Blog de biblioteca
Desta volta gustaríanos saber que ledes no verán, cales son os vosos libros de cabeceira, que estades lendo, se vos gusta ou non, porqué...
Para iso creamos un "padlet" no que podedes escribir, libremente, unha pequena mensaxe, para compartir as lecturas que facedes. Padlet é unha ferramenta sinxela, so tedes que escribir enriba de "di algo" e cando rematedes darlle a publicar, e aparecerá coma un pequeno cadro de texto. Non fai falla estar rexistrado para poder comentar, se non estades rexistrados nin en "google" nin en "padlet", apareceredes como "anónimo". Deixade o voso nome ó final, se queredes, para saber quen sodes
Animádevos a participar! Grazas!!! E bo verán.
|
|||
Premede na imaxe para ver o PDF , con máis información sobre os libros.
Case todos están relacionados co noso PDI dos XOGOS OLÍMPICOS.
Bo verán e boa lectura!!!
|
|||
Aquí volvemos ter de novo a Sabela Gago co conto "Dez piratas" de Santillana. |
|||
Queridas familias, o equipo de profesorado do centro quere comunicarvos os seguintes aspectos:
AO ALUMNADO DE 5 ANOS XA VOS ESPECIFICARÁ A VOSA TITORA O DÍA QUE PODEDES VIR A RECOLLER O VOSO MATERIAL
|
|||
Vídeo realizado cos debuxos do alumnado do CEIP NOSA SEÑORA DE XUVENCOS, coa canción "Teu nome por mar e terra" cantada por Guadi Galego e Xavier Díaz. O equipo de Dinamización Lingüística do centro agradece a todas as familias a súa colaboración para poder realizar este vídeo en torno a Carvalho Calero. |
|||
SABELA GAGO mandounos outro conto para celebrar as Letras Galegas e ademais unha actividade didáctica para realizar. MOITAS GRAZAS SABELA por contar connosco. |
|||
SABELA GAGO mandounos este conto de Xoan Babarro para compartir con toda a comunidade educativa do CEIP NOSA SEÑORA DE XUVENCOS. Esperamos que vos guste. Proposta de actividade plástica para facer despois do conto.
|
|||
Para celebrar este ano o día do libro, 23 de abril, dende a distancia, lanzamos unha proposta:
CAL É O VOSO LIBRO FAVORITO?
A participación voluntaria, para toda a comunidade educativa. Moitas grazas a todas as familias que se implicaron e participaron, e tamén ó profesorado que compartiu con nós a súa escolla.
Aquí tedes o resultado: Un pequeno vídeo con todas as aportacións:
E se o queredes ver, tranquila e pausadamente creamos un documento en ISSUU ,
para que o vexades en formato "libro" con máis calma.
Premede na imaxe para ir á publicación.
MOITAS GRAZAS POR PARTICIPAR E BOA LECTURA!!!!
|
|||
HOXE, 23 DE ABRIL É O DÍA DO LIBRO. SABELA GAGO MANDOUNOS UN CONTO PARA TODA A COMUNIDADE EDUCATIVA DO CEIP NOSA SEÑORA DE XUVENCOS. PINCHA NA IMAXE PARA PODER ESCOITALO. MOITAS GRAZAS SABELA. |
|||
Despois da primeira aproximación á radio no centro, elaboramos a seguinte infografía para que todo o mundo a utilice de forma correcta. Agardamos que sexa de utilidade. |
|||
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 15
- 16
- 17
- 18
- 19
- 20
- 21
- 22
- 23
- …
- seguinte ›
- última »