciencia e contribuiredes a facer medrar no noso pobo unha cultura científica moi necesaria, que nos permitirá avanzar como sociedade e nos fará máis libres."  José Tubío

 

No centro fixemos diversas actividades a nivel aula, ademais nalgúns dos recreos do mes de novembro houbo "experimentos" destinados ao alumnado de ED. Infantil, de 3º e 4º e 5º e 6º de ED. Primaria.

Aquí vos quedan unhas poucas fotos dos experimentos

 

 

CONCURSO DE POSTAIS DE NADAL

Como xa é tradicional nos últiimos cursos , dende os equipos de Biblioteca e Dinamización da Lingua Galega, convocamos o concurso de postais de Nadal.

 

3 DE DECEMBRO: DÍA INTERNACIONAL DAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE

 

O pasado venres día 2 tivemos dúas actividades para visibilizar con respecto á DISCAPACIDADE.

( Xa que o 3 de decembro é o DÍA INTERNACIONAL DAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE

 

Por unha banda, e para o alumnado máis pequeno do centro, SANDRA, a nai de Iria preparou 2 contos con moita intención e sensibilidade.

 

 

Para o alumnado da aula mixta de 3 e 4 anos, contoulles "O porquiño Azul" , unha historia que trata sobre a diversidade, e posteriormente fixeron un "porquiño" da cor que quixeron.

 

 

 

Para o aumnado de 5 anos e 1º de ED. Primaria o conto escollido foi " El libro negro de los colores".

Mentres lles contaba o conto, deulles unha máscara para tapar os ollos e tocar o libro,, sentir os relevos, e tamén a escritura en braille 

Despois disto, diversas actividades de estimulación sensorial: tomar alimentos e adiviñar que eran cos ollos pechados, tocar elementos e tentar adiviñar, polo tacto, polo olfacto e tamén pasaron pola emisora de Radio Xuve para escoitar distintos sons, e ver se eran quen de adiviñar a súa orixe.

E como actividade final , trouxo un modelo para que puidesen escribir o seu propio nome en "braille". 

 

 

Queremos agradecer a Sandra, o seu tempo, esforzo e a preparación destas dúas actividades tan interesantes, visibilizadoras  e completas.  MOITÍSIMA GRAZAS!!!

 

 

 

A outra actividade do dia, para visibilizar, e concienciar ao noso alumando fo a visita ó centro dunha pequena representación de ASPADISI

Esta actividade estaba dirixida ao alumnado de 2º a 6º de ED. Primaria. 

Primeiramente falaron da súa historia ,da entidade ,despois tamén houbo dúas persoas que contaron a súa "experiencia de vida",e finalmente compartiron con nós todas as actividades que fan e materiais artesanais que elaboran.

Foi unha experiencia moi moi interesante e enriquecedora.

Para rematar con este día tan emotivo e inspirador, na hora do recreo as persoas de ASPADISI compartiron con nós os seus "xogos populares", ( elaborados en diversos materias, entre eles a madeira por eles mesmos) 

 

Queremos agradecer ás persoas de ASPADISI que se achegaron ao centro, compartiron o seu tempo con nós e enriqueceron as nosas percepcións dun xeito marabilloso.

 

      

 

25N: MANIFESTACIÓN

Os equipos de Dinamización da Lingua Galega e Biblioteca ( coa colaboración inestimable do equipo de Actividades Complementarias e Extraescolares) decidiron convocar unha manifestación/camiñada ata o Concello de Boborás no 25N.

Aquí tedes o cartaz que se difundiu con motivo da mesma:

 

 

Cada unha das aulas preparou a cartelería, escribiu cartaces, consignas, frases, e mostrou a súa arte e creatividade para ir ben equipados e equipadas.

 

Nas aulas de 4º e 6º de ED. Primaria, ademais, coa axuda do profe Michel prepararon os materiais para deleitarnos cunha "batucada" que foi a banda sonora da nosa saída. Con materiais de refugallo e eles mesmos decoraron os seus instrumentos.

 

Queremos agradecer tamén ao Concello de Boborás por cedernos as súas instalacións para que o alumnado do terceiro ciclo saíse ao " balcón" a compartir os seus pensamentos e consignas.

Agradecer tamén ás familias que se achegaron e nos acompañaron na nosa andaina. 

E con todo, que o tempo acompañou acó vos quedan unhas poucas imaxes do evento:

 

 

Por outra banda, o profe Óscar, ademais de facer a reportaxe gráfica do evento, tamén recompilou os cartaces elaborados polo alumnado para que se puidesen apreciar con maior claridade.

 

 

Queremos agradecer á toda a Comunidade Educativa, e a todas as persoas que se uniron, ou colaboraron con nós nesta data. GRAZAS 

25 DE NOVEMBRO:Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra a Muller.

OS EQUIPOS DE BIBLIOTECA E DINAMIZACIÓN DA LINGUA PROPOÑEN: UNHA CAMIÑADA VIOLETA E REIVINDICATIVA O VINDEIRO VENRES DÍA 25 ( SE O TEMPO O PERMITE) POR BOBORÁS ATA O CONCELLO. ÁS 13:00 HORAS POSTERIORMENTE O ALUMNADO DO 3º CICLO FARÁ UN COMUNICADO RELACIONADO CON ESTA DATA. UNÍDEVOS A NÓS E ANIMÁDEVOS A PARTICIPAR!!!

LEVAREMOS "PANCARTAS" E TAMÉN FAREMOS MOITO REBUMBIO!!!!

 

Distribuir contido