Blog de biblioteca
Para o día de hoxe temos preparada unha actividade de centro que se desenvolverá nas últimas sesións da mañá ( previo traballo a nivel titorial de cada unha das aulas)
Aquí vos quedan algúns recursos que podedes traballar no día de hoxe:
Unidade didáctica: Fíos de Violeta (subido na páxina da xunta, en igualdade). Preme na imaxe para acceder a unidade.
|
|||
O 20 de novembro de 1989 conseguiuse a aprobación da Convención dos dereitos do neno na ONU. É por iso que todos os 20 de novembro se conmemora esta aprobación. Dende o equipo de biblioteca e en colaboración co equipo de Convivencia propuxemos o visionado, dependendo das idades, de curtas ou pequenos documentais para concienciar.
Estas 2 cancións tan divertidas para os pequenos:
Máis cousiñas:
Ou este outro elaborado por UNICEF para os maiores:
Tamén vos queda aquí o enlace a unhas actividades relacionadas coa temática que elaborou UNICEF , premede AQUÍ.
Un PDF de Pocoyo y los derechos de la infancia e outro PDF dos dereitos do neno en galego. |
|||
Chega novembro, o MES DA CIENCIA EN GALEGO ( premede para ir aos contidos que nos recomendan dende a Asesoría de Bibliotecas Escolares)
Dende o equipo de biblioteca e para conmemorar esta data propuxemos que cada unha das titorías fixese, ao longo do mes un "experimento" ou actividade relacionada co STEAM ( escornabots, programación en bloques, etc..) e o graven , explicando o proceso e o porqué para despois poder compartilo co resto das aulas.
Tamén temos a disposición do alumnado e do profesorado libros relacionados coa temática no noso ESPAZO MAKER no primeiro andar, e na entrada da nosa Biblioteca escolar.
|
|||
E chegou o segundo "contacontos" por parte das familias!!!!!!
Desta volta foi Vanessa, a mamá de Adrián a que compartiu con nós o conto de Pablo Nogueira " A banda de Raimunda" ( se premedes no título levaravos á ficha técnica do mesmo)
Aquí vos queda, agardamos que vos guste tanto coma a nós. E moitísimas grazas a Vanessa polo seu tempo e creatividade.
|
|||
Nesta semana terrorífica fixéronse diversas actividades relacionadas co SAMAÍN -HALLOWEEN.
Dende os equipos de Normalización e extraescolares propuxéronnos dúas actividades de SAMAÍN
Dende biblioteca propuxemos unha serie de lecturas temáticas para o noso alumnado ( tanto para o préstamo individual, coma para a hora de ler... en ED. Infantil por exemplo esta semana os contos da hora de ler , foron todos monstruosos...)
Ademais, Claire, a nosa "auxiliar de conversa" tamén lles contou os máis pequenos un conto de Halloween en inglés... E estiveron moi atentos e atentas!!!!
|
|||
A terceira actividade que se propuxo para conmemorar o DÍA DAS BIBLIOTECAS (e tendo en conta que o lema deste ano é A BIBLIOTECA TEN A PALABRA) foi para o alumnado de 6º de ED. Primaria, que xunto coa súa titora colleron a nosa proposta e transformárona en 3 "clips" de radio no que nos contan o que lles gusta da nosa B.E, curiosidades sobre as bibliotecas e mesmo nos explican os distintos libros que podemos atopar.
Fixeron 3 equipos de traballo, organizáronse, guionizaron, e este foi o magnífico resultado.
Moitas grazas á clase de 6º e á súa titora!!!
|
|||
Mañá comezan a súa andaina as nosas "mochilas viaxeiras" , que conteñen libros ( de lectura, de receitas, de consulta...) contos, CDs ou DVDs adaptados a cada unha das aulas ( seleccionados polos seus titores e titoras) .
BOA VIAXE, E BOA LECTURA EN FAMILIA!!!
|
|||
Para conmemorar o día das Bibliotecas, a segunda das actividades propostas para esta data foi a elaboración dun marcapáxinas para intercambiar co alumnado doutra aula. Así: O alumnado da aula de 3/4 anos de ED. Infantil, fixo un intercambio coa clase de 5º de ED. Primaria. O alumnado da aula de 5 anos de ED. Infantil , fixo un intercambio coa aula de 3º de ED. Primaria. O alumnado de 1º de ED. Primaria fixo un intercambio co alumnado de 6º de ED. Primaria. O alumnado de 2º de ED. Primaria , fixo un intercambio co alumnado de 4º de ED. Primaria. Despois de poñer en marcha a súa creatividade durante a semana, o venres cada aula fixo o seu intercambio (aleatorio e anónimo). Aquí quedan unhas poucas fotos do momento!!
E AGORA A DESFRUTAR DA LECTURA!!!! |
|||
Hoxe é o día das Bibliotecas. Dende a Asesoría de Bibliotecas, este ano propóñennos o lema " A biblioteca ten a palabra" Dende o equipo de Biblioteca pensamos en 3 actividades para conmemorar esta data. Esta é a primeira: cada unha das aulas e dende o traballo colaborativo, elaborou unha nube de palabras. As palabras que lles inspira a nosa B.E. Esas nubes, que están sobre un arco da vella, decorarán a porta da nosa biblioteca durante este curso. Aqui quedan unhas poucas fotos dos resultados, e da variedade de palabras que a nosa biblioteca lle inspira ao noso alumnado!!!...
A segunda das actividades propostas, para conmemorar esta data foi un INTERCAMBIO DE MARCAPÁXINAS. A terceira actividade proposta , foi para o alumando de 6º de ED. Primaria, para que compartisen con nós uns clips de RADIO sobre as súas sensacións sobre a B.E E aquí tedes os magníficos resultados: RADIO XUVE: A BIBLIOTECA TEN A PALABRA.
BO DÍA DAS BIBLIOTECAS E BOA LECTURA!!!!!! |
|||
Este curso repetimos a proposta dos Contacontos por parte das Familias para ED. Infantil. De xeito telemático ( prescindimos por segundo ano do modo presencial)
E hoxe chegounos a primeira aportación, moi acorde coas próximas datas do Samaín, e tamén próxima á data de inicio da Bibiloteca Escolar: O día das Bibliotecas escolares.
Queremos agradecer a Xermán e á súa nai Beatriz , que compartan con nós esta magnífica representación do conto "Os fantasmas non petan na porta" de Algar Editorial, escrito por Eulalia Canal e Rocío Bonilla. (Se premedes no título levaravos a ficha técnica do conto)
Moitísimas grazas familia!!!!!
|
|||
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 11
- 12
- 13
- 14
- 15
- 16
- 17
- 18
- 19
- …
- seguinte ›
- última »