Skip to Content

                              

DINAMIZACIÓN DA LINGUA

FESTEXANDO O DÍA DAS LETRAS GALEGAS CON CÉ ORQUESTRA PANTASMA

Como sabedes, a homenaxeada deste ano 2024 como autora do día das LETRAS GALEGAS é Luísa Villalta: unha muller nada na cidade da Coruña. 

Reivindicativa e loitadora en contra das desigualdades ( especialmente as relacionadas coa  muller)  Polifacética, música violinista, mestra de ED. Secundaria e escritora: tanto de artigos de prensa coma de poesía e outros rexistros...

 

Pensamos que o mellor xeito de festexar a esta autora e esta data era mediante a música..

 

O pasado luns 20 de maio, Cé Orquestra Pantasma achegouse ao noso cole.

Fíxonos desfrutar, cantar e bailar dun xeito ameno e participativo.

Creando un máxico ambiente de sons...

Captando a atencion dende os pequechos aos maiores.

 

Que vivan as nosas letras e as nosas artes!!!!

 

 

Preparándonos para o SAMAÍN

Dende o equipo de Biblioteca e Dinamización da Lingua galega, lanzamos esta proposta ás aulas de ED. Primaria para que traballen en equipo, potencien a súa creatividade e compartan con nós o resultado final.

 

Acó vos deixamos a proposta: 

25N: MANIFESTACIÓN

Os equipos de Dinamización da Lingua Galega e Biblioteca ( coa colaboración inestimable do equipo de Actividades Complementarias e Extraescolares) decidiron convocar unha manifestación/camiñada ata o Concello de Boborás no 25N.

Aquí tedes o cartaz que se difundiu con motivo da mesma:

 

 

Cada unha das aulas preparou a cartelería, escribiu cartaces, consignas, frases, e mostrou a súa arte e creatividade para ir ben equipados e equipadas.

 

Nas aulas de 4º e 6º de ED. Primaria, ademais, coa axuda do profe Michel prepararon os materiais para deleitarnos cunha "batucada" que foi a banda sonora da nosa saída. Con materiais de refugallo e eles mesmos decoraron os seus instrumentos.

 

Queremos agradecer tamén ao Concello de Boborás por cedernos as súas instalacións para que o alumnado do terceiro ciclo saíse ao " balcón" a compartir os seus pensamentos e consignas.

Agradecer tamén ás familias que se achegaron e nos acompañaron na nosa andaina. 

E con todo, que o tempo acompañou acó vos quedan unhas poucas imaxes do evento:

 

 

Por outra banda, o profe Óscar, ademais de facer a reportaxe gráfica do evento, tamén recompilou os cartaces elaborados polo alumnado para que se puidesen apreciar con maior claridade.

 

 

Queremos agradecer á toda a Comunidade Educativa, e a todas as persoas que se uniron, ou colaboraron con nós nesta data. GRAZAS 

Distribuir contido


by Dr. Radut